NOTA
INFORMATIVA DE “ESQUERDA UNIDA” DE CAMBRE
Satisfacción de EU polo restablecemento da liña de
autobús escolar de Pravio.
Despois de ter dado traslado ó Goberno municipal das
numerosas queixas dos veciños de Pravio, pola eliminación sen previo aviso da
ruta que transcurre entre Armental e Fabás, EU de Cambre mostrase
satisfeita de que o executivo cambrés tomara nota da súa solicitude plantexada
nas Comisións Informativas do pasado dia 28, e decidira restablecer o traxecto
orixinario a partir deste luns 10 de xuño, e que afecta ós nenos e nenas do
colexio Wenceslao Fernández Flórez e do IES Alfonso X O Sabio.
Recorda Luis Taibo, voceiro do grupo municipal que a
alternativa á ruta eliminada consistía en que os nenos camiñaran pola estrada
CP-1707, un dos viales con mais perigro dentro do término municipal, con
abundantes curvas, limitado espacio para a circulación, desniveis de mais de 50
metros, carente de beirarrúas, limitada visibilidade e densa circulación
que acentuaba o risco permanente de accidentes.
Asdo: Grupo Municipal
No hay comentarios:
Publicar un comentario