O CONSELLO POLÍTICO COMARCAL ELIXE POR UNANIMIDADE
NOVA EXECUTIVA QUE SE MARCA OS OBXECTIVOS DE AVANZAR NA CONSTRUCIÓN DUN BLOQUE
POLÍTICO E SOCIAL ALTERNATIVO, POTENCIAR AS AREAS DE DESENVOLVEMENTO COLECTIVO
ABERTAS Á CIDADANÍA E A EXTENSIÓN ORGANIZATIVA NOS CONCELLOS DA COMARCA
CÉSAR SANTISO
RATIFICADO POR ACLAMACIÓN COORDINADOR COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA
O COORDINADOR COMARCAL DE EU, CÉSAR SANTISO, SALIENTOU
QUE “O ESPECTACULAR INCREMENTO DE APOIOS POR PARTE DA CIDADANÍA, CONVÉRTENOS NA
SEGUNDA FORZA POLÍTICA NA COMARCA E ESÍXENOS UN MÁXIMO ESFORZO PARA AFRONTAR OS
RETOS DERIVADOS DA RESPONSABILIDADE DE GOBERNO QUE AS ENQUISAS AMOSAN NALGÚNS
CONCELLOS COMO A CORUÑA OU CAMBRE”
A mediados
do mes de xullo a afiliación de Esquerda Unida na comarca da Coruña, elixía un
novo Consello Político Comarcal cun abafador apoio de todo o plenario a
excepción de tres votos en branco.
César Santiso ratificado por
aclamación coordinador comarcal de Esquerda Unida. O mesmo día da asemblea na que
se elixiu novo órgano de dirección comarcal, este nomeou temporalmente a
Santiso á espera da ratificación en xuntanza do Consello Comarcal. Con esta
ratificación o coordinador comarcal, que tamén é o voceiro do grupo municipal
de EU-V no Concello da Coruña, comeza o seu segundo mandato.
O Consello Político Comarcal
elixe por unanimidade nova executiva que se marca os obxectivos de avanzar na
construción dun bloque político e social alternativo, potenciar as areas de
desenvolvemento colectivo abertas á cidadanía e a extensión organizativa nos
concellos da comarca. Logo da ratificación de Santiso, o coordinador comarcal presentou a
proposta para elixir os cargos de responsabilidade no CPC, que conxuga cadros
políticos de máximo nivel como Alberto Vilariño ou Argimiro Doce, con novos
cadros emerxentes como a moza Silvia Cameán, con cadros que veñen do mundo
sindical como José Luís Burón (ex-secretario xeral do sindicato comarcal da
Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO), con cargos públicos de EU como
Olga Santos (concelleira en Cambre), con cadros do mundo da cooperación
solidaria como Laura Del Río (ex-responsable de finanzas da Coordinadora Galega
de ONG) ou con recoñecidos activistas do tecidos social coruñés como Iván
Louzan (Stop Desafiuzamentos, Amnistía Internacional, 15M, Marea cidadá,
ex-Democracia Real). O reparto de responsabilidades quedou establecido da
seguinte maneira:
Secretaría
de Organización: Jose Lúis Burón
Secretaría
de Finanzas: Laura del Río
Coordinación
de Areas: Argimiro Doce
Secretaría
de política municipal: Olga Santos
Secretaría
de Comunicación: Iván Louzan
Secretaría
de Políticas Sociais: Silvia Cameán
Responsable
de Área Interna: Alberto Vilariño
O coordinador comarcal de EU, César
Santiso, salientou que “o espectacular incremento de apoios por parte da
cidadanía, convértenos na segunda forza política na comarca e esíxenos un
máximo esforzo para afrontar os retos derivados da responsabilidade de goberno
que as enquisas amosan nalgúns concellos como a Coruña ou Cambre”.
Consello
Comarcal da Coruña
Esquerda Unida
No hay comentarios:
Publicar un comentario