miércoles, 29 de mayo de 2013

VOTOS PARTICULARES DE "ESQUERDA UNIDA" SOBRE A ORDENANZA REGULADORA DO USO DOS LOCAIS MUNICIPAIS DE ENSAIO MUSICAL


AO PLENO PLENO DO CONCELLO


MARIA OLGA SANTOS LÓPEZ, concelleira do Grupo Municipal de Esquerda Unida de Cambre, membro da Comisión Informativa de EDUCACIÓN, DEPORTES, XUVENTUDE E BENESTAR SOCIAL, tendo en conta o contemplado no artigo 115 d) do ROM do Concello, presenta  VOTOS PARTICULARES  ó punto 6º da orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación, a celebrar o 30 de maio de 2013: “Aprobación inicial, se procede, da Ordenanza Reguladora do uso dos Locais Municipais de Ensaio Musical.”

1º VOTO PARTICULAR

Texto do voto particular:

No artigo 3.1.1.- Requisitos que deberá reunir o grupo musical, maniféstase como segundo dos requisitos “Contar como mínimo, cun 50% dos compoñentes empadroados no Concello de Cambre.”
        
Por medio do presente Voto Particular proponse a modificación da redacción do artigo recollido no parágrafo anterior, a fin de que quede redactada do seguinte xeito: “Contar, como mínimo, con un dos compoñentes empadroado no Concello de Cambre”.

Xustificación do Voto Particular:

O establecemento dunha porcentaxe do 50% de membros que necesariamente teñan que estar empadroados no Concello de Cambre pode chegar a derivar en supostos de discriminación de cara ós veciños que, querendo facer uso dun local municipal destinado á ensaios musicais, e cumplindo o requisito de estar empadroado, non poidan facer uso de dito local se non contan coa presenza de outra persoa empadroada no Concello.


2º VOTO PARTICULAR

Texto do voto particular:

No artigo 3.1.1.- Requisitos que deberá reunir o grupo musical, maniféstase como terceiro dos requisitos “Contar como mínimo, cun 50% dos compoñentes menores de 35 anos.”
        
Por medio do presente Voto Particular proponse a eliminación deste requisito da redacción do artigo recollido no parágrafo anterior.

        
3º VOTO PARTICULAR

Texto do voto particular:


No artigo 3.1.2.- Requisitos que deberá reunir o solista, maniféstase como terceiro dos requisitos “Ter menos de 35 anos de idade.”
        
Por medio do presente Voto Particular proponse a eliminación deste requisito da redacción do artigo recollido no parágrafo anterior.

Xustificación dos Votos Particulares 2º e  3º:


O establecemento dunha limitación por razón de idade dun servizo que presta o Concello ós seus veciñ@s, non pode ser recollido nunha ordenanza municipal. Entende o noso Grupo Municipal que si se quere favorecer o acceso ós locais de ensaio pódese face a través do sistema de baremación, pero a exclusión daqueles usuarios que superen os 35 anos, non deixa de ser unha discriminación por razón de idade, que os poderes públicos non podemos fomentar, mais ben, todo o contrario.


4º VOTO PARTICULAR

Texto do voto particular:

No artigo 5.2.- Dentro da configuración do COLE (comité organizador dos locais de ensaio), maniféstase como segundo punto, que dito comité estará formado por “Responsables do departamento de xuventude ou funcionarios en quen deleguen.”
        
Por medio do presente Voto Particular proponse a modificación da redacción do artigo recollido no parágrafo anterior, a fin de que quede redactada do seguinte xeito: “Os responsables do departamento de xuventude ou funcionarios en quen deleguen.”
        
Xustificación do Voto Particular:

A actual redacción da lugar á indeterminación do número de persoas  responsables do departamento de xuventude. Coa redacción que propoñemos queda de manifesto que son TODOS os responsables de dito departamento.


5º VOTO PARTICULAR

Texto do voto particular:

No artigo 6.1.- Dentro da documentación a presentar polos solicitantes dos locais de ensaio, no punto terceiro recóllese como documento a presentar “Volante de empadroamento de cada membro do grupo ou solista, no seu caso.”
        
Por medio do presente Voto Particular proponse a modificación da redacción do artigo recollido no parágrafo anterior, a fin de que quede redactada do seguinte xeito: “Volante de empadroamento do membro ou membros do grupo ou solista empadroado ou empadroados en Cambre.”
        
Xustificación do Voto Particular:

A presentación do volante de empadroamento daqueles integrantes do grupo que non o estean en Cambre é un requisito que non ten ningunha utilidade para a baremación e concesión do uso dos locais, mais ben, un engorro para quen ten que presentar dito documento.
        
Cabe sinalar que no documento de “Aceptación de Normas” que deben asinar os solicitantes e que acompaña á presente ordenanza, xa consta como documentación a presentar o volante de empadroamento, e especifica (só veciñ@s de Cambre).
        
Entra, por tanto, en contradicción o texto da ordenanza neste punto, co modelo de “Aceptación de normas” que a acompaña.

6º VOTO PARTICULAR

Texto do voto particular:

No artigo 7.1.1º .- En canto ós criterios utilizados para a avaliación das solicitudes presentadas, maniféstanse como primeiro punto ás porcentaxes que baremarán ós empadroados.
        
Por medio do presente Voto Particular, e en relación ó Voto particular primeiro proponse a modificación da redacción do texto do artigo, a fin de que quede redactado do seguinte xeito:
         -Empadroados (máximo 20 puntos)
•        De 91% a 100% dos compoñentes do grupo empadroados: 20 puntos
•        De 81% a 90% dos compoñentes do grupo empadroados: 18 puntos
•        De 71% a 80% dos compoñentes do grupo empadroados: 16 puntos
•        De 61% a 70% dos compoñentes do grupo empadroados: 14 puntos
•        Do 51% a 60% dos compoñentes do grupo empadroados: 12 puntos
•        Un só membro do grupo empadroado:                       10 puntos

Xustificación do Voto Particular:

No mesmo sentido que a xustificación do Voto Particular 1º, propoñemos esta redacción para non discriminar a ningún veciño nin veciña que estando empadroado no Concello, solicite a utilización dun servizo que o Concello pon á súa disposición e que non pode depender da existencia doutra persoa empadroada, posto que estaríamos ante un caso de clara discriminación.

 7º VOTO PARTICULAR

Texto do voto particular:

No artigo 19.11 .- Dentro das Obrigas e prohibicións para os autorizados recóllese dentro do punto número 11 como obriga a de “Realizar, á petición do alcalde ou concelleiro delegado, unha actuación ó ano, para algunha actividade municipal.”

Por medio do presente Voto Particular proponse a eliminación desta obriga da  redacción do artigo.


Xustificación do Voto Particular:
        
Os locais de ensaio póñense en funcionamento co obxecto de prestar un servizo ós veciños e veciñas de Cambre, poñendo á súa disposición un lugar correctamente insonorizado e acondicionado para desenrrolar a súa actividade musical. Non debe establecerse unha contraprestación obrigatoria ós usuarios dun servizo municipal obrigándoos a que fagan unha actuación musical ó ano xa que pode darse o caso de que o grupo ou o solista non queira realizar dita actuación. Diferente sería, propoñer ós grupos ou solistas que, chegado o caso, estuden a proposta de participar nalgunha actividade musical que queira organizar o Concello pero sempre dende o respeto á decisión dos grupos ou solistas.




                              En CAMBRE; a 30 de maio de 2013

                           


                                Asdo:  Mª Olga Santos López

No hay comentarios: