ESQUERDA UNIDA DE CAMBRE,
DENUNCIA A PRECARIEDADE E FALTA DE SEGURIDADE NOS PASOS DE PEÓNS DO CONCELLO.
Esquerda
Unida, denuncia a precaria e peligrosa situación dos pasos de peóns no concello
de Cambre, tendo en conta os desgraciados accidentes ocurridos nos últimos
dias, en este sentido trasladará mediante un ROGO estas carencias o próximo
pleno do vindeiro dia 30.
Ante os problemas
derivados da falta de seguridade vial, sobre todo nas zonas mais urbanizadas e
de maior tráfico do concello en relación aos pasos de peóns, lamentamos
que a dia de hoxe non exista unha
resposta satisfactoria para aplicar e correxir as carencias existentes, nin se
teñan realizado actuacións para dotar
dunha maior seguridade estes lugares
conflictivos na circulación.
Con demasiada frecuencia, producense atropellos. Por
citar algún exemplo, recentemente teñen ocurrido accidentes en lugares que o
noso Grupo xa ten denunciado e posto en coñecemento do actual Goberno sin que
se teñan tomado medidas para solucionar ou atenuar o grave problema, a pesar
dos compromisos adquiridos polo goberno en distintas sesións plenarias.
O Grupo Municipal de EU
sintese enganado polo Goberno Municipal, polo continuo incumprimento dos
acordos plenarios, e quere denunciar o desprecio e falta de interese do
concello hacia os cidadáns, por
considerar que a seguridade vial debe
ser unha actuación prioritaria e urxente para o conxunto da corporación, e dar remate a insostible situación de
desamparo.
Para a nosa organización, unha das cuestións básicas que deben ter os
pasos de peóns, é a sua situación, con unha correcta iluminación e dotalo de ou outros elementos accesorios como
balizas de sinalización, pasos
sobreelevados, etc.
Asdo: Grupo Municipal
No hay comentarios:
Publicar un comentario