INICIATIVAS PRESENTADAS AO PLENO E COMISIÓNS INFORMATIVAS DO MES DE OUTONO
MOCIÓN PARA O
ACONDICIONAMENTO DE ZONAS DE BAÑO E RECREO
NAS RIBEIRAS DO RIO MERO.
XUSTIFICACIÓN:
O Grupo Municipal de EU de Cambre, leva presentado distintas iniciativas que
consideramos fundamentais para a restauración e aproveitamento do río Mero o
seu paso pola nosa localidade.
As ribeiras do rio Mero en Cambre contaron o longo dos anos con moitos
lugares que tradicionalmente foron utilizados como zonas de baño e recreo para
os cambres@s, e moitos visitantes que disfrutaban do entorno e do paisaxe
natural do rio, o que debería
convertirse nun importante foco de
atracción turística que pode aportar
importantes beneficios económicos para
o noso pobo. O Obxectivo da presente
proposta é o aproveitamento natural do
río e recuperar para a cidadanía as
súas ribeiras o seu paso polo noso
concello, facilitando o uso público
dende a implicación municipal nas tareas de recuperación de este entorno.
Lugares como a Marisqueira, Pozo da Campana, Retorta, As Insuas, Muiños
de Naia, O Noceiro, Cela; ou a
recentemente desaparecida no Muiño de Peiraio, forman parte da historia viva do
noso concello utilizada e disfrutada por moitas xeneracións. Dende EU estamos
convencidos que non abondan mais demoras nin disculpas, é o momento de facer
unha aposta decidida para poder recuperar algún destes singulares lugares dende
un compromiso serio e riguroso da Corporación Municipal, e dar resposta
mediante un proxecto respetuoso co rio
e o seu entorno ambiental.
Facilitar o uso público,
promover a implicación social e poñer en valor a riqueza natural do noso río e responsabilidade do
Goberno e do conxunto da Corporación, e
por tanto correspondenos dar unha resposta as demandas da veciñanza cambresa,
dotando a Cambre de zonas de baño e espallamento
aproveitando os espacios naturais de especial fermosura e riqueza paisaxística,
recreativa, cultural e educativa, compatible
con outros aproveitamentos do río e as súas ribeiras.
Na actualidade
asistimos con especial resignación a degradación e abandono da case totalidade
das ribeiras do río, observando como en algúns lugares os propios veciñ@s
tratan de habilitar pequenas zonas para poder bañarse en condicións precarias e
incluso arriscadas.
Os cambreses, non
podemos, non debemos e non queremos vivir de costas o noso río que representa un patrimonio cultural e humano
de gran valor, que deben disfrutar as xeracións presentes e futuras nas
mellores condicións de uso.
POR TODO O EXPOSTO O GRUPO
MUNICIPAL DE “EU” PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:
PRIMEIRO.- O Goberno Municipal Iniciará de inmediato os
tramites e actuacións necesarias ante Augas de Galicia co fin de elaborar un proxecto para a estudo e construcción das zonas que poidan ser acondicionadas para o baño e espallamemento nas ribeiras do río Mero.
SEGUNDO.- Que en consonancia co punto anterior, a
Alcaldía en nome da Corporación Municipal de Cambre, inicie cantas xestións sexan pertinentes para acadar dos organismos competentes e demais
entes supramunicipais, a súa colaboración para a elaboración e execución do
mencionado proxecto.
TERCEIRO.- Que, de toda resposta ou actuación posterior
que se produzca en relación a presente moción, o Goberno Municipal manteña
puntualmente informado os voceiros dos Grupos municipais con representación no
concello.
CAMBRE, a 21 de
setembro de 2013
Asdo: Luis M. Taibo Casás. Voceiro do Grupo
ROGOS:
1.- O noso Grupo Municipal, presentou no ano 2008 unha Moción
para ADAPTACIÓN
DE PARQUES DE RECREO PARA ACTIVIDADES DE
PERSOAS MAIORES. Os Parques de
Maiores, son equipamentos adaptados que
unen a posibilidade de realizar exercicio saudable dunha forma entretida, coa
creación de espazos que facilitan a relación persoal e social entre os maiores.
Estes espacios públicos, estan formados por unha serie de elementos modulares
adaptados para o seu uso ao aire libre.
Na actualidae en varios lugares do concello
instalaronse parques adaptados, con
aparellos que posibilitan a realización de exercicio físico cun claro carácter
terapéutico, baseados nos exercicios de rehabilitación que empregan os
fisioterapéutas para mellorar a forma física e a saúde das persoas.
Na capital municipal carecemos de lugares con
ditas características, tendo en conta que
corresponde a Corporación é a súa vez o Grupo de Goberno, buscar alternativas de lecer para os nosos
veciñ@s, que sexan á vez un elemento favorable para a súa saúde.
-PREGAMOS se realice un estudio para o acondicionamento dun espacio
para a instalación do mencionado parque, co fin de evitar desplazamentos a
outros lugares e facilitar a actividade.
