Estado das rúas: Martin Códax, Abeleira e Estanque, na parroquia do Temple, que o Grupo de EU solicitou a súa reparación e acondicionamento.
Estrada do Canal en (Cecebre) na que pedimos a instalación de biondas ou guardarrailes de protección
INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DE “EU” AO PLENO E COMISIÓNS DO MES DE NOVEMBRO
MOCIÓN DE OPOSICIÓN Ó PROXECTO
DE LEI DE RACIONALIZACIÓN E SOSTENIBILIDADE DA ADMINISTRACIÓN LOCAL
EXPOSICION DE MOTIVOS
Os Alcaldes e Alcaldesas de todos os grupos políticos, exceptuando o
Partido Popular, mostraron o pasado 13 de outubro en Madrid, a súa posición
radicalmente contraria ó Proxecto de Lei de Racionalización e Sostibilidade da
Administración Local, lendo un manifesto do que algún dos seus extractos
conforman a presente exposición de motivos:
“O Goberno presenta esta reforma co único obxectivo de dar cumprimento
á Lei Orgánica de Estabilidade Presupostaria. E pretende basearse no argumento
da carga financeira e económica que as corporacións locais significan para a
economía do país. Trátase dunha afirmación sen fundamento, posto que o
endebedamento público das entidades locais está en torno ao 4% do PIB, mentres
que o seu déficit conxunto público total alcanzou en 2012 o 0,3% e será do 0%
para o período 2013-2015. Estamos ante unha apreciación errónea dos fins
constitucionais da Administración Pública, que non son outros que servir
eficazmente aos intereses dos cidadáns e onde as restricións presupostarias
constitúen unha limitación que se respecta totalmente polas corporacións
locais, e non un fin en sí mesmo.
Pero ademais, son as administracións locais as únicas que están a
diminuír o seu nivel de endebedamento, de modo que en 2012 máis de tres mil
concellos tiveron superávit nas súas liquidacións presupostarias.
O cidadán, que é a quen nos debemos, acode a quen lle presta mellor os
servizos e se a este fin acode aos municipios, en lugar da outros entes de
maior ámbito territorial, é porque percibe que da proximidade na prestación se
proporcionan servizos onde as súas necesidades particulares teñen mellor
acomodo.
A ampliación do ámbito territorial do Ente prestador provoca,
indubidablemente, a perda de atención á particularidade; por outro lado, a
eliminación de alternativas ao cidadán non provoca maior benestar a este, senón
pura prestación monopolística dos servizos e a clara tentación a privatizar a
súa xestión e/ou a requirir maiores pagamentos ou copagamentos polo acceso a
estes, o que indubidablemente redundará nuns servizos de menor calidade e maior
custo para o cidadán.
Ésta vai ser a consecuencia ineludible da nova lei: servizos de moita
peor calidade cun custo máis elevado que terán que custear os cidadáns.
O texto presentado, e que se pretende entre en vigor o 1 de xaneiro de
2014, erosiona a autonomía local non respectando as competencias municipais,
non ten en conta os principios de proximidade e de equidade na prestación dos
servizos públicos, non respecta as competencias das Comunidades Autónomas nin
as distintas peculiaridades e realidades históricas recoñecidas nos respectivos
Estatutos de Autonomía e pon en perigo a prestación dos servizos sociais
básicos que tanto necesitan os cidadáns nestes momentos de dura crise
económica.
Pero ademais, supón obviar os compromisos internacionais adquiridos por
España coa firma da Carta Europea de Autonomía Local en 1985, que establece que
o contido do compromiso adquirido coa adhesión se manifesta en que as Entidades
locais teñan "liberdade plena" para exercer "a súa iniciativa en
toda materia que non estea excluída da súa competencia ou atribuída a outra
autoridade". Este desprezo en pouco coadxuva a manter unha credibilidade
exterior imprescindible en momentos de crise como a actual, máxime cando
claramente o modelo proposto non é nin máis eficaz nin máis económico.
Ao contrario, o modelo proposto polo goberno significará unha grande
ineficiencia na prestación de servizos básicos (recollida e tratamento residuos
sólidos, limpeza viaria, abastecemento domiciliario auga potable, acceso aos
núcleos de poboación e pavimentación das vías) pero tamén nas prestacións
sociais fundamentais para millóns de cidadáns. Servizos de atención domiciliaria,
teleasistencia, menores, minusvalidez, inclusión de inmigrantes, infancia,
dependencia, maiores... deixarán de ser prestados dende o coñecemento que
proporciona a proximidade, perderán a súa calidade e eventualmente poderían
deixar de dar cobertura a moitos cidadáns.
Por todo o anterior o pleno do Concello asume os seguintes:
ACORDOS
1.- O Concello de Cambre mostra
o seu rexeitamento á reforma da administración local e solicita ao Goberno da
nación que, co fin de evitar a intervención do Tribunal Constitucional, retire
o seu Proxecto de Lei e elabore un novo sobre a base dos principios de consenso
e dos compromisos políticos básicos, debendo contar coa participación das
administracións locais, tanto directamente como a través das Comunidades Autónomas
no ámbito das súas competencias.
2.- Dar traslado dos acordos aos Grupos Parlamentarios do Congreso dos
Deputados e ao Presidente do Goberno.
ROGOS.
1.- No pasado pleno municipal, ante
unha iniciativa do noso Grupo sobre as perdas de auga potable no concello, o concelleiro
responsable informaba dos problemas e
das conseguintes derramas en varios depósitos e
na propia rede de distribución polo mal estado. Para o Grupo Municipal de EU, resulta necesario e
urxente realizar un estudo sobre o estado da rede de instalacións do suministro de auga no
municipio, para coñecer os lugares
precisos onde se encontran as fugas e as cantidades perdídas, co fin de actuar
para correxir a situación.
-Polo exposto, PREGAMOS o
Goberno nos facilite os informes existentes,
e as actuacións que se están levando a cabo para dar solución os
problemas.
2.- O PXOM e
un documento imprescindible para o
futuro desenrolo do noso concello, xa se puxo de manifesto o incumprimento por parte das empresas
redactoras respecto os prazos e irregularidades existentes na súa elaboración e
trámite, que sin duda vai influir
directamente en que Cambre non teña aprobado o Plan de Urbanísmo na presente
Lexislatura.
Respecto a este grave problema, o noso xuizo existe pouca información
pública por parte do Goberno, dun tema que traerá graves consecuencias para o
concello e os seus veciñ@s,
-Polo exposto, PREGAMOS nos
informen da situación actual, e do mesmo xeito o Goberno facilite información a cidadanía mediante os medios
dispoñibles no concello.
3.- Tendo coñecemento das
queixas que os veciñ@s fan
chegar o noso Grupo municipal motivado o estado de inseguridade que se
produce no camiño que transcurre entre Cela e O Canal, que presenta lugares que
comportan perigro para a circulación rodada e peonil, consideramos que se debe correxir esta
situación e non teñamos que lamentar
ningún accidente, debido a que os vehiculos poden sairse da estrada, ou
atropellar algunha persoa.
Por esto presentamos o seguinte ROGO:
-Que o Goberno local adopte as medidas necesarias
con carácter urxente para que se
instalen quitamedos ou biondas, nos
lugares do camiño mencionados onde exista risco para a circulación de persoas e
vehiculos, co fin de evitar o perigro que supón polo reducido ancho do vial e
falta de visibilidade.
PREGUNTAS:
1.- Veñen sendo frecuentes as queixas sobre os
desperfectos existentes no Parque Infantil situado ó carón da Casa das
Palmeiras. De feito, froito dunha solicitude do noso Grupo Municipal,
recentemente téñense sustituído elementos de xogo que estaban en mal estado.
Hoxe voltamos a denunciar que, neste mesmo parque, hai, debaixo dos columpios
sendas pozas tan grandes que coa choiva se forman unhas charcas que os
inutilizan para o xogo. Sabemos que colocar un chan de “corcho” como nos novos
parques supón un desembolso determinado, pero neste caso, únicamente se trata
de levar algo de recheo para nivelar o chan e que se poida desfrutar dun parque
que, aínda que é pequeño, alberga gran cantidade de nenos.
-En base ó anteriormente exposto o noso Grupo Municipal PREGUNTA :
¿Cando pensa o Goberno tomar as
medidas necesarias para proceder a tapar e rechear as pozas dos columpios do
parque das Palmeiras?
2.- En
relación a Moción presentada polo concelleiro de Obras e servizos no pleno de setembro pasado, sobre a
supresión do paso a nivel en Cela, e a execución de beirarrúas na estrada
DP-1704. A petición do noso Grupo incluiuse solicitar a ADIF a execución dunha
senda peonil ou beirarrúa no camiño 0085.
-¿Poden informarnos en que situación se encontra dita
tramitación, e os posibles acordos?
3.- Veciñ@s das rúas Abeleira, Martin
Codax e Estanque, teñen denunciado a situación de abandono dos mencionados
viales por carecer de asfaltado e
pronunciados baches que dificultan a circulación. En este mesmo sentido
o noso Grupo ten presentado unha iniciativa nas Comisións Informativas do mes de outono do 2011.
Transcurridos mais de dous anos, a situación
de deterioro aumentou, sin que se teña feito ningunha actuación para
solucionar o problema
Polo exposto, o noso Grupo Municipal
pregunta:
¿Cal é o motivo polo que a dia de hoxe estas
rúas atopanse sin asfaltar, e para cando pensa o goberno levar a cabo a
reparación do problema?
COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS,
SERVIZOS E URBANÍSMO.
ROGOS:
1.- Tendo en conta os problemas de perigrosidade no camiño que transcurre entre Drozo e
Estorrentada a altura do número 34-A, é según consta no informe emitido pola
Policía local en relación a existencia de un montículo de terra que soporta un
poste do tendido eléctrico, impedindo a visibilidade aos vehiculos para a súa
incorporación o dito vial.
-PREGAMOS O Goberno local adopte
as medidas necesarias con carácter urxente, para para evitar o perigro de accidentes nunha via pública de
titularidade municipal.
PREGUNTAS:
1.- ¿Que medidas ten tomado o
Goberno, en referencia a solicitude presentada polo noso Grupo, sobre a seguridade
no cimeterio municipal de Cambre?
En CAMBRE, a 23 de
novembro de 2013.
Asdo: Grupo Municipal de “EU”
No hay comentarios:
Publicar un comentario