jueves, 27 de marzo de 2014


Un millar de peluqueros protestan por la subida del IVA




Un millar de peluqueros protestan por la subida del IVA



"EU" DE CAMBRE PRESENTARÁ HOXE NO PLENO UNHA MOCIÓN PARA O APOIO Á PROTESTA CONTRA A SUBA DO IVE DAS PERRUQUERIAS


EU de Cambre, manifestamos o noso apoio incondicional a un sector que ven sendo castigado coa suba do IVE a un 21%, algo que está orixinando o peche de moitos salóns, a destrucción de emprego e o incremento de economía sumerxida xa que moitos profesionais vense obrigados a prestar os servizos nas casas, fora da legalidade, algo que perxudica tanto @s propi@s perruqueir@s, como ó erario público por deixar de asumir o pago de impostos.

O texto da Moción que EU vai presentar ante o Pleno da corporación na sesión de hoxe é o que transcribimos.



MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA, SOLICITANDO O GOBERNO CENTRAL A APLICACIÓN DO IVE REDUCIDO AO SECTOR DE PERRUQUERIAS.


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Recentemente, un número importante de perruqueiros/as da comarca de A Coruña, convocaron mobilizacións no sector, co fin de abrir un diálogo coa Axencia Tributaria para  paliar as perdas pola aplicación do tipo impositivo   (IVE) do 21%, medida que entrou en vigor a partir do 1 de setembro de 2012, o que ten  provocado o peche do 18% dos seus negocios.

O sector de perruquería, tiña no conxunto do Estado a aplicación do tipo de IVE reducido, dende o ano 2.000. Esta medida propiciou que dito sector medrara en postos de traballo e na creación de empresas, soportando ata o ano 2.012 a crise sen caida de emprego neto.

Nembargantes, ó sector (o igual que outros colectivos como ó da cultura), o Goberno do Partido Popular impúxolles un esforzo insuperable. Co incremento do IVE aplicable aos servizos de perruqueria, do 8% de tipo reducido vixente en 2012 o 21% novo tipo xeral, obrigóuselles a repercutir esta importante suba nas tarifas de prezos ou asumir este incremento, como novo gasto de actividade, reducindo ainda mais a marxe empresarial.

Este colectivo durante anos previos demostrou que contribuiu á creación dun importante número de postos de traballo e empresas con cualificación de traballador@s e modernización das estructuras empresariais, conseguiu xerar riqueza e emprego; o noso Concello pode ser un exemplo neste senso.  

A realidade contrastada con estudos realizados por empresas expertas, da como resultado que pecharon mais de 8.000 locais  no ano 2013 e previsiblemente 5.600 empresas do sector en 2014, de non revertirse esta tendencia.

Según varios estudos, antes da adopción desta medida, identificábanse 48.000 perruquerías activas en España. Tras o incremento do IVE, contabilizábanse 40.000, producíndose unha preocupante perda de emprego do 30%, que se traduce alomenos en 20.000 postos de traballo directos e a posibilidade de 14.000 mais en 2014, ademais das grandes dificuldades da rendabilidade das empresas que dificilmente se manteñen abertas.

Este sector precisa ser escoitado polas diferentes administracións, para coñecer a súa realidade, o seu criterio e por suposto as dificuldades que atravesan as empresas ás que representan, conformando o 90% do tecido empresarial do propio sector. Con estas medidas, son as “pequenas” empresas con un autónomo  ou dous ou tres traballador@s, as que se ven abocadas á reducción da actividade ou o peche.

POLO EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

PRIMEIRO.- O concello de Cambre pronúnciase contra a suba do IVE ao 21%  que se ven aplicando ó sector de perruquería.

SEGUNDO.- Solicitar ao Goberno central que volva ó tipo reducido de IVE, do 10% actual, subsanando o dano causado ás empresas, de xeito que poidan reiniciar a súa recuperación e voltar á creación de emprego e mantemento da actividade.

TERCEIRO.- Establecer mecanismos de encontro entre o sector e o Concello, para conciliar os diferentes plantexamentos que sobre a súa fiscalidade indirecta se estableceron, ademais do relacionado cos impostos locais , licencias de apertura de establecementos e cantos outros puideran ser de competencia municipal e afectar o sector.

                     

ROGOS:

 

1.- Tendo en conta o informe elaborado pola empresa concesionario  do servizo de augas, en relación as averias   que se estan producindo dende o ano 2011. Entende o noso Grupo que é necesario e urxente coñecer a auga que por diversos motivos se está perdendo e que supón un importe económico para os veciñ@s de Cambre.

-Polo exposto, PREGAMOS se nos informe   dos metros cúbicos de auga perdidos (e non cobrados) nos últimos dous anos, motivado a roturas e outros problemas.

 

 

PREGUNTAS:

1.- O pasado dia 13 veciños do Temple denunciaron ante a nosa organización o estado das augas do regato de San Pedro, nas inmediacións do poligono do Temple. Comprobado este feito, onde se observou o deterioro das augas, que semellaban un verquido incontrolado de procedencia descoñecida, o que contribuie dun xeito importante o deterioro medioambiental do rio e como consecuencia  a contaminación do entorno e da propia   ría de O Burgo, dando unha imaxe e impacto negativa para o noso Concello.

Por esto PREGUNTAMOS:

-¿Tense aberto algún  expediente ou actuación para localizar os responsables destes verquidos, e que medidas se van a tomar para controlar estas irregularidades?
   

COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANISMO

ROGOS:

1.- Varios veciños e veciñas do Temple, usuarios do parque Ramón Barba, puxéronse en contacto co noso GM, denunciando que por varias ocasions veñen detectando que se realizan fumigacions no parque e que non se avisan, sendo os propios veciños que as presencian os que alertan ós usuarios que acuden con nenos pequenos do perigo que corren se os deixan xogar pola herba ou preto das árbores.

Confírmannos, asimesmo, que non é un feito aillado senon que en varias ocasions presenciaron as fumigacions sen que se colocara nungún cartaz informativo.

-Pregamos  nos informe se o Goberno está ó tanto desta situación e  se existe orde de comunicación ou sinalización nos xardins nos que se fumiga.


PREGUNTAS:

1.- ¿En que situación se encontra o proxecto de urbanización das rúas Abeleira, Martín Codax e Estanque, así como a execución dos avais bancarios para tal fin?

 

                      
                         En CAMBRE, a 22 de marzo de 2014
                  Grupo Municipal de "Esquerda Unida" de Cambre



No hay comentarios: