COMISIÓN POLA RECUPERACIÓN DA
MEMORIA HISTÓRICA DA CORUÑA
Día da REPÚBLICA – 14 DE ABRIL
DE 2014
Actos da Semana do Día da
República
Xoves, 10 de abril.
19'30 h. : PRESENTACIÓN DA REPUBLICANA DE HONRA
2014 : AURORA MARCO
Local da Real Academia Galega, (Rúa Tabernas,
11)
Intervirán:
- Un representante da Comisión
pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.
-
Un representante da Real Academia Galega (posiblemente, o seu presidente, Xesús Alonso Montero)
-
Bernardo Máiz, historiador.
-
Aurora Marco, investigadora e historiadora, REPUBLICANA DE HONRA 2014.
Venres, 11 de abril
19'00 h.: HOMENAXE ÁS VÍTIMAS DO FRANQUISMO NA
COMARCA DA CORUÑA. OFRENDA FLORAL NO MEMORIAL DA AVENIDA DE
NAVARRA.
20'30 h.: HOTEL RIAZOR. PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL
DIRIXIDO POR PABLO CES E CON GUIÓN DE AURORA MARCO “AS
SILENCIADAS”
21'30h.: HOTEL RIAZOR. CEA DA REPÚBLICA 2014.
Para esta Cea da República, podes anotarte no
teléfono 607506231 (Sonia Sáinz), ou no correo soniasainz@pcarrier.com, indicando
sempre a túa preferencia para a cea (de segundo prato, carne, peixe, ou menú
vexetariano). Pero terás que facelo antes do día 8 de abril (por
necesidades da cociña), xa que se o fás logo desa data, poderás asistir a esa
cea, pero non estará garantida a túa preferencia no segundo prato.
Para pagar, podes facelo no hotel Riazor, na mesma
cea. O prezo é de 20 euros por persoa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario