jueves, 31 de enero de 2013


INICIATIVAS PRESENTADAS O PLENO MUNICIPAL E COMISIÓNS INFORMATIVAS DO MES DE XANEIRO


MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE “ESQUERDA UNIDA”, PARA A UBICACIÓN DA FEIRA DE CAMBRE NO SEU LUGAR TRADICIONAL.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

No ano 2007 o Concello de Cambre, presentou o Proxecto ARUME financiado con recursos dos fondos FEDER, dentro do cal incluíase unha partida de 450.801,20 euros, para a elaboración dun estudio e realización das obras necesarias para a Rexeneración Urbana do Campo da Feira de Cambre.

O Campo da Feira, é un espacio público de referencia no centro neurálxico da capital municipal, onde temos que destacar os aspectos socioculturais e históricos que o longo dos anos veñen desenrolandose no lugar, e que o conxunto da Corporación ten a obriga de respectar, poñer en valor e transmitirllo nas mellores condicións as vindeiras xeracións, recuperando o seu carácter funcional como un dos símbolos máis importantes do concello e dinamizador da económia local.

Neste lugar, (según consta descrito no Catastro do Marqués da Ensenada) vense realizando a actividade da Feira  dende o ano 1.752, e mais concretamente a partir do ano 1.853 se celebra os días 2 e  terceiro domingo de cada mes.

Para o Grupo Municipal de EU, desatouse unha polémica, o noso xuizo incompresible e carente de razoamentos obxectivos, pola ubicación da actividade da Feira no seu lugar de orixe, ignorando antecedentes históricos, económicos e culturais, que non obedecen o interés común e sentir da cidadanía de Cambre, que é o que debería predominar nunha actuación tan relevante como a que estamos a tratar.

O actual Goberno e o conxunto da Corporación, debemos ter  presente  que entre os obxectivos extratéxicos da intervención, o proxecto en cuestión, contempla consolidar o sentimento identitario da poboación cara a praza, referente histórico no municipio pola tradicional celebración da feira, conocida en toda a Comarca, a que concurre numerosa poboación; por consiguinte, un dos USOS  é a celebración de feiras (dúas mensuais) así como outros eventos.

En base ó anteriormente exposto,

O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PROPÓN AO PLENO DA CORPORACIÓN A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

PRIMEIRO.- Encomendar o Goberno Municipal inicie de inmediato as actuacións necesarias para proceder o traslado e  reubicación  das dúas feiras mensuais que se celebran en Cambre, ó seu lugar de orixe, é decir, ó Campo da Feira.

SEGUNDO.- Tendo en conta a diferente configuración da Praza, trala súa remodelación, e aproveitando o maior espazo dispoñible, encomendar o Goberno a realización dun estudo que permita unha organización armónica dos postos segundo as necesidades e prioridades da propia actividade comercial, co obxecto de que a feira estea organizada e ordenada.

TERCEIRO.- Sopesar a posibilidade de dotar un espazo diferenciado para aqueles postos que xeneren residuos así como poñer a disposición deles elementos de destrucción dos mesmos, tales como contenedores ou bolsas de lixo para evitar o deterioro da praza, e conservala nas mellores condicións posibles.


                                CAMBRE, a 24 de xaneiro de 2013
              
                                Asdo: Grupo Municipal de EU


ROGOS:

1.- Ante a situación creada polo recente temporal e intensa choiva, que provocaron inundacións e desbordamento do rio Mero, sobre todo no lugar da Ponte en Cela,  causando danos e perigro para  persoas e os seús bens materiais.

-Por esto o Grupo de EU, PREGA  o Goberno proceda a tomar as medidas necesarias para realizar unha avaliación sobre as zonas afectadas e determinar  accións preventivas para as zonas inundables co fin de evitar  futuros danos.

2.- Coa finalización das obras de Remodelación do Campo da Feira, existen  o noso xuizo varias deficiencias correxibles,  unha destas é a carencia de bancos para poder sentarse.

PREGAMOS o Goberno  realice un   estudo técnico e se proceda a instalación deste tipo de mobiliario urbano, tentando non alterar  o entorno nin as  actividades habituais do propio campo.

3.- En varios lugares do Concello, existen contenedores ubicados cerca dos pasos de peóns que impiden  unha visión clara da calzada, tanto a conductores como as  persoas que cruzan a rúas ou estradas, supoñendo un perigro e risco de accidentes que se agrava no caso de personas maiores con dificultade de movilidade, sobre todo as que circulan en cadeiras de rodas;  acentuandose o perigro de atropello nas esquinas e intercesións.

Esta denuncia xa ten sido tratado con anterioridade, sin que se teña realizado un estudo e se tomaran as medidas   para correxir a situación de risco permanente sobre todo nas zonas mais urbanizadas e de maior circulación.

-Por esto o nso Grupo PREGA, que con urxencia se proceda a tomar as medidas correctoras para dar solución o grave problema.


 PREGUNTAS:

1.- Pode informarnos o Goberno do motivo ou motivos, que impiden levar a cabo o proxecto de acondicionamento da ponte de O Burgo e da Glorieta do Paraguas?

2.-¿Ten previsto o Goberno algún proxecto de actuación, co fin de correxir o problema pola carencia de alumeado público no acceso a  rúa Freixo na parroquia de Cela?

3.- Transcurridos dous meses do lamentable accidente dun neno na praza Manuel Lugrís,   na actualidade non se teñen tomado medidas para correxir a situación de perigro pola deficiente protección da baranda situada en dita praza.

-Que determinación pensa tomar o Goberno respecto a seguridade en dita praza?


 COMISIÓN INFORMATIVA DE RÉXIME INTERIOR, ECONOMÍA E FACENDA.

PREGUNTAS:

1.- Según informacións dos medios de comunicación, o Consorcio das Mariñas anunciou que está traballando na promoción do cooperativismo e na economía social, co fin de xenerar emprego, para este fin abriuse unha oficina para asesoramento dos veciñ@s que conforman o Consorcio.
-Pode informarnos o Goberno sobre a iniciativa presentada?

2.- ¿Pode informanos o concelleiro responsable dos incidentes acontecidos na tramitación do obradoiro de emprego, según as informacións transmitidas a unha representante sindical do persoal laboral do concello?


COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS  E URBANÍSMO

PREGUNTAS:


1.- O pasado 10 de decembro, o noso Grupo presentou un escrito no rexistro municipal,  solicitando información sobre o deficiente funcionamento do alumeado público na rúa Pintor Pablo Manzano. Con data 22 de xaneiro recibimos notificación da concellería de Obras e Servizos, comunicando que a responsabilidade e da empresa promotora o non estar a obra urbanizadora recepcionada polo Concello; asi mesmo informan que se ten comunicado o promotor a existencia do problema para que proceda a solucionalo o antes posible,”estando a dia de hoxe prácticamente solucionado”

-Poden informarnos da actual situación?
                           
                                  CAMBRE  a  25  de xaneiro de 2013

                                    Asdo: GrupoMunicipal de EU

No hay comentarios: