INICIATIVAS PLENO E COMISIÓNS MES DE FEBREIRO
MOCIÓN CONTRA OS RECORTES EN POLITICAS MUNICIPAIS DE IGUALDADE.
XUSTIFICACIÓN:
O Anteproxecto de reforma da Lei 7/1985 de Bases do Réxime Local, pretende a redución xeral das competencias municipais, centralizar nas diputaciones provinciales ou ás 7 Comunidades Autónomas uniprovinciales as competencias dos concellos pequenos, e nun paso posterior, reducir o número de concelleir@s porque supón:
1.- A redución do público, xa vemos o que supón o lema “mais mercado, menos Estado”: privatizar as ganancias, socializar as perdas.
2.- A centralización territorial, pese a que os concellos xestionan só o 13% do gasto público en España, moi inferior á media europea, e a que a Asemblea de municipios e rexións de Europa celebrada en Cádiz, en setembro de 2012 acordou que a Descentralización, Desenvolvemento e Democracia deben ser as liñas de traballo.
3.- A perda de democracia, que a Carta Europea de Autonomía Local define como achegamento das decisións á cidadanía e “o dereito e a capacidade efectiva das Entidades locais integradas por membros elixidos por sufragio libre, segredo, igual, directo e universal -sen prexuízo das canles locais de participación directa dos cidadáns- de ordenar e xestionar unha parte importante dos asuntos públicos, no marco da Lei, baixo a súa propia responsabilidade e en beneficio dos seus habitantes”.
4.- Discriminación do medio rural, xa que perde prácticamente a institución municipal.
Pero, ademais, a reforma ten unha incidencia negativa na igualdade entre mulleres e homes:
a) Suprime o artigo 28, que permitiu desde fai tres décadas á maioría dos concellos ter concellalías, actividades e plans de promoción da igualdade, en consonancia co mandato do artigo 9.2 da Constitución de promover activamente a igualdade (sobre a súa aplicación aos concellos, así o confirman sentencias do Tribunal Constitucional).
b) Limita aos concellos de máis de 20.000 habitantes a posibilidade de exercer “por delegación da Comunidade Autónoma” a promoción da igualdade da muller o que supón unha discriminación das mulleres do medio rural, unha redución de esforzos igualitarios e un alonxamento das decisións políticas respecto a cidadanía.
c) Ademais de restrinxir a autonomía local para responder ás demandas cidadás e de ignorar o mandato constitucional a todos os poderes públicos de promover a igualdade no ámbito das súas competencias, esta reforma contraben a Carta Europea para a Igualdade de mulleres e homes na vida local (Consello de Municipios e Rexións de Europa, 2006), que promove as políticas municipais de igualdade, con obxectivos relevantes e evaluables, e recursos humanos e materiais propios e adecuados.
d) Dificulta o cumprimento da Lei integral contra a violencia de xénero de 2004, cuxo artigo 19, para a asistencia social integral, esixe a concurrencia dos concellos.
e) Atenta contra a Democracia paritaria, xa que a elección de 68.462 concellerías constitúe o ámbito máis extenso de participación de mulleres directamente elixidas, a inmensa maioría non retribuidas, na toma de decisións.
O 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, é a data propicia, para que o concello de Cambre mostre verdadeiramente a súa vontade de enfrontarse e poñer freo aos recortes en políticas de igualdade e mostrar así a súa vontade decidida e comprometida, para que a igualdade das mulleres non sexa a cabeza de turco de todas as políticas de “austeridade” das Administracións.
POLO EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE “EU” DE CAMBRE PROPÓN AO PLENO O SEGUINTE:
-Mostrar o noso firme rexeitamento a calquera proposta de supresión das políticas municipais de igualdade.
-Mostrar o noso compromiso firme e decidido a aumentar os recursos materiais e humáns en políticas de igualdade.
-Elevar ao Goberno do Estado, a esixencia de non restrinxir os dereitos das mulleres e paralizar calquera reforma regresiva da lei de Bases do réxime Local.
MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE “EU” PARA O ACCESO PÚBLICO OS BENS E PATRIMONIO DOS MEMBROS DA CORPORACIÓN.
XUSTIFICACIÓN:
O apartado 3 da disposición adicional novena da Lei 8/2007, de 28 de maio, do solo, modificou o artígo 75.7 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, onde os concellos teñen a obligación de facer público a declaración de bens de tod@s os representantes electos que compoñen a Corporación Municipal, según a modificación da dita Lei.
Considera o Grupo de EU-IU, que o desempeño de calqueira cargo de representación política municipal aconsella a maior coherencia posible cos valores éticos do noso ordenamento xurídico.
O continuo goteo de irregularidades en distintas Administraciones Públicas e a acumulación de graves escándalos de corrupción danan a credibilidade das institucions, da política, dos políticos e do propio sistema democrático, provocando a desafección cidadán dando pé as afirmacións inxustas de que “todos son iguales”.
Para contribuir a manter esta confianza debemos dar a conocer de forma transparente, e en todo momento os bens e as actividades dos concelleir@s que teñan carácter lucrativo ou que afecten o ámbito de competencias da Corporación Municipal.
A falta de transparencia e os obstáculos que frenan a participación ciudadana, o menosprecio dos valores éticos e solidarios, contribuien tamén a aceptación de este fenómeno delictivo e propician unha cultura colectiva baseada no individualismo e no egoísmo, en detrimento dos intereses xerais.
Na anterior Lexislatura a iniciativa do noso Grupo modificouse o ROM, co fin de adaptalo a Lei do Solo, contemplado na propia Lei 8/2007, de 28 de maio. En particular, se regulará a presentación anual das liquidacións de impostos sobre a Renda, Patrimonio e, no seu caso, Sociedades, e a publicidade dos rexistros de Actividades e de Bens Patrimoniais dos membros da Corporación.
O obxectivo desta proposta e marcar unha linea de intervención e actuación política, defendendo a claridade absoluta para prestixiar a xestión pública, así, ésta iniciativa reforza a intención de “seguir velando pola transparencia na institución local” tal e como temos plantexado en diversas ocasións.
Corresponde por tanto o Concello de Cambre, en éste caso o Goberno, cumplir coa Lei é proceder a publicación nos términos contemplados no ROM.
POLO EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE “ESQUERDA UUNIDA” PROPÓN AO PLENO DA CORPORACIÓN A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:
ÚNICO.- Que o Goberno local proceda a dar as ordenes oportunas, para facer público mediante a web municipal, as delaracións de Bens Patrimoniais e Actividades dos membros da Corporación do concello de Cambre, según o contemplado nas leises vixentes e nos ártigos 30, 31, 32, 33 e 34 do Regulamento Orgánico Municipal do Concello.
En CAMBRE, a 23 de febreiro de 2013
ROGOS:
1.- O pasado Mercores trece de febreiro vistaron a Ria do Burgo unha delegación de comisarios europeos, a instancia dunha denuncia presentada pola Plataforma para a Recuperación da Ria do Burgo, a imaxe que levaron non puido ser mais desalentadora, recoñecendo o estado de abandono deste espazo por parte dos distintos Gobernos: central, autonómico e locais.
A esixencia vertida pola delegación europea relativa a que se precisa un saneamento e dragado urxente e inmediato da ría do Burgo, merece unha resposta dilixente e colaboradora das administracións públicas competentes. Basta xa de mentiras e de deixacións. Urxe unha fonda rectificación da política de xeito que sexa unha prioridade o cumprimento da Lei.
As opinións interesadas do director de Augas de Galicia negando a situación de degradación case absoluta da ría, non se corresponden coa realidade existente. O Grupo Municipal de EU chama a atención unha vez máis sobre os riscos para a saúde pública derivados da contaminación da ría, non sendo esto só é un problema ecolóxico ou mediambiental, tamén é un problema económico para as persoas que viven da súa riqueza marisqueira.
En atención a estes motivos, o noso Grupo formula o seguinte ROGO:
-Que o goberno de Cambre esixa publicamente o Goberno autonómico a
rectificación da política da Xunta de xeito que sexa unha prioridade o cumprimento da Lei que prescribe o saneamento das rías, é que adopte como goberno local as medidas necesarias dende Cambre para eliminar e minimizar os verquidos que a dia de hoxe seguen a producirse na degradada Ria.
2.- Veciñ@s de Meixigo que utilizan as instalacións do campo de chave, denunciaron ante o noso Grupo as deficiencias existentes en ditas infraestructuras, e as consecuencias motivadas pola choiva no interior do local social, que impide o desenrolo das súas actividades, co conseguinte perigro para as persoas e danos materiais.
-PREGAMOS o Goberno proceda a adoptar as medidas necesarias para correxir a situación, tanto no local, como nas súas inmediacións.
3.- O Consello de Contas constatóu que dos 50 millones do préstamo, do Banco Europeo de Inversións a Xunta de Galicia, para executar a vía Artabra sólo se executaron 17,5 en 2009 e o resto quedóu consignado como remanente de tesorería, cuando debería quedar como remanente afectado, pois o diñero restante, 33 millones, sólo podían ir para a vía ártabra.
-Polo exposto, o Grupo de Esquerda Unida PREGA a Alcaldía: se dirixa a Xunta de Galicia, co fin de que informen sobre a situación de parte deste prestamo para executar na vía Artabra.
PREGUNTAS:
1.- Con data do 30 de novembro o Grupo Municipal de EU solicitou a través do Rexistro Municipal ó acceso ó expediente do festival Brincadeira Rock in Cambre. Visto o secretismo que rodea dito expediente, do que levamos solicitando acceso dende o mes de febreiro de 2012, e non se nos facilita, por esto PREGUNTAMOS:
-¿Cando teñen previsto que poidamos acceder a dito expediente, tendo en conta que, a data límite para a contabilización de resultados finalizou o pasado 30 de Setembro pasado?
2.- Transcurridos moitos meses, o nos Grupo felicitabase pola exitosa e concurrida celebración do ultimo foro de Participación Cidadá na que EU de Cambre asistiu e participou. En dita xuntanza xurdiu o compromiso para a celebración doutro foro, co obxectivo da creación e posta en funcionamento dos distintos Consellos Sectoriais e o Consello Xeral de Participación Cidadá.
O festival Brincadeira, a remodelación do campo da Feira, a ubicación da feira de cambre, as festas patronais, os problemas de seguridade cidadá e viaria, os desfiuzamentos, o transporte adaptado, a retransmisións dos plenos municipais, o proceso de matriculación nas escolas publicas do noso concello, etc, etc; son problemas e actos que nalgún caso, incluso recoñecido polo propio grupo de Goberno puideron ser tratados e arranxados dentro dos distintos consellos sectoriais, por non falar de Orzamentos Participativos, participación en plenos ou a presentacion de Inicitivas populares.
Por todo esto, o noso GM pregunta:
-¿Para cando ten pensado o Goberno a organizacion e creación destes consellos sectoriais e a posta en marcha definitiva do Regulamento, para qué entre outras cousas os veciñ@s de Cambre poidan facer efectiva a democracia participativa, a fin de que formulen Rogos e Preguntas aos membros da Corporación o remata da sesións dos plenos ordinarios, de forma concreta e sobre temas de interese, según o contemplado no RPC, aprobado no ano 2011?
3.- A semán pasada observamos coma unha vez mais o Grupo de Goberno procedeu a difundir no conxunto do concello un mailing de xeito “indiscriminado” onde anunciaba e explicaba o XIII PLAN MUNICIPAL DE FORMACIÓN PARA O EMPREGO.
Dito plan loxicamente debería ter como beneficiarios principais os desempregados do noso concello, o noso grupo non entende como xente que traballa, ou mesmo xubilados e pensionistas tamén recibiron dita carta informativa.
Ante ista situción o noso GM pregunta:
¿Canto supuxo para as arcas minicipais dito envío, e porque non se valorou a posibilidade de envío selectivo ó colectivo de parados de Cambre?
CAMBRE, a 23 de febreiro de 2013
Asdo: Grupo municipal
COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANISMO
PREGUNTAS:
1- ¿Pode informarnos o Goberno sobre as medidas de control e seguridade establecidas, para a manipulación e acceso os cadros eléctricos do alumeado público do concello e do persoal autorizado?
2.- ¿Pode informarnos o Goberno que problemas impiden a poda do árborado da estrada da Estación, que según contestación do Alcalde a unha iniciativa do noso Grupo, estaba previsto para xaneiro ou febreiro?
COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANISMO
ROGOS:
1.- O camiño que transcurre de Fabás a Armental, encontrase parcialmente invadido por abundante maleza que constituie un perigro para o tendido de telefonía e para circulación, tanto de vehiculos como peonil. Ante esta situación de abandono e tendo en conta as peticións realizadas polo noso Grupo, e queixas dos veciñ@s.
PREGAMOS se proceda a tomar as medidas axeitadas, co fin de dar solución o problema.
2.- Un tramo de aproximadamente 50 metros, do camiño que transcurre entre a vía do ferrocarril e a ponte do Noceiro, atopase nun estado de derioro importante, resultando dificil a circulación.
-PREGAMOS, se adopten as medidas correspondentes para a súa reparación e acondicionamento.
3.- A fonte e lavadeiro de Amil, e unha das mais antiguas de Cambre, o deterioro da mesma e o do seu é considerable, dando unha lamentable imaxen dun ben público.
-PREGAMOS se proceda o seu acondicionamento.
COMISIÓN INFORMATIVA DE RÉXIME INTERIOR, ECONOMÍA E FACENDA.
PREGUNTAS:
1.- O pasado venres fixose entrega os Grupos da oposición dun resumen das partidas que conforman os orzamentos do presente ano, pendentes ainda do peche do exercicio anterior.
Por esto PREGUNTAMOS:
-¿Qué grado de porcentaxe de execucion dos orzamentos do pasado ano foi executado, en cada unha das concellerías que conforman o Grupo de Goberno?
En CAMBRE, a 23 de febreiro de 2013
Asdo: Grupo Municipal
No hay comentarios:
Publicar un comentario