viernes, 24 de mayo de 2013


 
NOTA DE PRENSA

EU DE CAMBRE SOLICITA QUE SE RESTABLEZA O   PERCORRIDO DO TRANSPORTE ESCOLAR EN PRAVIO.

O Grupo Municipal de EU, tras ter recibido  queixas dos usuarios do transporte escolar na parroquia de Pravio, e, concretamente dos lugares de Armental, Carballás e Fabás, presentará un rogo ante a Comisión Informativa de Educación, para solicitar que se repoña o percorrido que existía anteriormente á súa supresión sin aviso previo. Esta falta de comunicación, así como a eliminación de paradas supón un grave perxuicio para os nenos, posto que agora están obrigados a desplazarse con unhas distancias moi considerables, algo que se ve agravado, por exemplo en días de choiva.

Informa Luis Taibo, Voceiro do Grupo Municipal, que a alternativa que existe á ruta eliminada consiste en circular pola estrada CP-1707, un dos viales con mais perigro dentro do término municipal, motivado as abundantes curvas,  limitado espacio para a circulación, con desniveis de mais de 50 metros, carente de beirarrúas,  limitada visibilidade e  densa circulación que acentúa o risco permanente de accidentes.

Por estes motivos, ademáis de solicitar que se restableza a ruta eliminada, EU tamén solicita ó Goberno Municipal que proceda a dar as instruccións oportunas ós Servizos Técnicos e Policía Local do Concello e demais organismos competentes, co fin de elaborar un informe sobre a perigosidade e seguridade da ruta actual e a anterior do transporte escolar nos lugares mencionados.


               Asdo: Grupo Municipal de EU Cambre

No hay comentarios: