domingo, 30 de diciembre de 2012


INICIATIVAS PRESENTADAS NAS COMISIÓNS INFORMATIVAS E PLENO MUNICIPAL DO MES DE DECEMBRO.


MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE DE ESQUERDA UNIDA, SOBRE A CREACIÓN “DUNHA AULA DA NATUREZA E CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO RIO MERO”, NO EDIFICIO MODERNISTA DA ARRIGADA



EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

No mes de novembro de 2011 o Grupo Municipal de EU presentou ante a Xunta de Voceiros desta Corporación unha proposta consistente na creación dunha Aula da Natureza e Centro de Interpretación do Río Mero.

Dita proposta viña dada pola necesidade que o noso Grupo Municipal considera que existe no noso Concello derivada da transformación de Cambre nun territorio en acelerado proceso de urbanización así como os cambios que veñen impostos o modelo de vida actual. Estes cambios inciden directamente no Medio Ambiente, algo que podemos observar visto o grao de deterioro que, nos últimos tempos sofre a natureza do noso Concello.

Como xa facíamos constar na proposta á que vimos facendo mención, o Grupo Municipal de EU de Cambre, a defensa do Medio Ambiente é moito mais que unha romántica posición de conservación da natureza; é unha aposta polo futuro.

Unha aula da Natureza, concibese como unha oferta educativa para que os Colexios, Institutos, colectivos ou asociacións, poidan realizar programas de Educación Ambiental, Recreativo e Cultural co fin de dar a coñecer entre outras cousas, a flora e a fauna do noso concello, e así recuperar, conservar, protexer, poñer en valor e difundir os bens integrantes do noso patrimonio.

EU ten entre os seus valores, o despertar a conciencia crítica a través de dinámicas de sensibilización e concienciación da Natureza, e consideramos que temos neste momento unha importante ocasión para que o noso pobo poida contar cunha Aula da Natureza e Centro de Interpretación do río Mero con obxectivos de desenvolvemento orientados a sensibilización, conservación e coñecemento dos antecedentes históricos do Medio Ambiente Natural de Cambre.

A dia de hoxe Cambre conta no seu patrimonio cun edificio singular de 1912 no lugar da Arrigada, catalogado nas súas Normas Subsidiarias como edificio de especial protección, que ben podería cumprir as funcións e ofrecer programas educativos aos nosos escolares, e tamén como elemento atractivo para os cambres@s e persoas que nos visitan.

Este edificio situado o noso xuizo, nun enclave axeitado próximo a zona emblematica das Insuas, conta nas súas inmediacións con montes, bosques, humedais e o emblemático rio Mero (un dos símbolos mais importantes do noso concello)

O desenrolo e posta en valor do río Mero e os seus humedais, é unha aposta que o conxunto da Corporación debe contemplar, como foco de atracción turística, que ben pode ser un referente a nivel comarcal para dar a coñecer ese gran recurso que baña unha boa parte do concello de Cambre, tendo en conta as grandes posibilidades en canto o turismo activo, natureza e patrimonio.

POLO EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

PRIMEIRO: Encomendar o Goberno municipal que leve a cabo a elaboración dun proxecto de rehabilitación da Casa da Arrigada, así como a recuperación da zona axardiñada das súas inmediacións.

SEGUNDO: Creación dunha “Aula da Natureza e Centro de Interpretación do Río Mero” na Casa da Arrigada que permita difundir valores ambientais, mediante a integración e implicación da poboación.

TERCEIRO: Unha vez elaborado o proxecto e en base ó mesmo, o Goberno municipal solicitará dos organismos públicos correspondentes, subvencións encamiñadas a realización deste.

CAMBRE, a 22 de decembro de 2012

Asdo: Grupo Municipal



ROGOS:

1.- As obras de remodelación do Campo da Feira de Cambre semellan estar rematadas, previsiblemente en breve a actividade comercial voltará o seu espacio tradicional.

-PREGAMOS nos informen, como van a quedar estructuralmente organizados os espacios para a distribución dos postos de venta.

2.- Resulta estraño que o Concello teña que realizar obras que aínda que

necesarias, non son da súa competencia. Algunha destas obras deberían executarse pola Xunta de Galicia , pero a realidade é que en algún caso son afrontadas con diñeiro do concello de Cambre.

Esto supón que outras actuacións necesarias e requeridas polos veciñ@s dende fai anos, e sendo de exclusiva competencia municipal, seguen sen realizarse por falta de recursos.

-Por esto PREGAMOS o Goberno, solicite dos organísmos con competencia neste problema, procedan a realizar os traballos de mantemento preventivo correspondente, para garantir nas mellores condicións a senda peonil do río Mero.

3.- A glorieta do centro de Cambre é un dos lugares de maior tráfico rodado do concello, ocasionando diversos problemas para a circulación.

-PREGAMOS nos informen sobre a elaboración dun estudo técnico solicitado polo noso Grupo no pleno do mes de abril, co fin de correxir as carencias existentes na mencionada rotonda.

PREGUNTAS:

1.- As Xuntas Locais de Seguridade son órganos colexiados para facilitar a cooperación e coordinación no ámbito territorial do municipio, entre as distintas administracións públicas en materia de seguridade, asegurando de forma específica a cooperación e coordinación operativa das forzas e corpos de seguridade que interveñen no termo municipal.

Tendo en conta o contemplado no Real Decreto 1087/2010, polo que se aproba o Regulamento das Xuntas Locais de Seguridade.

-Pensa o Goberno constituir os Consellos Sectoriais de Seguridade co fin de incorporar ós Grupos da oposición nos mesmos e poder formar parte do dito órgano?

2.- Xa hai mais de un ano, o Grupo Municipal de Esquerda Unida trasladou ó Concelleiro responsable de Obras, a deficiente situación na que se atopa a organización do sentido da circulación así como o pintado dos aparcamentos da rúa Estanque de Abaixo, no Temple. O sentido do tráfico nesta rúa é tanto de subida como de baixada, o que provoca que si se cruzan dous coches un deles teña que deterse para que o outro circuñle, sin que exista sinalización sobre preferencia de tráfico. O Concelleiro de Obras, respostounos hai xa 15 meses que daría traslado ós técnicos que se ían a poñer a fondo co tema.

¿Qué xestións se teñen realizado, e qué indican os informes técnicos realizados para a reorganización do tráfico na rúa indicada?

3.- ¿Pode informarnos o Goberno sobre os problemas existentes coa recepción das obras nas rúas, Lucio Muñoz e Pablo Manzano, que provocaron a carencia de iluminación pública durante mais de dúas semans?

COMISIÓN INFORMATIVA DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO, MEDIO AMBIENTE, OBRAS E SERVIZOS

ROGOS:

1.- As fontes do noso concello foron tradicionalmente puntos de gran importancia para o desenvolvemento das actividades diarias dos cidadáns. Existen en Cambre aproximadamente 200 elementos deste tipo distribuídos por distintos lugares, que de non remedialo e poñer en valor este patrimonio etnográfico e natural estamos abocados a perdelo para sempre.

-Por esto o Grupo Municipal de Esquerda Unida, PREGA o Goberno proceda a instalar unha tapa no manantial e acondicionar a fonte da Pena en Cela.

2.- PREGAMOS se repoña o cano da fonte da igrexa en Cela.

3.- A aparición de restos arqueolóxicos con motivo das obras da remodelación do Campo da Feira, que según o arqueólogo corresponden a “unha estructura hidráulica muy común” e a Xunta de Galicia “ordena garantir a súa conservación”. O Grupo Municipal de EU, realiza o seguinte ROGO:

-Se nos informe da valoración técnica da importancia e interés dos restos encontrados, así como o grado de protección a que se deben someter, co fin de preservar o valor histórico e cultural dos descubrimentos si así o aconsellan os estudos realizados.


COMISIÓN INFORMATIVA DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO, MEDIO AMBIENTE, OBRAS E SERVIZOS


PREGUNTAS:

1.-Que información ten o Goberno sobre a poda do arborado da estrada da Estación, para eliminar as molestias os veciñ@s, e por motivos fitosanitarios?

2.- Según o contemplado na Lei 7/1985, Reguladora das Bases do Réxime Local, o Concello de Cambre ten atribuido competencias en materia de patrimonio histórico-artístico e turismo, por conseguinte ten a obriga da súa conservación e coidado nas mellores condicións.

Con anterioridade a remodelación do campo da Feira, nun espacio do mesmo estaba exposta unha pía de cantería, esta peza rústica non foi reposta no lugar.

Considerando de interese a exhibición dos bens para o seu estudio e coñecemento de todos os veciños e interesados:

-O noso Grupo PREGUNTA: cales foron os motivos do seu traslado, e os criterios do mesmo.


CAMBRE, a 22 de decembro de 2012

Asdo: Grupo Municipal










No hay comentarios: