domingo, 22 de diciembre de 2013


                 GRUPO POLÍTICO MUNICIPAL .  Praza Europa,nº 7.  15660 (CAMBRE)
                                                                eu@cambre.org   Tlf.- 981-613313  

          UN CENTRO DE DIA PARA MAIORES  EN CAMBRE
                      ¡UNHA NECESIDADE URXENTE!

Para os que defendemos que a solidariedade debe ser un dos principios básicos de calquera actuación política responsable, parécenos fundamental que os cartos públicos teñan como principal destino a creación e mantemento de servizos que axuden a cubrir as carencias mais importantes dos colectivos sociais desfavorecidos ou con maiores problemas.

Para o Grupo municipal de Esquerda Unida, resulta verdadeiramente lamentable a desproporción entre a dimensión do Concello e a dos servizos sociais que presta . E, por poñer un exemplo, falaremos da carencia dun Centro de día para  persoas maiores.

¿Qué é un Centro de día?. De xeito resumido podería decir que é unha instalación onde as persoas maiores (a chamada “terceira edade”) podería asistir dende a mañán ata a noite, pero non só para permanecer alí pasivamente senón, sobre todo, para recibir todo tipo de atencións sociosanitarias. Así, o Centro de día disporía de comedor, terapia ocupacional, enfermería, asistencia social, etc. Sería preciso tamén crear un servizo de transporte para que poidan asistir a él persoas de zonas alonxadas do lugar onde estivese situado o centro, ou as que se atoparan con problemas de movilidades.

A diferencia fundamental entre un Centro de día e os chamados centros da terceira idade,é que estes últimos limítanse a ser lugares  onde as persoas van mentras o seu estado físico lle lo permite e cumplen  a función de proporcionarlles un espacio para pasalo ben. Pola contra, o Centro de día atende ás mesmas persoas prestandolles un maior grao de atencióne de servizos, pero a mais dalles a seguridade de seguilas asistindo cando ainda que vaian perdendo facultades físicas ou psíquicas e axudáas a manterse nas mellores condicións, evitando que teñan que acudir a unha residencia xeriátrica. Así pode prolongarse durante mais tempo a permanencia da persoa no seu propio medio ata que, polo seu deterioro, precisara unha atención especial sanitaria ou psiquiátrica. Co Centro de día resolveríanse importantes necesidades das persoas maiores: proporcionarlles unha atención especial que non é posible darlles individualmente nas súas casas, así como tamén aliviar problemas como a soedade e a limitación de medios económicos que moitas veces sofren.

O Grupo Municipal de EU, entende que a laboura do concello debe ser de atender os problemas reais das persoas. Non abonda con organizar festas  e excursións para as persoas maiores. Hai que poñer en marcha servizos necesarios para que os veciñ@s de Cambre teñamos asegurado unha vellez digna dentro do noso propio ambiente. A construcción deste Centro non é unha utopía irrealizable, sinón un servizo no que dispoñen no noso Pais moitos concellos de igual ou menor dimensión que o noso.

En definitiva, o Centro de día de Cambre pode construirse, ningún Goberno municipal debe ser alleo a esta necesidade longamente demandada. Dende o noso Grupo Municipal,  facemos da súa existencia un obxectivo común irrenunciable.
                                                                 
                                                                   

                         Asdo: Grupo Municipal de “EU” de Cambre

No hay comentarios: