viernes, 25 de octubre de 2013

POR UN FERROCARRIL PÚBLICO E SOCIAL


A plataforma en defensa do tren A Coruña e As Mariñas, convoca unha manifestación en Betanzos en contra da privatización do ferrocarril, a favor dun tren de cercanías e en protesta polo recorte de servicios na nosa comarca.

A manifestación será en Betanzos, un dos concellos máis afectados pola reducción de servizos, na estación do tren Betanzos-Cidade o domingo dia 27 as 11:30. De alí se irá ata O Campo en manifestación para rematar con diversas accións reivindicativas.

A intención é que dende Coruña nos acheguemos a Betanzos no tren que sae as 11:00 ese mesmo día, e chega alí as 11:36. Convidamos, tamén, aos demáis concellos que se sumen a protesta e coincidamos todos en Betanzos e loitar para que non nos rouben o tren.

Por favor, comparte

e difunde. É importante, é o noso tren.

No hay comentarios: