COMUNICADO DE PRENSA
O CONSELLO COMARCAL DE EU ANIMA A TÓDOLOS VECIÑOS A DAR A BATALLA POR
UNHA SANIDADE PÚBLICA, GRATUÍTA, UNIVERSAL E DE CALIDADE
ESQUERDA UNIDA PARTICIPARÁ CON FAIXA PROPIA NA MANIFESTACIÓN
CONVOCADA EN DEFENSA DA SANIDADE QUE TERÁ LUGAR O DÍA 26
O COORDINADOR COMARCAL DE EU, INDICOU QUE “SE NON OS PARAMOS CADA DÍA
IRÁN MÁIS LONXE. O PP XA PRIVATIZOU OS SERVIZOS DE LIMPEZA, ARQUIVOS,
SUBMINISTRO DE ALMACÉN, MANTEMENTO, ELECTROMENCIÑA, LAVANDERÍA, OS
INFORMES TÉCNICOS E AUDITORÍAS, O SERVIZO DE CITA É AGORA PRETENDE FACER O
MESMO COAS ÁREAS DE XESTIÓN CLÍNICA E OS SERVIZOS DE ESTERILIZACIÓN”
A Xunta de Galicia e o Goberno central están impulsando as privatizacións; en tan pouco
tempo, nunca un goberno fixera tanto dano á Sanidade Pública e as garantías de servizo
aos usuarias e usuarios.
Esquerda Unida participará na manifestación cidadá convocada en defensa da
sanidade que terá lugar o día 26 de marzo ás 20:00h con saída dende a Casa do
Mar. Estamos en tempos de excepción, nos que cómpre loitar conxuntamente polos
dereitos que ata fai pouco dábamos por supostos. Creemos que a mobilización social é
necesaria, xunto cos traballadores e traballadoras da sanidade, pois só unha grande
alianza social pode combater os esforzos privatizadores do goberno contra a sanidade
pública, aínda a pesares de que demostrou ser máis eficiente e económica que a dos
países onde a atención sanitaria está privatizada.
O coordinador comarcal de EU, César Santiso, indicou que “se non os paramos
cada día irán máis lonxe. O PP xa privatizou os servizos de limpeza, arquivos,
subministro de almacén, mantemento, electromenciña, lavandería, os informes
técnicos e auditorías, o servizo de cita é agora pretende facer o mesmo coas
áreas de xestión clínica e os servizos de esterilización”. A privatización do servizo
de esterilización do Sergas pon en risco a saúde dos cidadáns e traerá graves
consecuencias da calidade asistencial do servizo público de saúde. Non existe ningún
informe económico que avale esta privatización como recoñecen os propios responsables
económicos do Sergas, polo tanto é unha decisión única e exclusivamente política do PP
para beneficiar as súas empresas amigas. Unha decisión que non ten nada que ver coa
calidade e eficiencia do servizo, e dende logo moito menos con datos económicos.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida - Os Verdes anima a tódolos veciños a dar
a batalla por unha sanidade pública, gratuíta, universal e de calidade. Coa
coartada de reducir o gasto público para pagar a bancos e especuladores internacionais a
Xunta de Galicia está pechando hospitais, centros de saúde, laboratorios, servizos de
ambulancias, reducindo persoal sanitario e precarizando as condicións de traballo nos
centros sanitarios. Temos que defendernos por medio da mobilización social, sindical e
institucional para dar resposta ás políticas que tentan lucrar a uns poucos a costa de
privar dos seus dereitos ao conxunto da cidadanía.
Consello Comarcal da Coruña
Esquerda Unida
No hay comentarios:
Publicar un comentario