AS DEPUTADAS DE EU, YOLANDA DÍAZ E EVA SOLLA, INTERPELARAN
NO PARLAMENTO GALEGO AO GOBERNO DO PP PARA QUE EXPLIQUE AS MEDIDAS DE PRESIÓN
QUE ESTÁ A EXERCER SOBRE O CADRO DE PERSOAL DO SERGAS
ESQUERDA
UNIDA CONSIDERA QUE A XUNTA ESTÁ A ATACAR OS DEREITOS DOS TRABALLADORES
PÚBLICOS SANITARIOS, ASÍ COMO OS DOS DOENTES
O COORDINADOR COMARCAL DE EU, CÉSAR SANTISO, INDICO
QUE “A XUNTA PRETENDE CERCENAR DEREITOS DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS PARA COLOCAR
NA ESTRUTURA DIRECTIVA AOS SEUS AMIGOS SEN atender aos criterios de
igualdade, mérito e capacidade”
A mesa sectorial aos
representantes dos traballadores e traballadoras do SERGAS rexeitou o decreto
polo que se quere crear a estrutura organizativa de xestión integrada que
pretende a alteración –léase degradación- dos dereitos e obrigas do persoal que
hoxendía se rexe polo estatuto marco 55/2003.
Esquerda Unida considera que a Xunta
está a atacar os dereitos dos traballadores públicos sanitarios, así como os
dos doentes. A manobra dos gobernos do PP pasa pola modificación do
Estatuto Marco para permitir a laboralización do persoal, o 25 de xullo, día da
patria galega, publicouse no BOE a lei 10/2013, de 24 de xullo, que traspón
unha directiva europea da troika. Así no artigo 65 bis, de servizos de xestión
clínica e nunha nova disposición transitoria oitava, desprotéxense no
fundamental aos traballadores e traballadoras que pasen a desenvolver funcións
de xestión clínica, os cales logo de pasados os tres primeiros anos nesa
función só terán dereito a computar o tempo a efectos de antigüidade.
Este borrador, logo de
pór as bases da futura privatización mediante o despezamento dos servizos
sanitarios en empresas concesionarias, deixa todo o demais interesadamente
aberto: non se clarexan as condicións de traballo, a mobilidade interna, os
traslados, os reingresos, ou o sistema retributivo, que apenas obedecerán a
outro criterio que o puro capricho arbitrario da dirección e a lóxica
implacable dos recortes economicistas.
As deputadas de EU, Yolanda Díaz
e Eva Solla, interpelaran no parlamento galego ao goberno do pp para que
explique as medidas de presión que está a exercer sobre o cadro de persoal do SERGAS, co seguinte tenor:
- Que medidas de presión está a desenvolver o goberno galego para facer
efectivo entre as traballadoras e traballadores o chamado “efecto arrastre” nas
verbas do responsable de asistencia sanitaria da consellaría?
- Que efectos se derivan, segundo coñece o goberno galego, da transposición
á nosa lexislación da lei 10/2013, de 24 de xullo?
- Non resta sen definir ulterior normativa para concretar a privatización
desas áreas de xestión clínica nas que se fragmentaría o SERGAS?
- Que estudos económicos e de plantilla elaborou o goberno galego para
fundamentar a elaboración deste decreto de áreas de xestión clínica?
- Como valora o goberno galego o rexeitamento xeralizado deste borrador de
decreto por parte das organizacións que representan aos traballadores e
traballadoras do sistema sanitario público galego? Vanse conseguir dos
orzamentos para as prestacións sanitarias? Vanse conseguir de ulteriores
recortes no salario do persoal do SERGAS?
- De onde agarda acadar os fondos para entregar incentivos ao persoal
segundo prevé o acordo de xestión clínica? Non semellan contradictorios tales
incentivos cos continuados recortes salariais impostos aos traballadores da
función pública?
- Acaso este decreto non se inxire na estratexia Sergas 2014 que na súa
visión estratéxica pretende a entrada neste sector das empresas privadas?
- Dados os negativos efectos que se desprenden do
borrador de decreto das áreas de xestión clínica tanto para a atención aos
doentes como para o persoal estatutario do SERGAS, non contempla o goberno
galego retirar o referido borrador de decreto?
O coordinador comarcal de EU, César
Santiso, indico que “a Xunta pretende cercenar dereitos dos traballadores e
traballadoras para colocar na estrutura directiva aos seus amigos sen atender aos
criterios de igualdade, mérito e capacidade”.
Consello
Comarcal da Coruña
Esquerda Unida
No hay comentarios:
Publicar un comentario