domingo, 16 de febrero de 2014


CAMPAÑA DE “ESQUERDA UNIDA” DE CAMBRE PARA DENUNCIAR A DIFICULTADE PARA PEDIR CITA NO SERVICIO DE ATENCIÓN TELEFÓNICA DO “SERGAS”

Conseguir unha cita no Centro de Saúde de Cambre mediante o sistema de atención teléfonica  implantado polo SERGAS, convirtese nun verdadeiro obstáculo para os usuarios, sobre todo pàra as persoas maiores. As queixas baséanse fundamentalmente no elevado custo que supón unha chamada a un servizo 902, así como polo molesto que resulta ir seleccionando as diferentes opcións do menú ata chegar a pedir a cita, algo que para moitas persoas supón unha obriga de desprazarse fisicamente ata o centro.


Esquerda Unida recolleu firmas na feira de Cambre, é continuará coa campaña instalando mesas informativas en distintos lugares do Concello, rexeitando o sistema.



No hay comentarios: