COMUNICADO DE PRENSA
(APOIO AOS TRABALLADOR@S DA FABRICA DE ARMAS)
A COORDINADORA NACIONAL DE EU E COVOCEIRA DO GRUPO PARLMENTAR DE AGE,YOLANDA DÍAZ, ESIXE Á XUNTA QUE SE IMPLIQUE PARA EVITAR O PECHE DA FABRICA DE ARMAS PORQUE NON PODE DEIXAR MORRER O TECIDO INDUSTRIAL.
ESQUERDA UNIDA VISITA AOS TRABALLADORES DA FÁBRICA DE ARMAS, QUE SE ATOPAN PECHADOS NA DEMANDA DUNHA SOLUCIÓN, O VOCEIRO DE EU-V, CÉSAR SANTISO, QUE ANUNCIOU A SÚA PARTICPACIÓN E A DE YOLANDA DÍAZ NA MANIFESTACIÓN DO VINDEIRO DOMINGO, CHAMOU A CIDADANÍA A PARTICIPARES NA DEFENSA DA FÁBRICA DE ARMAS E EN SOLIDARIEDADE COS TRABALLADORES E TRABALLADORAS”
Hoxe a coordinadora nacional de Esquerda Unida e covoceira do grupo parlamentar de AGE, Yolanda Díaz e o voceiro do grupo municipal de EU-V na Coruña, desenvolveron unha rolda de prensa na porta da Fábrica de Aramas xunto cos traballadores.
Esquerda Unida visita aos traballadores da fábrica de armas, que se atopan pechados na demanda dunha solución. Durante a visita os dirixentes de EU amosaron a súa solidariedade cos traballadores ao tempo que amosaron a súa absoluta seguirdade de que a Fábrica de Ármas non so é viable, senón que si se diversifica a súa rodución cara a sectores civís como o aeronáutico e principalmente ás enerxías renovables como a eólica pódese converterase nun polo de desenvolvemento económico da bisbarra e incluso da Galiza. Xa que dispón de instalacións, equipamentos e, o máis importante, persoal altamente cualificado.
A coordinadora nacional de EU e covoceira do grupo parlmentar de AGE, Yolanda Díaz, eixe á Xunta que se implique para evitar o peche da Fabrica de Armas porque non pode deixar morrer o tecido industrial.
Díaz, denunciou a falta de vontade política do executivo de Feijoo que prioriza os intereses das empresas privadas sobre os traballadores e recordou que esta é unha situación herdada da privatización do goberno Aznar e esixiu a inmediata implicación do
presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijoo.
O voceiro de EU-V, César Santiso, que anunciou a súa particpación e a de Yolanda Díaz na manifestación do vindeiro domingo, chamou a cidadanía a participares na defensa da fábrica de armas e en solidariedade cos traballadores e traballadoras”. A manifestación partirá da Praza da Palloza ás 12:00 h. do domingo,
7 de abril de 2013.
César Santiso, volveu a acusar a Feijoo de escapismo político, por manter o silencio en relación con Santa Bárbara e subliñou a covardía do goberno central diante do vil chantaxe da multinacional americana.
Esquerda Unida
No hay comentarios:
Publicar un comentario