miércoles, 6 de febrero de 2013


BOP
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
www.dicoruna.es D.L.: C-1-1958

MARTES, 5 DE FEBRERO DE 2013 | BOP NÚMERO 25
Página 1 / 3 Número de anuncio 2013/1377

Administración Local Municipal Cambre

Bases e convocatoria de concurso para a selección en réxime laboral temporal dun técnico deportivo Resolución do Concelleiro delegado da área de Réxime Interior, Patrimonio e Contratación de data 31 de xaneiro de 2013, que aproba as Bases e Convocatoria de concurso para a selección en réxime laboral temporal de un técnico deportivo

B A S E S CONVOCATORIA DE CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE UN TÉCNICO DEPORTIVO.

Primeira: obxecto da Convocatoria.

É obxecto desta convocatoria a contratación laboral temporal (de luns a domingos con horario preferente de tardes, respectando sempre os descansos legal ou convencionalmente vixentes) de un técnico deportivo, equivalente a un grupo “C1” de funcionarios, na modalidade contractual de Contrato por obra ou servizo determinado, con unha duración aproximada de un ano, consistindo o mesmo no desenvolvemento do Programa de escolas deportivas municipais para o 2013 e de acordo coas condicións establecidas na convocatoria de programas de apoio á cultura e o deporte da Deputación Provincial publicada no BOP nº 239 do 17 de decembro de 2012 e, segundo o disposto nas seguintes normas:

- Lei 7/2007 de 12 de abril, Estatuto Básico do Empregado Público.
-Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia.
-Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
-Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, texto refundido das disposicións legais en materia de réxime local.
-Real Decreto: 896/1991, de 7 de xuño, regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento
de seleccións de funcionarios da Administración Local.
-Real Decreto: 2720/1998, de 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto do Traballadores en
materia de contratación.
-Real Decreto: 364/1995, de 10 de marzo, regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral
do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do
Estado.
-Orde, de 6 de xuño de 2002, pola que se establecen as normas para a selección e nomeamento de persoal funcionario
interino.
Segunda: requisitos dos aspirantes.
Para ser admitido ás probas será necesario:
a) Ser español.
b) Ter cumpridos 18 anos de idade.
c) Estar en posesión do título técnico en actividades físicas e animación deportiva, tamén se admitirá o de licenciado
en educación física, ou Maxisterio (especialidade en educación física). O aspirante achegará só unha das titulacións das
requiridas.
d) Estar en posesión de permiso de conducir B1.
e) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o desempeño das correspondentes funcións.
f) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo ao Estado, Comunidades Autónomas ou Entidades
Locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.
g) Non estar incurso nos supostos de incompatibilidades previstas na lexislación vixente.

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA 
Martes, 5 de febrero de 2013 • Número 25
Página 2 / 3
Número de anuncio 2013/1377
Terceira: solicitudes.

As solicitudes, previo pagamento de 30 €. (trinta euros) por dereitos de concurso, presentaranse no Rexistro Xeral deste concello no prazo de dez días hábiles a partir do seguinte ó da publicación do anuncio desta convocatoria Boletín Oficial da Provincia.
Á solicitude achegarán os documentos que acrediten os méritos alegados.
Rematado o prazo de presentación de instancias ditarase resolución pola que se aprobará a lista provisional de presentados
que será publicada no taboleiro de anuncios deste Concello, concedendo o prazo de dous días para reclamacións. Se
non hai reclamacións, a anterior será considerada definitiva.
Cuarta: valoración do Concurso.
Valoraranse os seguintes méritos:
a) Outras titulacións de carácter deportivo relacionadas co traballo a desempeñar polo animador deportivo, distintas da achegada como requisito para participar nesta convocatoria e emitidos por centros educativos e organismos homologados para o efecto:
-Ter licenza recoñecida como adestrador en deportes federados:
--Nivel 1 ou similar (categorías inferiores)…................0,25 puntos.
--Nivel 2 ou similar (categorías ata sénior rexional)…...0,75 puntos.
--Nivel 3 ou similar (categoría sénior nacional)……..….1,50 puntos.
A puntuación máxima por outras titulacións será de ...1,50 puntos.
b) Cursos, seminarios, xornadas relacionadas coa actividade, emitidos por centros educativos e organismos homologados
para o efecto:
-Por cursos realizados de ata 19 horas..............0,05 puntos.
-Por cursos realizados de 20 a 50 horas ...........0,10 puntos
-Por cursos realizados de 51 a 80 horas............0,20 puntos
-Por cursos realizados de 81 a 100 horas..........0,40 puntos.
-Por cursos realizados de 101 hora en adiante...0,50 puntos.
A puntuación máxima será de 2 puntos.
c) Coñecemento do galego:
-Certificado de Celga 1, 0,25 puntos.
- Certificado de Celga 2, 0,5 puntos
- Certificado de Celga 3, 1,75 puntos
-Certificado de Celga 4, 2 puntos
A puntuación máxima por coñecementos do galego será de 2 puntos.
d) Experiencia profesional:
Experiencia profesional como Técnico Deportivo ou similar en calquera Administración Pública: 0,2 puntos por mes ata un máximo de 2,5 puntos.
Experiencia profesional como Técnico Deportivo ou similar na empresa privada : 0,2 puntos por mes ata un máximo de 2,5 puntos.
A puntuación máxima por experiencia profesional será de 2,5 puntos.
Para efectos da valoración da experiencia profesional, unicamente se valorarán os meses nos que se xustifique un
mínimo de 40 hora mensuais, en calquera das distintas actividades, acompañando en todo caso, contratos, nóminas,
certificacións de empresa ou Administración Pública avaladas polo certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral
da Seguridade Social.
Os aspirantes achegarán conxuntamente coa instancia para tomar parte no proceso selectivo unha relación dos méritos que aleguen, acompañando os documentos xustificativos dos mesmos, orixinais ou fotocopias compulsadas (se as fotocopias non veñen compulsadas deben facerse no concello), xa que non se tomaran en conta nin serán valorados aqueles que
non queden debidamente acreditados, dentro do prazo de presentación de solicitudes.

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA
Martes, 5 de febrero de 2013 • Número 25
Página 3 / 3
Número de anuncio 2013/1377
Quinta: Tribunal cualificador.
Terá a seguinte composición:

-PRESIDENTE: Coordinador de actividades culturais e educativas
D. José Martínez Názara.
SUPLENTE: A bibliotecaria arquiveira, dona Ángeles Roca López
-SECRETARIO: Animador deportivo, don Miguel Gamallo Ponte.
SUPLENTE: A animadora deportiva Dona Pilar Andújar Larios
-VOCAIS: Un funcionario provincial: dona Mª Carmen Vidal Gómez de Travecedo.
O animador xuvenil Don Jesús Diaz Santiago.
A administrativa de urbanismo, Dona María Victoria Doval García.
SUPLENTES: A dinamizadora cultural: dona Pilar Paz Delgado.
A administrativa de servizos, dona Ana María Dans Martínez.
A administrativa de secretaría, dona Josefa Míguez Boquete.
Os vocais deberán ter titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso ás prazas.
Os membros do Tribunal están suxeitos ó disposto no artigo 28 da Lei 30/1992, de Réxime xurídico das administracións
públicas de do procedementos administrativo común, e ós dereitos por indemnización por asistencia, do artigo 33 do Real Decreto 236/1988.
Sexta: Lista de seleccionados e de reserva.
Ao rematar o proceso selectivo confeccionarase unha relación coa puntuación acadada, en orde descendente, sendo o contratado o de maior puntuación.
A lista coa totalidade dos presentados e puntuación acadada quedará para poderen ser utilizada, ó longo de un ano,
como reserva (sempre respectando a orde da lista), para cubrir situacións de renuncia voluntaria, procesos de incapacidade
temporal, maternidade ou calquera outra circunstancia, en prazas de animador deportivo deste Concello.
Cando un dos aspirantes incluídos na lista fose chamado para ocupar un posto, ó remata-lo período de contratación recuperará o seu lugar inicial na mesma, de xeito que pode ser chamado para unha nova contratación.
Sétima: presentación de documentos.
Os aspirantes seleccionados presentarán a documentación acreditativa dos requisitos esixidos na base segunda no
prazo de tres día a contar desde a publicación da lista de seleccionados.
Se dentro do prazo sinalado, e salvo casos de forza maior, non presenten a súa documentación ou non acaden os requisitos esixidos, non poderán ser contratados, quedando anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que puideran incorrer por falsidade na súa solicitude para participar no proceso selectivo.
Cumpridos os anteriores requisitos, o Presidente da Corporación procederá á formalizar o contrato.
Oitava: incidencias.
O Tribunal cualificador queda facultado para resolve-las dúbidas que se presenten e toma-los acordos necesarios para a boa orde do Concurso en todo o non previsto nestas Bases.
Novena: os interesados poderán impugna-la presente convocatoria e as súas bases, así como tódolos actos administrativos que se derivan da mesma, nos casos e na forma establecida na Lei de procedemento administrativo.
Cambre, 31 de xaneiro de 2013
O Concelleiro delegado da área de Réxime Interior, Patrimonio e Contratación
Felipe Andreu Barallobre
2013/1377

No hay comentarios: