INICIATIVAS DO GRUPO AO PLENO E COMISIÓN INFORMATIVAS MAIO 2014
ROGOS:
1.- O artigo 70 da LBRL
establece o deber que pesa sobre os
Concellos de facilitar a efectiva participación dos veciños nos asuntos da
vida pública local.
Concellos de facilitar a efectiva participación dos veciños nos asuntos da
vida pública local.
- PREGAMOS se leven a cabo os mecanismos
necesarios para que os ciudadáns poidan intervir nos plenos municipais,
establecendo un turno de rogos e preguntas para o público asistente, sobre
asuntos de interés municipal, según o
establecido no artigo 20 do RPC do concello.
2.- As festas
de agosto en Cambre, teñen recibido por parte dos veciñ@s diversas
críticas e rexeitamento sobre o modelo organizativo, que excluie en gran medida
as distintas entidades cidadáns sin ánimo de lucro do concello.
Considera o noso Grupo que para ter unhas festas patronais que
satisfagan aos veciñ@s e a cidadanía que concurre a Cambre en estas datas, non
é necesario realizar gastos desorbitados, sobre en todo no contexto de crise
como o actual, senón que mediante a participación cidadán poidamos obter
resultados mais satisfactorios.
Somos
conscientes que a tarefa non é facil, pero o Goberno e o conxunto da Corporación
temos a obriga de facilitar os veciñ@s de Cambre o poder intervir dun xeito
mais directo, e sobre todo promovendo mecanismos de participación para poder
facer propostas e aportar ideas.
O noso Grupo, xa ten
cuestionado a este, e a outros gobernos a ausencia dos canles necesarios para
incentivar e facer atractiva a participación en temas de interés público, en
este caso “as festas de Cambre” .
Chama a atención que a falta
de escasos tres meses para as festas de
Santa Maria en Cambre e o propio Rock in
Cambre, e tendo en conta as experiencias anteriores, non se teña informado
das previsións e organización dos eventos os grupos da oposición e o texido asociativo para mostrar as liñas
organizativas, e así correxir problemas
xurdidos en anos anteriores.
-Polo exposto PREGAMOS
nos informen sobre os programas das festas de Cambre, do Rock
in Cambre, e si existiu ou existe colaboración e participación dos veciñ@s na
elaboración de ditos programas.
3.- Veciños
da zona próxima a Villa Concepción, comunícannos que as árbores que se atopan
nas inmediacións da Vila, colocadas ó longo da beirarrúa, como parte das obras
de restauración deste edificio, non están sendo regadas e coidadas tal e como
se debe facer.
-PREGAMOS se
nos informe desta situación e en qué medida consta que ditas árbores están
sendo correctamente atendidas.
1.- Transcorridos xa seis meses dende que o Pleno da Corporación
aprobaramos a celebración dun convenio para o uso compartido da sede
electronica da Deputación Provincial da Coruña, na páxina web do Concello de
Cambre, aínda a día de hoxe, aparece que o acceso á sede electrónica está en
construcción.
-¿Poden informarnos para cando poderemos
usar os veciños a tan necesaria ferramenta da administración electrónica?
2.- Na páxina Web do Concello hai un apartado no que aparece a
configuración da Corporación Municipal e únicamente aparecen datos de contacto
do equipo de goberno, como non podía ser doutra forma, e dun dos Grupos da
oposición.
-¿Poderían indicarnos por qué motivo non
se fan constar datos de contacto, neste caso do noso Grupo Municipal? ¿Poderían
ter a ben, poñer os datos de contacto tanto telefónicos como mails e páxina web
de EU?
3.- A
proposta do noso Grupo Municipal, en Cambre está institucionalizado o “Dia da festa do árbore”. O noso Grupo, non tivo coñecemento de
ningunha iniciativa por parte do concello da celebración de algún acto
encamiñado a promover valores de respecto á natureza e do indispensable papel
das árbores no mantemento do ecosistema, do mesmo xeito, sobre a celebración no concello da festa
tradicional do “Día da árbore”.
-¿Cales
foron os motivos para non realizar ningún acto na dita data.
COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS URBANISMO
ROGOS:
1.- A ploriferación cada vez
maior de maleza é obstáculos, fragmentan
sen dereito camiños públicos do
noso término municipal, nalgún deles case impiden a circulación peonil os
usuarios, e o caso do que transcurre entre Freande e Pumar Méndez, considerado
como vial público nas vixentes Normas Subsidiarias de Planeamento
-Por
isto PREGAMOS o Goberno local proceda a tomar as medidas oportunas para
proceder a súa limpeza e acondicionamento.
En CAMBRE, a 23 de
maio de 2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario