Seguridade
Vial na estrada AC-214
A petición do Grupo Municipal de EU de Cambre, o Grupo Parlamentario de AGE no Parlamento de
Galicia, presentou unha iniciativa sobre mellora na seguridade viaria na estrada AC-214 o seu
paso polas parroquias de Cambre e Pravio.
A situación da devandita estrada non é mais que unha
mostra da ausencia de planificación da Xunta de Galicia, o que provoca que
a seguridade para peóns e vehiculos se
atope nun estado de abandono por parte da Administración Autonómica.
No concello de Cambre hai un sentimento unánime entre
os grupos políticos da corporación e entre a veciñanza, acerca dos problemas de
seguridade vial que se rexistran na estrada AC-214, que xa teñen producido
accidentes de extrema gravedade.
A pesar das mobilizacións e reiteradas iniciativas presentadas polo noso Grupo no ámbito
municipal, co fin de resolver a situación de inseguridade, e instalar pasos de peóns e medidas preventivas que faciliten o cruce na
mencionada estrada, ainda non se teñen producido as actuacións para dar
solución os graves problema.
O noso Grupo entende que o feito de que na vía pública
a que se refire o problema concurran as competencias de dúas Administracións
Públicas (Xunta de Galicia e Concello de Cambre), non pode facer esquencer a
necesidade de proporcionar ós veciñ@s un servizo público correcto que elimine
os riscos permanentes, para evitar que se produzcan danos irreparables. Urxe
que a Administración Autonómica tome unha actitude protagonista e responsable,
de maneira que garanta a seguridade vial na estrada.
EU esixe unha vez mais, unha solución inmediata para
os problemas mencionados, dos que debe responsabilizarse a propia Xunta.
Asímesmo, demandamos do Goberno Municipal
unha actitude mais enérxica na
defensa dos intereses dos veciñ@s de Cambre.
Asdo: Grupo Municipal de “EU” de Cambre
No hay comentarios:
Publicar un comentario