2.- Recentemente producironse diversos roubos e actos
vandálicos no cimiterio municipal de Cambre, a porta de acceso o recinto permanece aberta permanentemente, facilitando
a entrada en horario nocturno. Tendo en conta estes feitos, e co fin de evitar (no posible) que se volvan a
repetir, o noso Grupo PREGA:
- Se tomen as medidas necesarias de vixilancia, e procedan a pechar o recinto en horario
nocturno, indicando con un cartel visible na entrada os horarios de apertura e
peche.
3.- O acceso á estrada preto da igrexa dende o Campo da
Feira, presenta dificultades para a incorporación dos vehiculos co risco na seguridade motivado a falta de
visibilidade.
-O noso grupo PREGA se proceda a
instalación dun espello que permite observar a proximidad de vehiculos para facilitar aos conductores
a súa incorporación á estrada, e se faga un estudo para regular a entrada e saida
da circulación do Campo da feira
PREGUNTAS:
1.- No pleno municipal de maio do 2012 o noso Grupo presentaba unha
INICIATIVA solicitando que se realizara un censo de bens inmobles rústicos e
urbanos que estean censados e rexistrados a nome da igrexa en Cambre, así como
das súas entidades e asociacións afins, e
doutras confesións relixiosas. O Voceiro do equipo de goberno,
comprometeuse a solicitar dita información ó catastro e á Deputación coa maior
“brevidade posible”.
Dita pregunta foi contestada por escrito, manifestando que: “Actualmente
non dispoñemos de nova información pàra poderlle transmitir ao seu Grupo
Municipal”.
-En base o anterior,
PREGUNTAMOS:
-¿Existe algunha novidade
respecto do tema plantexado?
2.- Na confluencia dos camiños de Seoane A Rocha e San
Lourenzo, existen unhas vallas de protección de unha obra que semella a
recollida de augas pluviales das cunetas, ditas vallas levan varios meses no
lugar, o que supón un perigro para a circulación rodada.
-¿Que información ten
o Goberno respecto do asunto e cales son os motivos para non ter rematada dita
obra?
3.- ¿Pode informarnos o
Sr. Alcalde das xestións realizadas coas familias Molina-Caruncho, propietarias
do terreos perto do concello, co fin de que procedan o seu acondicionamento e
da posibilidade de utilizalo para aparcamento público?
CAMBRE, a 21 de setembro de 2013
Asdo: Grupo Municipal
COMISIÓN
INFORMATIVADE RÉXIME INTERIOR, ECONOMÍA E FACENDA
ROGOS:
1.-No lugar de San Benito, un poste de madeira (da antigua liña telefónica),
encontrase sin ningún tipo de suxección na súa base, con risco evidente de caida, podendo ocasionar desperfectos e danos de consideración, tanto
para as persoas como a bens materiais.
-PREGAMOS se realicen
as xestións oportunas ante quen proceda co fin de retirar o poste do lugar.
2.- O tramo de aproximadamente 50 metros, do
camiño que transcurre entre a vía do ferrocarril e a ponte do Noceiro, foi
motivo da presentación de dúas iniciativas en sesións anteriores, a dia de hoxe
é a pesar das promesas do Goberno, segue sin darse unha solución incrementando
o problema para a circulación.
-Unha vez mais o noso Grupo PREGA se adopten as medidas
para a reparación do camiño.
PREGUNTAS:
1.- Transcurridos 9 meses do remate das obras do Campo da
feira, a actividade previsiblemente
voltará o seu lugar de orixe o próximo domingo dia 2 de outono.
-¿Poden informarnos como quedará
a organización dos postos e das medidas
sobre a limpeza e retirada do lixo da
praza
2.- Tendo en conta
o expediente de división da sección estadistíca 5ª do districto 1º, según
consta na acta da Xunta de Voceiros do dia 11 de xuño, considerando que o
asunto foi motivo dun amplio debate, solicitase polo voceiro de EU que se
convoque aos veciñ@s para informar sobre o tema. Manifestando o resto de
voceiros a sua conformidade, o responsable de Réxime Interior convoca por carta
aos afectados para ter unha reunión.
Como resultado da reunión, ponse de manifesto o malestar de gran parte
dos veciños polos cambios que se poidan producir, por sentirse perxudicados
polo expediente en cuestión.
Por tal motivo o pasado dia 18, celebrase na Alcaldía outra xuntanza
co fin de dar unha solución que sexa mais satisfactoria e menos perjudicial
para os afectados, acordando facer unha consulta a Delegación Provincial de
Estadística, que entre outras competencias ten a de: “asesorar aos concellos na
realización de estos traballos e estudiará e resolverá as dificultades que
poidan presentarse”
-Polo exposto, o noso Grupo
PREGUNTA sobre as conclusións da consulta realizada e das determinacións que se
pretenden levar a cabo.
CAMBRE, a 21 de setembro de 2013
Asdo: Grupo Municipal
No hay comentarios:
Publicar un comentario