martes, 28 de mayo de 2013


INICIATIVAS AS COMISIÓNS INFORMATIVAS E PLENO MUNICIPAL DO MES DE MAIO

MOCION DO GRUPO MUNICIPAL DE EU DE CAMBRE INSTANDO A  QUE A CORPORACION LOCAL DE CAMBRE MANIFESTE A TELEPERFORMANCE E GAS NATURAL FENOSA O SEU REXEITAMENTO ÓS 43 DESPEDIMENTOS DA CAMPAÑA UNION FENOSA COMERCIAL

EXPOSICION DE MOTIVOS:

A empresa Iberphone SAU, co nome comercial de Teleperformance presta servizos de telemarqueting no seu centro de A Coruña a diversas empresas de telecomunicacións, electricidade, banca e seguros, contando cun plantel de máis 700 traballadores en A Coruña.

Teleperformance ven de anunciar o despido de 43 traballadores, cifra que podería alcanzar a mais de 105 persoas, tras a decisión de Gas Natural Fenosa de prescindir dos seus servizos para a realización do servizo de atención telefónica de Unión Fenosa Comercial.

Os catastróficos efectos da crise nos sectores productivos e as consecuencias  nefastas da reforma laboral están propiciando peches empresariais, e unha grande facilidade para os empresarios á hora de prescindir dos seus traballadores, que derivan en mais de 6 millóns de parados, e situacións sociais dramáticas consecuencia directa das nefastas políticas laborais adoptadas polo actual goberno do Estado. Neste contexto non podemos permitir ningún despedimento mais, sobre todo aqueles que poden ser evitados, xa que derívanse do afán deslocalizador de empresas como Gas Natural Fenosa, de servizos que perfectamente poden seguir manténdose en Galiza.

Esta decisión, ademais, non só afecta @s traballador@s despedid@s, senón que tamén supón un grave perxuízo para os usuarios do servizo eléctrico que, a partires do 1 de xuño non poderán ser atendidos en Galego, nin disfrutar dunha atención que foi alabada en todo momento pola propia compañía Gas Natural Fenosa, aínda que despois esquencera a profesionalidade do persoal para proceder a despedilos.

O servicio de atención telefónica prestado dende o centro da Coruña para Gas Natural Fenosa conta na actualidade con 311 empregados (un número moi importante somos veciñ@s de Cambre) distribuidos en tres compañías, Union Fenosa Distribución, Gas Natural S.U.R e Unión Fenosa Comercial, sendo, esta última a que Gas Natural Servicios decidiu deslocalizar e pasar a prestarse a súa atención telefónica desde Barcelona.



Esta decisión foi a que fixo tambalear o futuro das 105 persoas que prestaban este servizo dende A Coruña. Tampouco hai nada que garanta que progresivamente sexan trasladadas as outras dúas compañías para Cataluña, algo que sería catastrófico para o emprego na nosa cidade, xa de por sí moi danado pola crise e a reforma laboral.

Aínda que, finalmente, non foro 105 ós despedimentos, 43 persoas de forma directa e moitas outras de forma indirecta viron e están vendo finiquitada a súa relación laboral con Teleperformance.

De forma directa, 43 persoas ás que, seguindo criterios de antiguedade na empresa, foron despedidas utilizando como argumento o Artigo 17 do Convenio de telemarqueting no  que queda recollido que a indemnización no caso de “Disminución do volumen da campaña contratada” será de 8 días por ano traballado. Deste xeito, por menos de 1.000 euros pode ser despedida unha persoa que leve 3 anos traballando.

De forma indirecta estánse producindo despedimentos dentro doutras campañas de telemárqueting prestadas por Teleperformance, de persoal eventual e con contratos temporais para poder encher os seus lugares con persoal de Unión Fenosa Comercial. Esta é unha estratexia da empresa para non ter que despedir a 105 persoas vinculadas a Unión Fenosa Comercial, facendo un lavado de cara manifestando que só se depiden 43, cando en realidade son moitas persoas das que se está prescindindo para recolocar nos seus postos ó persoal que non foi despedido. Toda esta situación ven producida por unha decisión que podería chegar a ser reversible, si Gas Natural Fenosa non derivara o servicio a Cataluña, algo polo que temos obriga de loitar, defendendo que o traballo non escape de Galicia.

É neste punto onde temos cabida os poderes públicos, que estamos obrigados a defender ós nosos traballadores, á nosa industria, e, en definitiva, á nosa terra, da que nos arrancan empresas tan importantes como o foi para A Coruña Unión Fenosa, que tras a súa venda, vemos como os nosos recursos naturais seguen xenerando beneficios e dividendos fora de Galiza, e agora tamén nos arrebatan os postos de traballo das empresas colaboradoras.

EN BASE Ó ANTERIORMENTE EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE EU PROPON Ó PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

PRIMEIRO: Solicitar a Gas Natural Fenosa que abandone a súa decisión de prescindir do servizo de atención ó cliente prestada dende A Coruña para Unión Fenosa Comercial.

SEGUNDO: Solicitar a Teleperformance que reconsidere a súa decisión de proceder ó despedimento dos 43 traballadores vinculados á campaña de Unión Fenosa Comercial e dos vinculados a outras campañas.

TERCEIRO:  Mostrar a súa preocupación pola destrucción do emprego e manifestar o seu apoio e   solidariedade   ós  traballador@s  da empresa Teleperformance, ante a situación que afecta a mais de 70 familias, moitas delas do noso concello, na sua loita contra unha realidade cada dia  día máis palpable na sociedade, como é o PARO.

CUARTO:Dar traslado do seguinte acordo ós grupos políticos con representación no parlamento de Galicia, a Gas Natural Fenosa, a Teleperformance así como ó comité de empresa de Teleperformance.



ROGOS:

1.- En Cambre, do mesmo xeito que no resto do Estado,  prodúcense casos de cidadáns  que se ven obrigados a abandonar as súas vivendas habituais por insolvencia sobrevenida que lles imposibilita facer fronte ao pago das súas débedas hipotecarias.

En numerosas ocasións, as entidades bancarias están ofrecendo a estas persoas a dación en pago regulada no artigo 140 da Lei Hipotecaria, de tal xeito que, a elección da persoa deudora poida cancelar, sen execución hipotecaria, a totalidade da débeda pendente coa entrega da vivenda aínda que iso non se pactou ao constituirse a hipoteca.

A dación en pago, así como o desahucio e a perda da vivenda trala correspondente subasta xudicial, presentan unhas repercusiones fiscais pouco coñecidas pola cidadanía en xeral, e polas propias persoas que se quedaron sen fogar, en particular. A primeira delas é a obrigación de pagar ao Concello o Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana,  coñecido popularmente como "Plusvalía". A pesar da sua denominación, este tributo debe satisfacerse aínda que o prezo do inmoble disminúa desde a sua  adquisición. A sua cuantía depende, basicamente do valor catastral do chan, do número de anos transcorridos desde que se adquiriu e das porcentaxes e tipos de gravame aprobados por cada Corporación Local.

É certo que o Real Decreto-lei 6/2012, de 9 de marzo, de medidas urxentes de protección de deudores hipotecarios sen recursos, establece que as persoas desafiuzadas pola vía da dación en pago por entidades adheridas ao mal chamado 'Código de Boas Prácticas' quedarán exentas de pagar todos os impostos relacionados coa 'transmisión' da súa vivenda, salvo o da plusvalía, que se sometería a pacto entre ambas partes. Pero  analízando detidamente a súa redacción, conclúese que se aplicará a moi poucos casos, posto que se esixen dous requisitos acumulativos moi restrictivos: por unha banda, que o deudor atópese no umbral da exclusión estipulado pola propia norma e, por outra, que o prezo polo que comprou a vivenda non supere uns determinos valores. E no caso concreto da plusvalía, establece que terá que facelo a entidade de crédito, en lugar da persoa que se queda sen vivenda. 

Debido a iso son maioría as ocasións en que as persoas deudoras que aceptan a dación en pago seguen facendo fronte ao pago da plusvalía, algo que  en EU consideramos inxusto e inmoral.

Por todo o anteriormente exposto PREGAMOS ao goberno Municipal: 

-Que proceda a modificar con carácter de urxencia a Ordenanza Municipal número 5 Reguladora do Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana engadindo o párrafo seguinte:

”Nas transmisións realizadas polos deudores comprendidos no ámbito de aplicación do artigo 2 do Real Decreto- Lei 6/2012, de 9 de marzo, de medidas urxentes de protección de deudores hipotecarios sen recursos, con ocasión da dación en pago da súa vivenda prevista no apartado 3 do Anexo de devandita norma, terá a consideración de suxeito pasivo sustituto do contribuinte a entidade que adquira o inmueble, sen que o sustituto poida esixir do contribuinte o importe das obrigacións tributarias satisfeitas”. 

2.- Tendo en conta as múltiples iniciativas presentadas polo nso Grupo, ante  os problemas derivados da falta de seguridade vial, sobre todo nas zonas mais urbanizadas e de maior tráfico do concello en relación aos pasos de peóns, lamentamos que  a dia de hoxe non exista unha resposta satisfactoria para aplicar e correxir as carencias existentes, nin se teñan realizado  actuacións para dotar dunha maior seguridade en estes lugares conflictivos na circulación,  producindose con demasiada frecuencia   atropellos. Por citar algún exemplo, recentemente teñen ocurrido accidentes en lugares que o noso Grupo xa ten denunciado e posto en coñecemento do actual Goberno sin que se teñan tomado medidas para solucionar ou atenuar o grave problema

A  situación non sólo non  cambiou nada, sinón que se ten agravado. O feito da ausencia de medidas e abandono institucional fai especialmente perigroso  cruzar por estes lugares, que de non remedialo  os cidadáns terán que seguir arriscando diariamente a súa vida.

En base o anterior, PREGAMOS, que coa maior urxencia se proceda a tomar as medidas correctoras co fin de   dar solución a situación de inseguridade e perigro  existente na actualidade.

3.- Varios usuarios do Parque das Palmeiras no Temple, teñen trasladado ó noso Grupo Municipal as múltiples deficiencias que presenta, poñendo en grave risco a seguridade dos mais pequenos. De feito, tamén nos teñen comunicado algún accidente sufrido por nen@s, derivados do estado de dito parque. Deficiencias tales como tornillos sin tapar, as barandas de madeira carcomidas, columpios rotos ou xogos con fisuras que poden provocar feridas.
En base ó anteriormente exposto o noso Grupo Municipal PREGA:

-Se realicen con carácter inmediato as accións e reparacións necesarias para garantir a seguridade dos nenos usuarios do parque.
 
 

PREGUNTAS:
 
1.- Poden informarnos das previsións do arranxo do camiño situado entre a vía do ferrocarril e a ponte do Noceiro, según o manifestado polo concelleiro responsable nas Comisións Informativas do pasado mes de febreiro, ante a petición do noso Grupo?

2.- Pode informarnos o Goberno, si na actualidade existe algunha deuda municipal   polos suministros de enerxía  eléctricos  coa empresa  ou empresas responsables da prestación do servizo?.  De ser afirmativa a resposta a canto ascende o importe con ditas entidades?

3.- Case un ano despois de que o Grupo Municipal de Esquerda Unida, presentáramos unha moción solicitando que se realizara un censo de bens inmobles rústicos e urbanos que estean censados e rexistrados a nome da igrexa en Cambre, así como das súas entidades e asociacións afins, e  doutras confesións relixiosas. O Voceiro do equipo de goberno, comprometeuse a solicitar dita información ó catastro e á Deputación coa maior “brevidade posible”.

En base ó anteriormente exposto o noso Grupo Municipal, PREGUNTA:

-¿Teñen xa a información solicitada sobre o censo de bens a nome da Igrexa? En caso positivo, ¿a qué esperaban para facilitarnos dita información?. En caso negativo ¿A qué esperaban para informarnos? En calquer outro caso, ¿Coidan que sexa algo normal que despois de un ano de aprobar unha iniciativa en pleno, non teñamos información nin pronunciamento algún, sexa no sentido que sexa?.


 COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANISMO

ROGOS:

1.- Varios veciños puxéronse en contacto con oso Grupo Municipal para manifestar as suas queixas sobre o estado de suciedade e deixadez no que se atopa o entorno da rúa María Mariño, con lixo tirado polo chan, contenedores sin recoller e con bolsas tiradas nas beirarrúas por non coller o lixo nos mesmos.

Esta situación fai que a imaxe e salubridade do noso Concello sexa moi negativa polo que, en base ó anteriormente exposto o noso Grupo Municipal PREGA:

-Se proceda á solicitar do Consorcio a instalación dos contenedores necesarios, co fin de evitar  as situacións de suciedade e acumulación de lixo fora dos recipientes.

COMISIÓN INFORMATIVA DE SEGURIDADE CIDADÁ, MOBILIDADE E TURISMO

PREGUNTAS:

1.- Según información publicada en prensa o Goberno de Cambre ven de levar a cabo unha serie de reunións coa empresa ASICASA e con responsables da XUNTA coa intención de mellorar o servicio de autobuses no Concello.

-¿Poden informarnos sobre o contido das conversas mantidas e si existirá algunha modificación ou ampliación das rutas?


                       
COMISIÓN INFORMATIVA DE EDUCACIÓN, DEPORTES, XUVENTUDE E BENESTAR SOCIAL

ROGOS:

1.- Pais e nais dos nen@s que utilizan o transporte escolar, residentes  nos lugares de Armental, Carballás e Fabás na parroquia de Pravio,  manifestaron  o noso Grupo o seu malestar e indignación, pola eliminación (sin previa comunicación) da ruta que transcurre entre Armental e Fabás, coa  eliminación de paradas e o seu conseguinte perxuizo para os usuarios, o ter que desplazarse distancias considerables, sobre todo en tempo de choiva.

Sendo o anterior un problema importante, a alternativa a ruta eliminada consiste en circular pola estrada CP.-1707, un dos viales con mais perigro dentro do término municipal, motivado as abundantes curvas,  limitado espacio para a circulación, con desniveis de mais de 50 metros, carente de beirarrúas,  limitada visibilidade e  densa circulación que acentúa o risco permanente de accidentes.

O marxe da administración a quen corresponden as competencias no transporte escolar, o concello de Cambre e os seus responsables non poden ser alleos a este  problema, e deben dar unha resposta inmediata para solucionalo co fin de evitar posibles  consecuencias graves.

-Polo exposto, PREGAMOS o Goberno municipal proceda a dar as instrucións oportunas os Servizos técnicos e Policia local do concello e demais organismos competentes, co fin de elaborar un informe sobre a peligrosidade e seguridade da ruta actual e anterior do transporte escolar nos lugares mencionados, do mesmo xeito SOLITAMOS que se repoña o percorrido establecido con anterioridade  como as correspondentes  paradas, según as peticións dos afectados.


 En Cambre, a 25 de maio de 2013

 Asdo: Grupo Municipal

No hay comentarios: