AGRADECEMENTO DO CONSELLO LOCAL DE ESQUERDA UNIDA DE CAMBRE
O Consello local de Esquerda Unida, quere manifestar a súa inmensa gratitude ao pobo de Cambre polo apoio masivo e a confianza depositada na candidatura da “ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA”, as eleccións o Parlamento de Galicia, acadando un grupo político de nove Diputad@s.
A confianza manifestada na nosa candidatura (AGE), por un importante sector do pobo de Cambre, onde fomos a segunda forza política no conxunto do concello, reforza o propósito, que xa manifestamos reiteradamente na campaña electoral, de traballar pola mellora da calidade de vida dos cidadáns de Galicia, especialmente por aqueles menos favorecidos, facendo fincapé, sobre todo, nos aspectos de creación de emprego, educación, saúde, medio ambiente; en definitiva, en procura do ben común.
Para nós foi un reto polo que pelexamos e que agora nos enche de orgullo e de responsabilidade. Trátase de gobernar para tod@s e que todos gobernen connosco, dándolle a palabra á xente do pobo e asegurando a súa participación en decisións importantes. Agora o máis substancial é a loita polos máis necesitados, polos que menos teñen, pola creación de todo o emprego que sexa posible e pola mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas.
En resumen: o papel de EU en esta nova etapa debe ser o de contribuir a xenerar un movimento social amplio e importante de cara o futuro, e xogar o papel que nos recomenda a cidadanía, con humildade e xenerosidade.
ÁNIMO É ADIANTE!
Asdo: Consello Local de EU de Cambre
No hay comentarios:
Publicar un comentario