lunes, 20 de enero de 2014

Conxelación do Salario Mínimo

PDF
Correo-eImprimir
Alternativa Galega de Esquerda presentou unha Proposición non de lei na que insta ao goberno galego a rexeitar a conxelación do salario mínimo interprofesional proposto polo goberno central para este ano e elaborar as normas laborais oportunas que doten a Galicia dun marco normativo propio nesta materia que permitan dar solución ao problema.
Así mesmo, esixen a Xunta de Galicia que se dirixa ao goberno central para que leve a cabo as modificacións oportunas co obxectivo de blindar os incrementos mínimos do salario mínimo con respecto ao IPC interanual habilitando mecanismos legais que permitan acadar o 60 por cento do salario meido tal e como se comprometeu o estado na carta social europea.
O goberno central aprobou a conxelación do salario mínimo interprofesional para este ano, medida adoptada ao carón das novas subidas enerxéticas o que evidencia cales son as prioridades dos gobernos do Partido Popular centradas en favorecer as grandes multinacionais e a continuación espremer as clases populares. Esta inxusta decisión afecta a milleiros de galegos e galegas que perderán aínda máis poder adquisitivo e sitúan o salario mínimo por debaixo do limar da pobreza para as familias con máis dun membro.
Alternativa Galega de Esquerda asegura que se trata dunha medida antieconómica que retrae o consumo interno e que afonda na recesión e na crise económica polo que esixe ao goberno galego que amose o seu rexeitamento e adopte as medidas precisas para evitar as consecuencias negativas que terá no noso país.



                                      

No hay comentarios: