PÚBLICOS DO CONCELLO.
O Grupo Municipal de EU der
Cambre, solicita o Goberno incrementen o
número de baños públicos portátiles,
onde poidan acudir os cidadáns en caso
de necesidade, sobre todo cando teña lugar algún acontecemento importante con
previsión de afluencia masiva de persoas, como foi o caso do Rock in Cambre,
onde a falta de previsión do Goberno provocou que parques e rúas evidenciaran a
carencia destes elementos, mostrando unha imaxen que non é propia nin a mais
adecuada para o concello de Cambre.
EU propon que se elabore un estudio que analice as necesidades do municipio, en canto ao número de unidades, ubicación, características e posibles modelos de xestión de aseos públicos, e que do dito estudio se elabore e poña en marcha un Plan para dotar o concello de de unha rede de aseos públicos, onde unha parte dos mesmos deben estar adaptados as persoas con discapacidade.
EU considera que a existencia de baños en
espacios públicos, debe constituir un
dereito de todos os ciudadáns, polo que a nosa organización solicita a instalación destas
infraestructuras en diferentes puntos do concello onde sexan necesarios, así
mesmo procedan a dotar provisionalmente
os lugares públicos onde se desenrolan as festas nas diversas parroquias.
Non é infrecuente
contemplar nas áreas urbáns do concello como lugares utilizados polos cativos,
coma zonas de xogo e recreo, son tamén simultaneamente puntos usados como
evacuatorios das necesidades fisiolóxicas.
Non é esto un problema de educación (que evidentemente sí o é en moitos
casos) senón que tamén hai que ter en conta as necesidades das persoas, e
dotar de servizos
ecolóxicos portátiles nos lugares de afluencia de persoas.
Esta proposta ven
motivada polas numerosas queixas recibidas polos concelleiros de EU ante a
carencia destes servizos, o que supón un verdadeiro problema, especialmente
para maiores, mulleres embrazadas, colectivos que traballan na rúa, etc.
Asdo:
Grupo Municipal de “EU” de Cambre
No hay comentarios:
Publicar un comentario