jueves, 9 de mayo de 2013
ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA ORGANIZA UNHA CONFERENCIA CO TÍTULO “O CASO COUSO “CRIME DE GUERRA, CENSURA INFORMATIVA”
A CONFERENCIA A IMPARTIRÁ JAVIER COUSO, IRMÁN DE JOSÉ, FREELANCE NO ÁMBITO AUDIOVISUAL E MEMBRO DA ASOCIACIÓN IRMÁNS, AMIGOS E COMPAÑEIROS (HAC) DE COUSO E DESENVOLVERASE O VENRES 10 DE MAIO ÁS 20:00 H. NO SALÓN DE ACTOS DO INEF DA CORUÑA (BASTIAGUEIRO-OLEIROS)
XOSÉ MANUEL BEIRAS E YOLANDA DÍAZ, VOCEIROS DO GRUPO PARLAMENTARIO ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA QUE IMPULSOU UNHA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL NO PARLAMENTO GALEGO, INTERVIRÁN NO ACTO
O 8 de abril de 2003 o xornalista José Couso foi asasinado en Bagdak a mans do exército de Estados Unidos de America, durante o ataque realizado pola III División de Infantería Acoirazada contra todas as sedes onde se aloxaba a Prensa Independente.
O devandito ataque levouse acabo nas sedes Ao Jazeera, Abhu Dabi TV e Hotel Palestina e causo a morte dos xornalistas Tareq Ayoub, Taras Prysiuck e José Couso, ademais de feridas a unha veintena de xornalistas.
No décimo aniversario destes asasinatos, Alternativa Galega de Esquerda organiza unha conferencia co título “o caso Couso “Crime de guerra, censura informativa”, na que se fará un percorrido pola historia do xornalismo de guerra para entender a batalla que se desenvolve entre os informadores e aqueles que pretenden censurarlles en situacións de conflito. Ademais de poñer ao día da situación xudicial do caso Couso e das interferencias gobernamentais que destaparon os cables da Embaixada
de EEUU en Madrid trala filtración de Wikileaks.
A conferencia a impartirá Javier Couso, irmán de José, freelance no ámbito audiovisual e membro da asociación irmáns, amigos e compañeiros (HAC) de José couso e desenvolverase o venres 10 de maio ás 20:00 h. No salón de actos do INEF da Coruña (Bastiagueiro-Oleiros). HAC é unha iniciativa cidadá cuxa
actividade está centrada en impulsar a investigación que conduza a saber o que pasou aquela mañá negra, en que o exército que se proclama “adaíl” da liberdade de información, acabou en poucas horas con toda a liberdade de información que había en Bagdad.
Xunto á familia de José Couso, HAC impulsa a querela que motiva a
investigación xudicial que se está desenvolvendo na Audiencia Nacional e que malia as trabas impostas por Goberno e Fiscalía, conduciu ao procesamento e a posta en procura e captura internacional dos tres presuntos asasinos de xornalistas: Tenente Coronel Philip DuCamp, Capitán Phillip Wolford e o Sarxento Thomas Gibson, ademais da imputación do Coronel Perkins e o Xeneral Blount. Investigación que supón un fito na implementación do Dereito Internacional Humanitario ao ser apoiada por unanimidade e por dúas veces polo Tribunal Supremo español.
Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz, voceiros do grupo parlamentar Alternativa Galega de Esquerda que impulsou unha declaración institucional no Parlamentogalego, intervirán no acto.
(http://alternativagalega.com/xustiza-para-jose-couso)
Para máis información: http://josecouso.info Twitter: @HACJoseCouso
Facebook: Justicia para José Couso Teléfono de contacto (Javier Couso): 657573975
Consello Comarcal da Coruña
Esquerda Unida
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario