INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DE "ESQUERDA UNIDA" AO PLENO E COMISIÓNS DO MES DE ABRIL.
MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA SOBRE A PETICIÓN DA MEDALLA
DE OURO DA XUNTA DE GALICIA PARA O OBRADOIRO DE GAITAS “SEIVANE”
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
A Medalla
de Galicia é
unha distinción de honra que concede a Xunta
de Galicia a persoas
ou institucións polos seus méritos ao servizo de Galicia en
calquera aspecto da realidade social, cultural ou económica.
O dia 25 de marzo do presente ano, o Obradoiro de gaitas “Seivane”, acadou
o máximo galardón dos Premios Nacionais de Artesanía, convocado
polo Ministerio de Industria, Enerxía e
Turismo.
O Obradoiro de
gaitas “Seivane”,
ten a súa
orixe en 1939 cando o seu fundador, Xosé Manuel Seivane Rivas, elaborou a súa
primeira gaita, nunha época na que moi poucas persoas reunían a dobre condición
de constructor de gaitas e gaitero. Os seus fillos, Álvaro e Xosé Manuel,
seguiron os seus pasos e decidiron traballar xuntos no obradoiro familiar,
impulsando así unha empresa pioneira en Galicia que modernizou os sistemas
constructivos e que investiga todos os aspectos relacionados coa gaita para
ofrecer un produto de calidade. Na actualidade algúns netos do fundador
traballan no negocio familiar, asegurando así a continuidade dun oficio con
décadas de tradición.
No transcurso de
75 anos, poderían enumerarse infinidade de feitos e actuacións levadas a cabo
por esta familia de artesáns na súa
aposta decidida en favor da
cultura do noso Pais. As gaitas dos “Seivane”, elaboradas no seu obradoiro en
Cambre, pulan por todo o mundo emitido un son inconfundible…o son de Galicia.
Dende o noso compromiso cidadán como Grupo político, non resulta dificil
facer unha exposición e argumentacións da figura dos Seivane, que ben poderíamos
resumilo na seguinte frase… “un modelo de éxito baseado na honestidade,
un factor elemental e imprescindible para que un producto sexa apreciado e
recoñecido”, (testimuña de
Manuel González, Presidente da Asociación Galega de Artesáns), recollido na revista Guieiros
da Asociación Cultural Xermolos no seu número 14, adicado a Xosé Manuel Seivane
Rivas.
É, para o noso Grupo municipal, unha enorme satisfacción
como representantes dos veciñ@s de Cambre, que
persoas cunha traxectoria profesional intachable no eido da artesanía e da cultura, sexan propostos por esta
Corporación para este galardón, como un recoñecemento a unha familia, a un
apelido é a un traballo, poñendo en valor
a artesanía galega con profunda
semente no noso concello. Grazas a esta familia, a terra dos verdes castros
consegue aumentar a súa proxección internacional que os cambres@s sentimos con
orgullo e admiración.
O Obradoiro de gaitas “Seivane”, configurase cun patrimonio e capital humán importantisimo. A
familia e os traballador@s, merecen o noso xuizo un recoñecemento pola
permanente e intensa labor desenrolada,
tanto pola súa obra artesán e cultural,
como polo seu compromiso en defensa e promoción dos valores
tradicionais do folclore galego,
tendo a súa expresión no instrumento mais tradicional “a gaita galega”.
Ante unha realidade que xa forma parte da historia
recente do noso concello.
O GRUPO MUNICIPAL DE “ESQUERDA UNIDA” PROPÓN AO PLENO DA
CORPORACIÓN A ADOPCIÓN DO SEGUINTE ACORDO:
ÚNICO.- Se inicie un expediente por
parte do Goberno, co fin de solicitar
a Xunta de Galicia a concesión da Medalla de ouro de Galicia, o obradoiro de
gaitas da familia Seivane en Cambre.
MOCION DO GRUPO MUNICIPAL
DE ESQUERDA UNIDA CONTRA A PRIVATIZACION DO REXISTRO CIVIL.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
O Rexistro Civil creouse no ano 1870 como consecuencia da revolución de 1868 que trouxo a I República co seu laicismo, separando a Igrexa do Estado, ata entón era só a Igrexa quen inscribía os nacementos.
O Goberno español, e en concreto o seu ministro de Xustiza, está tramitando un anteproyecto de lei para privatizar o Rexistro Civil, e traspasar esta competencia aos rexistradores da propiedade. Hai que recordar que os rexistradores viron diminuír os seus ingresos co fin da burbulla inmobiliaria, e que o propio Mariano Rajoy é rexistrador da propiedade en excedencia.
As administracións públicas, central e autonómicas investiron nos últimos anos centos de millóns de euros para informatizar o Rexistro Civil, diñeiro que será regalado ou dilapidado con esta privatización.
Esta privatización supoñerá para a cidadanía graves prexuízos:
- Terán que pagar por servizos que ata a data eran gratuitos: inscripciones de vodas, nacementos, defuncións,…etc. Créase un novo copago ou repago.
- Terán que desprazarse para obter un servizo que ata agora se prestaba no seu municipio. Na maioría de municipios non existe Rexistro da Propiedade, e haberá que desprazarse a aquel municipio que o teña para poder realizar trámites imprescindibles para a vida de calquera. Ademais esta privatización supoñerá a desaparición da inmensa maioría dos xulgados de paz, ao privárselles da súa principal función, coa consiguiente perda de emprego público e de servizos de proximidade.
POLO EXPOSTO, O GRUPO MUNICIPAL DE “ESQUERDEA UNIDA” PROPÓN AO PLENO DO CONCELLO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:
PRIMEIRO.- O Concello de Cambre manifesta a necesidade de que o Rexistro Civil se
mantéña tal e como está na actualidade prestando un servizo gratuito e público
á cidadanía.
SEGUNDO.- O Concello de Cambre apoia e valora a necesidade de que os xulgados de
paz continúen prestando os seus servizos de forma directa, sen ver diminuídos
os seus recursos e competencias, e insta á sociedade e ao Goberno da Xunta de
Galicia á defensa do Rexistro Civil como servizo público e gratuito, que
asegure a axilidade e facilitación dos trámites que debe realizar a cidadanía,
asumindo as competencias de carácter executivo que corresponden ás CCAA nesta
materia de conformidad co previsto na Lei 20/2011, de Rexistro Civil.
TERCEIRO.- O Concello de Cambre insta ao Goberno Central á retirada do anteproyecto
de lei do Ministerio de Xustiza que prevé a privatización do Rexistro Civil e
impulsará a desaparición dos xulgados de paz.
CUARTO.- Dar traslado destes acordos ao Goberno Central, aos diferentes Grupos Parlamentarios do Congreso dos Deputados, ao Goberno da Xunta de Galicia e aos/as traballadores/as do Rexistro Civil de Cambre.
CUARTO.- Dar traslado destes acordos ao Goberno Central, aos diferentes Grupos Parlamentarios do Congreso dos Deputados, ao Goberno da Xunta de Galicia e aos/as traballadores/as do Rexistro Civil de Cambre.
En CAMBRE, a 16
de abril de 2014
ROGOS:
1.- Según nos consta, por información que se nos
traslada a miúdo ó noso Grupo Municipal, o aseo de uso público recentemente
ubicado no parque Ramón Barba do Temple, solicitado polo noso Grupo Municipal,
tivo e ten unha moi boa acollida entre os usuarios do parque. Igualmente nos
están a chegar múltiples demandas relativas á instalación doutro aseo público
no parque infantil ubicado no paseo marítimo do temple. Son moitísimas as
persoas que diariamente dan uso desta zona de xogos e dende EU queremos dar
traslado ó Goberno desta demanda.
-PREGAMOS, se proceda á instalación dun aseo
público no parque infantil do paseo marítimo do Temple.
2.- PREGAMOS nos informen da xuntanza mantida
polo concelleiro delegado de Deportes Xuventude e Voluntariado, coa directora
de Mobilidade, respecto dos diferentes problemas existentes co transporte
público no concello.
3.- O pasado dia 10 deron comenzo as obras para
executar o proxecto de ampliación da ponte do Burgo. En vista que a marquesiña
da parada do bus situada nas inmediacións, foi retirada como consecuencia de un
accidente, trancurridos aproximadamente dous meses non se ten reposto a
infraestructura, recoñecendo o Goberno a dificultade para habilitar un espacio
para nova ubicación.
-Polo exposto PREGAMOS o Goberno solicite
información e estudos, sobre a posibilidade de habilitar un novo espacio para
instalación da marquesiña no entorno do Paraguas se o propio proxecto e as
condicións da obra o permiten.
PREGUNTAS:
1.- Pode informarnos o Goberno, en que fase se
encontra a execución da memoria valorada, consistente na mellorar da seguridade
vial no punto kilométrico 4+430 da estrada AC -214 o seu paso por Pravio?
2.- En varios puntos do Temple algún veciño de forma
anónima ten instalado papeleiras en lugares nos que previsiblemente faltaron as
orixinais e nunca mais se repuxeron. Nas propias papeleiras està escrita a
queixa que, quen as coloca fai. Concretamente na que se atopa nas inmediaciones
da pista de tenis di que leva dende 2010 sen repoñer e na da Costa da Tapia
fálase de tres anos.
-Ten pensado o goberno repoñer as papeleiras?
3.- Temos constancia de que se teñen presentado de xeito escrito a través do registro, varias solicitudes para a ubicación de un ou dous bancos na beirarrúa que se atopa enfrente do local sociocultural do Graxal. O motivo de dita petición é que en moitas ocasións, e con motivo de actividades ou actos que se realizan en dito local, hai persoas agardando fora a que comece a actividade ou acto en cuestión e non hai ningún lugar onde poder sentarse. -¿Ten constancia o Goberno de estas solicitudes e ten previsto instalar o banco ou bancos
COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANISMO
PREGUNTA:
2.- En varias ocasións os grupos da
oposición temos plantexado a carencia de mobiliario urbano no Campo da
Feira, co fin de mellorar a imaxen e
disfrute do espacio.
-¿Ten previsto o
Goberno a instalación de bancos, que sexa compatible coa actividade da feira e
outros eventos?
En CAMBRE, a 16 de abril de 2014
Asdo: Grupo Municipal de “EU”
No hay comentarios:
Publicar un comentario