domingo, 26 de enero de 2014

NOTA INFORMATIVA DE “ESQUERDA UNIDA” DE CAMBRE

(Moción “Clausulas Suelo” Hipotecas)

Entre outras  iniciativas  o Grupo Municipal de Esquerda Unida, presentará unha Moción para o próximo pleno sobre a reclamación as entidades financieras do concello, a anulación inmediata de todas as “clausulas suelo” dos contratos Hpotecarios que teñen suscrito cos veciñ@s da localidade e a devolución do “inxustamente cobrado de mais” por esta vía.

A nosa formación política, entende que existe unha gran desprotección dos cidadáns é que está nas mans dos poderes públicos, entre eles as corporacións locais o deber de plantar cara a esta mala praxis para conseguir a eliminación deste tipo de cláusulas, que determinan un mínimo a pagar incluso cando os índices hipotecarios son inferiores.

A proposta de EU non é máis que poñer voz ao interés xeral de moitas familias que vense afectadas por condicións abusivas das entidades financeiras, que na maioría dos casos fóronlle impostas contribuindo á creación desta estafa que moitos chaman crisis.

Unha das propostas de acordo da Moción, consiste en  que o Concello colaborarará cos medios necesarios para informar e asistir ás persoas afectadas polas “cláusulas suelo” nas reclamacións ou queixas que tiveran que presentar para requeir a sua eliminación en defensa dos seus dereitos como consumidores.

Esta iniciativa forma parte dunha campaña  tanto a nivel institucional como de información e asesoramento  aos afectados,  EU de Cambre, poñerá os seus locais a disposición dos veciñ@s  co fin de asesorar, xestionar e facilitar a documentación para que os afectados poidan presentar a súa reclamación. Así, o noso local municipal na rúa Praza Europa 7,  estará aberto os xoves de 19:00 a 21:00 horas, e a nosa sede na R/ Cruceiro os domingos de feira de 11.00 a 13:00 horas.

                           Asdo: Grupo Municipal de EU de Cambre


  
                      ESQUERDA UNIDA

                         INFORMA:


CONOCE OS TEUS DEREITOS FRENTE OS ABUSOS BANCARIOS: CLÁUSULAS SUELO EN IPOTÉCAS.

 -Si tes unha hipotéca e a túa cuota nunca baixa?

 -O mais probable é que teñas unha cláusula suelo

Si non sabes ou aínda non tes claro que é a cláusula do suelo, podes acudir a informarte o domingo dia 19 de 11:00 a 13:00 horas no noso local na R/ Cruceiro, ou os xoves de 19:00 a 21:00 no local municipal na Praza Europa,7.

No hay comentarios: