viernes, 31 de agosto de 2012


ESQUERDA UNIDA DENUNCIA O MAL ESTADO DE CONSERVACION DA PONTE DA RIA DO BURGO

O mal estado no que se atopa o singular embarcadeiro situado nas inmediacións da Ponte vella da ría do Burgo e o seu entorno pertenecente a parroquia do Temple, é o motivo de que o Grupo Municipal de Esquerda Unida de Cambre denuncie ante o Goberno municipal a situación de abandono na que se atopa, acumulando abundantes residuos, maleza e outros obxectos nas súas beiras, dando unha imaxen deplorable do entorno.

Este feito, tal e como afirma o Coordinador do Consello Local, Juan Antonio Fernández, desmerece o propio lugar e o seu conxunto como  zona de espallamento e recreo público.

Esta falta de coidado leva a que Esquerda Unida prantexe no vindeiro Pleno a necesidade de que por parte do Concello ou das Administración con competencias no asunto, se proceda á limpieza   e acondicionamento de dita zona,  co fin de sanear e manter nas mellores condicións  o emblemático lugar.

Consello local de EU Cambre

No hay comentarios: