Executiva Nacional
Gabinete de Prensa
A COORDINADORA NACIONAL DE ESQUERDA UNIDA YOLANDA DÍAZ, ESIXE A XUNTA QUE PELEXE EN MADRID A DEFENSA DOS TRABALLADORES DA FÁBRICA DE ARMAS E ESIXE A INMEDIATA IMPLICACIÓN DE FEIJOO
ESQUERDA UNIDA VISITA AOS TRABALLADORES DA FÁBRICA DE ARMAS, QUE SE
ATOPAN PECHADOS NA DEMANDA DUNHA SOLUCIÓN
A COVOCEIRA DO GRUPO PARLMENTAR DE AGE, YOLANDA DÍAZ, APOSTA POLA
DIVERSIFICACIÓN A USOS CIVÍS COMO O SECTOR DA AERONÁUTICA OU O EÓLICO
PARA ASEGURAR A VIABILIDADE DA FÁBRICA DE ÁRMAS
Hoxe a coordinadora nacional de Esquerda Unida e covoceira do grupo parlamentar de
AGE, Yolanda Díaz e o voceiro do grupo municipal de EU-V na Coruña, desenvolveron unha
rolda de prensa na porta da Fábrica de Aramas xunto cos traballadores.
Esquerda Unida visita aos traballadores da fábrica de armas, que se atopan
pechados na demanda dunha solución
. Durante a visita os dirixentes de EU amosaron
a súa solidariedade cos traballadores e pediron a General Dynamics un aprazamento do
peche xa o próximo sábado 16 finaliza o prazo de negociación co Comité intercentros.
Yolanda Díaz eixe a Xunta que pelexe en Madrid a defensa dos traballadores da
Fábrica de Armas e esixe a inmediata implicación de Feijoo
mentres lamenta que o
presidente da Xunta de Galicia fose a pasear a Madrid e que na reunión con Rajoy non
levase na axenda a grave situación da factoría coruñesa.
Díaz, denunciou a falta de vontade política do executivo de Feijoo que prioriza os intereses
das empresas privadas sobre os traballadores e recordou que esta é unha situación
herdada da privatización do goberno Aznar e esixiu a inmediata implicación do presidente
da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijoo.
A coordinadora nacional de EU, que acredita a viabilidade da empresa en base a
diversisificacion da produción, apostou porque o Estado recupere e empresas como Santa
Bárbara que pertencen a sectores estratéxicos.
Yolanda Díaz apostan pola diversificación a usos civís como o sector da
aeronáutica ou o eólico para asegurar a viabilidade da Fábrica de Ármas
. Xa que
dispón de instalacións, equipamentos e, o máis importante, persoal altamente cualificado
Pola súa banda, César Santiso acusou a Feijoo de escapismo político, diante do seu
silencio en relación con Santa Bárbara e subliñou a covardía do goberno central diante do
vil chantaxe da multinacional americana e sentenciou “o PP ponse de xeonllos diante do
poder do capital”.
Gabinete de prensa.
Executiva Nacional de Esquerda Unida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario