jueves, 13 de marzo de 2014

Inscrición para participar no Consello Sectorial de Benestar Social

O prazo de inscrición rematará o 31 de marzo de 2014

As persoas maiores de 18 anos que manifesten interese nas materias de Servizos Sociais, Igualdade, Sanidade e Educación poderán inscribirse para participar no Consello Sectorial de Benestar Social. Para elo deberán presentar unha instancia por calquera dos rexistros de entrada municipais motivando o seu interese en participar. Tamén poderán inscribirse dirixindo un e-mail ao enderezo participacioncidada@cambre.org solicitando a participación no Consello Sectorial e motivando a mesma, achegando os seguintes datos: nome e apelidos, enderezo, DNI, data de nacemento e número de teléfono de contacto.
O prazo de inscrición rematará o próximo luns 31 de marzo de 2014.

PARTICIPA!!

participacion ciudadana

No hay comentarios: