« Voltar aos resultados
01 de Novembro, 2013
A Xunta somete a exposición pública o proxecto do trazado da conexión entre A Barcala, a AP-9 e San Pedro de Nós
Os afectados ou calquer persoa poderá no prazo de trinta días facer as súas alegacións a este trazado
A Consellería de Infraestruturas expón desde hoxe o proxecto de trazado da obra de actuacións no ámbito metropolitano da Coruña Conexión DP-1706-AP-9 na Barcala e San Pedro de Nós-AP-9 (clave AC/09/029.01) co obxecto de sometala, segundo o determinado no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia
O trámite de información pública, trinta días hábiles, conta a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante as oficinas da Axencia Galega de Infraestruturas en Santiago de Compostela, as observacións que crean convenientes, relativas á concepción global do trazado da estrada. O Listaxe dos veciños afectados aparece na orde publicada hoxe no DOG. Póde consultar todo o expediente no enlace que aparece nesta nova.
- Ligazóns:
No hay comentarios:
Publicar un comentario