“EU” DENUNCIA AS DEFICIENCIAS NO ALUMEADO PÚBLICO EN
CAMBRE
Esquerda Unida de Cambre, quere facer pública a súa denuncia polas
continuas deficiencias existentes na rede de alumeado público do concello. Este
feito estase producindo con demasiada frecuencia, polo que o noso Grupo
municipal, presentará unha iniciativa nas Comisións Informativas do póximo
martes.
EU reclama con urxencia, se
tomen as medidas necesarias para dar
solución a esta carencia, que
está provocando a crispación da cidadanía, esixindo unha intervención
rápida por parte do concello, nun problema que afecta a parques públicos, rúas,
e zonas densamente poboadas, e así rematar na maior brevedade con esta
situación marxinal, que incumple as normas
básicas de seguridade establecidas..
O noso Grupo Municipal, pon de manifesto que a desidia do Goberno, está
provocando que varios lugares como é o
caso da Glorieta do Paraguas, Praza Manuel Lugrís ou o propio Paseo dos
Templarios, (por poñer algún exemplo), a partir das 12 da noite non contan con
ningún tipo de iluminación, provocando o malestar do vencidario, transehuntes
ou dos propios hosteleiros que se ven perxudicados por este feito.
Asdo: Grupo Municipal de “EU” de Cambre
No hay comentarios:
Publicar un comentario