CON MOTIVO DA APROBACIÓN DA MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO
MUNICIPAL DE "ESQUERDA UNIDA”
INFORMACION SOBRE A
RECUPERACIÓN DAS CLÁUSULAS DO SOLO
Esta
cláusula solo foi declarada como nula polo Tribunal Supremo nos casos de falta
de transparencia.
Unha
recente sentenza do Tribunal Supremo determina os criterios para a valoración
da posible abusividade das cláusulas de solo establecendo que son abusivas
sempre que non sexan debidamente informadas. Resolve a non recuperación do
importe abonado indebidamente.
Sentenza Nº: 241/2013 de 09/05/2013.
Di a Sentenza:
1.- As cláusulas chan son lícitas sempre que a súa transparencia permita ao
consumidor identificar a cláusula como definidora do obxecto principal do
contrato e coñecer o real reparto de riscos da variabilidade dos tipos.
2.- Corresponde á iniciativa empresarial fixar o interese ao que presta o
diñeiro e deseñar a oferta comercial dentro dos límites fixados polo
legislador, pero tamén lle corresponde comunicar de forma clara, comprensible e
destacada a oferta.
3.- Para valorar o equilibrio das cláusulas adoito carentes de claridade, debe
atenderse ao real reparto de riscos da variabilidade dos tipos en abstracto.
4.- No caso concreto que se estuda, a sentenza determina:
...a) Procede condenar ás demandadas a eliminar dos seus contratos as cláusulas
examinadas na forma e modo na que se utilizan.
b) Igualmente procede condenar ás demandadas a absterse de utilizalas en diante
na forma e modo na que se utilizan.
c) Os contratos en vigor, seguirán sendo obligatorios para as partes nos mesmos
términos sen as cláusulas abusivas.
Arquivos:
Ligazóns:
No hay comentarios:
Publicar un comentario