INICIATIVAS PRESENTADAS AO PLENO E COMISIÓNS INFORMATIVAS CORRESPONDENTES O MES DE XANEIRO (2014)
MOCION
DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA SOLICITANDO A RETIRADA DO ANTEPROXECTO DE
LEI DE PROTECCION DOS DEREITOS DO CONCIBIDO E DA MULLER EMBARAZADA DO PARTIDO
POPULAR.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O dereito a decidir das mulleres sobre a súa maternidade, non se pode
enmarcar nun debate alleo á libre decisión das mulleres. É un dereito
fundamental e, como tal, non pode ser obxecto de intercambio cos estamentos
relixiosos e sociais máis reaccionarios.
O dereito á interrupción voluntaria do embarazo, a libre decisión das
mulleres, sen interferencias, sen condicionantes, sen tutelas, nin
penalizacións, é un Dereito Fundamental.
En 1985, no noso país, co goberno do PSOE, produciuse unha
despenalización parcial e tiveron que pasar 25 anos, até 2010, para unha
reforma da lei de interrupción voluntaria do embarazo algo máis avanzada, pero
aínda con moitas limitacións.
Agora o PP expón un Anteproxecto restritivo e retrógrado que vulnera
dereitos e liberdades das mulleres en relación á súa capacidade de decisión
sobre a súa maternidade.
Fronte a iso é necesario unha lei:
Que contemple a prevención contra os embarazos non desexados cunha
educación sexual que percorra todos os estadios educativos, con perspectiva de
xénero.
Que permita ás mulleres interromper o seu embarazo no momento e polas
razóns que desexe, sen restricións, sen prazos e sen tutelas na sanidade
pública.
Que regule a obxección de conciencia para que esta non sexa unha
coartada da clase sanitaria máis reaccionaria.
Que elimine o aborto voluntario do código penal tanto para as mulleres
como para as e os profesionais sanitarios que o practican.
Que inclúa a cobertura da totalidade dos métodos anticonceptivos pola
sanidade pública.
Unha lei na que non sexa necesario de consentimento materno/paterno para
as mozas de 16-18 anos.
Que incorpore a formación en saúde sexual e reprodutiva, tanto no
ámbito sanitario como no educativo.
Que garanta a preparación do conxunto de profesionais para a práctica
da interrupción voluntaria do embarazo e que esta se inclúa nas carreiras de
medicina, enfermaría e outras profesións sociosanitarias.
Que non cuestione a capacidade das mulleres para tomar decisións sobre
a súa vida, senón que potencie a súa autonomía,
Que inclúa un protocolo común para a práctica da IVE no Sistema
Nacional de Saúde
Que garanta o equilibrio territorial.
POLO EXPOSTO O PLENO MUNICIPAL DO CONCELLO DE CAMBRE PROPÓN A ADOPCIÓN
DOS SEGUINTES ACORDOS:
1.- O rexeitamento do Anteproxecto de Lei de Protección
dos Dereitos do Concibido e da Muller Embarazada aprobado polo Consello de
Ministros/as porque restrinxe dereitos fundamentais das mulleres, solicitando a
súa retirada inmediata.
2.- O posicionamento a favor de que calquera reforma que se faga
sobre Lei Orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da
interrupción voluntaria do embarazo, estea encamiñada a ampliar os dereitos que
son fundamentais e específicos das mulleres, de forma que as mulleres poidan
decidir en sobre se queren ou non ser nais.
MOCIÓN DO GRUPO
MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA SOBRE A RECLAMACIÓN DAS “CLAUSULAS SUELO” DAS HIPOTÉCAS
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Unha parte importante das entidades financeiras bancarias, e Caixas de Aforro foron rescatadas polo Estado debido a sua mala xestión.
Os rescates a estas entidades supoñen unha carga
financeira para todas as persoas e familias do país, que ven disminuidos os
seus ingresos e encarecido o seu nivel de vida, debido en parte aos impostos
destinados a pagar os mencionados rescates.
As supostas refinanciacións e axudas que realizan as entidades cara aos seus clientes quedan moi lonxe do decreto de boas prácticas que suscriben, o que supón operacións co fin de facer negocio aproveitando a situación de desamparo dos seus clientes, así como a inclusión de novos avales que serán posteriormente desafiuzados xunto ao deudor principal no caso de non poder facer fronte á débeda.
As entidades rescatadas, en
tanto sobreviven gracias aos impostos das persoas, deben ser especialmente
sensibles ao sufrimento das mesmas, debido a que un dos motivos da crise
económica que vivimos, entre outros, é a mala xestión de ditas entidades, polo
que deben ofrecer solucións ás persoas, que lles permitan, ben sexa seguir pagando a sua hipoteca sin que supoña
unha carga imposible de levar, ben sexa con solucións para garantizar o dereito
á unha vivenda digna, así como o dereito a unha segunda oportunidade no caso da
dación en pago e a condonación da deuda.
A sentenza do 20 de marzo do 2013 do Tribunal Supremo pronúnciase sobre as “cláusulas suelo” nas
hipotecas.
O fallo da sentenza dispón a nulidade da conocida “cláusula suelo” nos contratos hipotecarios, vinculando
dita nulidade, a la falta de transparencia.
Este tipo de prácticas
bancarias afectan directamente a centos de miles de cidadáns
e o seu carácter abusivo foi declarado polo Tribunal de Xusticia da Unión
Europea, polo Tribunal Supremo, e antes, polos xulgados e audiencias
provinciais de toda España.
Non se trata de accións
puntuáis de determinada entidade financeira; son estratexias empresariais
desenvolvidas pola maioría das entidades financeiras do país, que obraron
durante anos impunemente, mentras mirábase cara outro lado por parte do Banco
de España e do Consejo Nacional del Mercado de Valores, que non actuaron fronte
a elas.
A a esta falta de actuación por
parte dos organismos de control, temos que sumarlle a falta de respostas dos
órganos de goberno, que acuden novamente na defensa da banca.
O efecto dos suelos
hipotecarios notase especialmente nos momentos como o actual, cando a
referencia sitúase en niveis históricamente baixos.
Por todo o exposto
anteriormente, O Grupo municipal de Esquerda Unida de Cambre entende que existe
unha gran desprotección dos cidadáns é que está nas mans dos poderes públicos,
entre eles as corporacións locais o deber de plantar cara a esta mala praxis
para conseguir a eliminación deste tipo de cláusulas, que determinan un mínimo
a pagar incluso cando os índices hipotecarios son inferiores.
A proposta de EU, non é máis
que poñer voz ao interés xeral de moitas familias que vense afectadas por
condicións abusivas das entidades financeiras, que na maioría dos casos
fóronlle impostas contribuindo á creación desta estafa que moitos chaman
crisis.
POR TODO EXPOSTO O GRUPO
MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:
1º.- Que o Concello de Cambre inste mediante a
remisión dunha carta ás entidades finaceiras situadas no municipio e que
firmaron hipotecas con cláusulas suelo, a que procedan de inmediato á anulación
de ditas cláusulas no caso de que aínda non fose realizado por elas mesmas.
2º.- Que esta corporación municipal inste ás
entidades financeiras a que se absteñan de vender ou mediar este tipo de
productos sen informar coa debida dilixencia e de forma clara aos compradores,
de que este tipo de cláusulas pode supoñer unha merma económica variable en
función do Euríbor.
3º.- Que o Concello colaborarará cos medios
necesarios para informar e asistir ás persoas afectadas polas cláusulas suelo
nas reclamacións ou queixas que tiveran que presentar para requerir a sua
eliminación en defensa dos seus dereitos como consumidores.
4º.- Reclamar ao Goberno Central a modificación
por vía de urxencia do R.D 1/2007 de 16 de novembro sobre defensa dos
consumidores, no sentido de introducir a consideración das clásulas suelo como
abusivas.
5º.- Dar traspaso do acordó aos efectos
correspondentes ao Congreso dos diputados e ao Parlamento de Galicia.
ROGOS:
1.- Según o informe da EDAR de Bens no que se revelan
graves efectos, dos que o mais grave é a existencia de fugas no emisario, entre
outras deficiencias, a determinación sobre quen vai ter que correr cos custes
das reparacions aínda é un dato que descoñecemos. Os custes dos que estamos a
falar que cubrirían as melloras necesarias na depuradora ascenden a mais de
700.000 euros sin contar coa reparación do emisario.
É un despropósito que se estea a discernir quen vai asumir estes gastos
cando hai só dous anos que se recepcionou unha obra que costou 112 millons de
euros. É imprescindible que se esixa a restituciòn inmediata das avarías
atopadas á empresa constructora, que entrega unha infraestructura defectuosa
pola que téñense que reclamar responsabilidades.
PREGAMOS:
-Nos informe o Sr. Alcalde qué
datos coñece respecto da situación dos custes a afrontar para a reparación das
deficiencias e quen os vai asumir, así como a postura que adoptará o Goberno de
Cambre no caso de que sexa a sociedade xestora da Edar, da que Cambre forma
parte.
2.- O noso Grupo xa
ten plantexado en varias ocasións a situación precaria na que se encontran distintas empresas que prestan servizos no
concello. Nos últimos anos, estamos asistindo (cando menos) o limbo xurídico no
que se están executando varios servizos. Para o Grupo de EU non é normal que
finalizado o contrato de xestión e as súas prorrogas correspondentes, as
empresas concesionarias sigan prestando o seu traballo sin a existencia dun
vinculo contractual; posto de manifesto
nos informes de Intervención nas memorias dos orzamentos anuais do concello,
ano tras ano.
Para o noso Grupo non ten xustificación a
demora na contratación, e creemos que o goberno municipal debe dar unha
explicación a cidadanía.
Por eso plantexamos o seguinte ROGO:
-Que O Sr. Alcalde, solicite a Secretaría Xeral do concello que emita un
informe aclarando as causas que impiden as mencionadas contratacións e a
maneira de proceder cando un contrato e as súas prórrogas concluien. Do mesmo
xeito informen sobre os tramites e xestións que se teñen realizado en este
sentido.
3.-
O noso Grupo Municipal xa ten plantexado en diversas ocasións o perigro que supón para a
circulación rodada e peonil a ausencia de iluminación na ponte da ría do Burgo, con beirarrúas deficitarias
e escasa capacidade para a circulación
de aproximadamente 70.000 vehiculos diarios. O conselleiro de Infraestructuras
da Xunta de Galicia, ten manifestado que as obras empezarian no pasado ano.
-PREGAMOS nos informen da situación do proxecto para a mellora
da seguridade viaria no menciona do lugar e o seu entorno.
PREGUNTAS:
1.- O pasado mes de decembro, o Goberno municipal puxo e
marcha unha campaña sobre prevención en materia de seguridade vial para persoas
maiores, co obxectivo de prever accidentes en vías públicas. Chama a atención
que lugares onde existe risco permanente de accidentes e como consecuencia
denunciado polo noso Grupo, non se teñan tomado as medidas axeitadas para dar
solución os problemas, estamos a referirnos o paso de peóns ubicado na Estrada
de Cambre o Temple (Volta das Carrozas), o situado no acceso autoestrada no
Temple, ou mesmamente a restructuración
do tráfico en varias vias do Temple.
Por esto PREGUNTAMOS:
-¿Para cando pensa
o Goberno dar solución a estes problemas?
2.- No pasado pleno do mes de decembro, aprobouse unha
nova taxa polo servizo da rede de sumidoiros, o noso Grupo plantexou a
posibilidade de que as familias con menos recursos poideran ter algún beneficio
fiscal, do mesmo xeito que o establecido na Ordenanza polo servizo da Rede de Sumidoiros.
-¿Poden informarnos das
valoracións feitas polo Goberno en relación a este tema, e das determinacións
que pensan tomar?
3.- O Goberno do concello
mediante a concelleira responsable de urbanísmo trasladou os grupos da
oposición un borrador de Ordenanza de Instalación
de Terrazas de hostalería nas vías públicas e espacios privados de uso público
do município .
Trancurrido mais de un ano non temos
coñecemento do estado de
elaboración do mencionado documento nin
dos motivos que impiden o Goberno o seu
tratamento para a posterior aprobación.
-¿Para cando ten previsto o Goberno a presentación da Ordenanza que
regule a instalación de terrazas?
COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS,
SERVIZOS E URBANÍSMO
ROGOS:
1.- PREGAMOS se tomen as medidas
axeitadas para unha correcta ubicación da sinal de STOP no camiño que
transcurre dende San Lourenzo a Andeiro no lugar de Pazos.
PREGUNTAS:
1.- O concello conta con
un aparello elavador no cimiterio de Cambre, que na actualidade non se está
utilizando.
-¿Poden informarnos
dos motivos que impiden o seu funcionamento?
COMISIÓN INFORMATIVA DE
SEGURIDADE CIDADÁ, MOBILIDADE,
CULTURA E TURISMO
PREGUNTAS:
1.- A Cabalgata de reises e unha tradición que que
fomenta a ilusión entre os nen@s do concello. O acontecido o pasado 5 de
xaneiro foi motivo de críticas, que moitos
non dudaron en calificalo “como unha tomadura de pelo” sobre todo
por non ter rematado no polideportivo de
Cambre, lugar que o noso Grupo considera
axeitado, tendo en conta a situación climatóloxica desa data.
-¿Pode infarmarnos o
Goberno do motivo ou motivos que
impediron que a cabalgata non rematara nas instalacións deportivas de Cambre, e
do custo da instalación das carpas no campo da feira previstas para o evento?
En
Cambre, a 25 de xaneiro de 2014
Asdo: O Voceiro
do Grupo
No hay comentarios:
Publicar un comentario