domingo, 28 de octubre de 2012




COMUNICADO DE PRENSA

ESQUERDA UNIDA REUNE Á SÚA EXECUTIVA NACIONAL

A EXECUTIVA NACIONAL DE ESQUERDA UNIDA CONSIDERA QUE OS RESULTADOS ELECTORAIS AMOSAN QUE O POBO QUERE UN CAMBIO POLA ESQUERDA

YOLANDA DÍAZ “O POBO QUERE MUDAR O XEITO DE FACER POLÍTICA, AGE SERÁ A VOZ DO CAMBIO NO PARLAMENTO GALEGO”

 Ante a situación actual na que a sociedade galega se atopa, a pesares dunha maioría do Partido Popular, e uns recortes continuos nos dereitos dos cidadáns, as urnas decidiron que é posible e necesaria outra maneira de facer política.

Esquerda Unida reúne á súa executiva nacional. Unha valoración do resultado electoral e unha análise da nova situación política desta organización, centraron o debate da executiva nacional. Os nove escanos obtidos nestas eleccións autonómicas, reflicten o desexo e esperanza que a cidadanía galega depositou nesta coalición electoral. A valoración deste órgano de dirección de Esquerda Unida é moi positiva, o pobo decidiu que agora é o momento de facer unha política diferente na que o cambio só pode vir pola esquerda. A cidadanía deixou claro nas urnas que a loita contra os poderosos e contra as políticas da troika son necesarias para recuperar a nosa dignidade e dereitos que nos están a arrebatar.

A executiva nacional de Esquerda Unida considera que os resultados electorais amosan que o pobo quere un cambio pola esquerda. A vindeira semana se reunirá o Consello Político Nacional de Esquerda Unida dende o que se analizará e artellará o traballo político desta coalición.  Pendentes de reunirse coa organización que lidera X.M.Beiras para definir e perfilar unha estratexia de traballo conxunta, contundente e cohesionada, Esquerda Unida continua coa política de suma de todas aquelas persoas e colectivos que se sintan representados por esta organización que levará ao parlamento galego outra maneira de facer política.

En verbas da coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada, Yolanda Díaz, “o pobo quere mudar o xeito de facer política, AGE será a voz de cambio no Parlamento galego”. A executiva nacional de Esquerda Unida, consciente da enorme responsabilidade que a cidadanía vén de depositar en Alternativa Galega de Esquerda (EU-Anova) xa está a traballar de cara as vindeiras mobilizacións en defensa dos nosos dereitos. Un posicionamento contundente na rúa o vindeiro 14 de novembro, será a primeira cita na que deputadas e deputados de AGE serán o exemplo de que dende a rúa e dende as urnas a política pode mudar.

Por todo isto, o noso proxecto transformador, refrendado por máis de 200.000 persoas vai a ser firme, será unha loita sen tregua, sen concesións e pola esquerda.

Gabinete de prensa
Esquerda Unida

No hay comentarios: