jueves, 14 de agosto de 2014

VOTE ESTA NOTICIA
    
CAMBRE

AGE denuncia el desinterés de la Xunta por el estado de la senda del río Mero

14.08.2014 | 01:27

El grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) critica la "falta de interés mostrado por la Xunta" en la conservación y mejora de la senda fluvial del río Mero a su paso por el municipio de Cambre.
AGE denuncia la "situación de abandono tras el deterioro y degradación del entorno" en los últimos años "por culpa del conflicto entre administraciones y respecto a las labores de conservación y mejora" de la senda. La formación afirma que su estado actual hace "imposible" su uso por parte de vecinos y visitantes. Alerta de la "falta de limpieza" de las riberas del río durante varios kilómetros. Reclama actuaciones de acondicionamiento del río y recuperación de zonas de baño.



Alternativa Galega de Esquerda

AGE denuncia a falla de interese da Xunta por acabar co abandono que sufre a senda fluvial do Río Mero en Cambre

O grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) lamenta a falla de interese amosada pola Xunta de Galicia pola conservación e mellora da senda fluvial do Río Mero no Concello de Cambre, a día de hoxe en situación de abandono tras o deterioro e degradación do entorno que alóngase durante varios anos por culpa do conflito entre administracións o respecto das labores de conservación e mellora desta senda.
O actual deterioro fai imposible o uso e desfrute da senda e do propio río por parte da veciñanza e visitantes do entorno, un lugar que debera ser emblemático non so no concello se non en toda a comarca. A falla de limpeza das ribeiras do río fai incluso que durante quilómetros os viandantes paseen alleos a existencia dun río, que en moitas ocasión é inapreciable dende a senda pola falla de acondicionamento e limpeza. O deputado de AGE, Juan Manuel Fajardo, destaca a necesidade de facilitar o uso do entorno, promover a implicación social e poñer en valor a riqueza natural e social do río. Neste sento son necesarias actuacións de acondicionamento e mellora do entorno e do propio río, que van dende a creación e recuperación de antigas zonas de baño e esparexemento ata a mellora da senda e a diferenciación da mesma entre o paseo peonil e carril bici.
Alternativa Galega de Esquerda rexistrou unha pregunta para a súa resposta no Parlamento de Galicia na que se insta ao Goberno galego a explicar se ten previsto actuar nesta senda de xeito inmediato, se prevé crear un programa de mantemento e limpeza continuo no tempo en colaboración co Concello de Cambre, se existe ou se pensa acometer algún proxecto de acondicionamento das zonas de baño do río, así como, qué actuacións ten previsto no futuro para dotar a senda da diferenciación entre carril bici e senda peonil.
- See more at: http://alternativagalega.com/age-denuncia-falla-de-interese-da-xunta-por-acabar-abandono-sufre-senda-fluvial-rio-mero-en-cambre/#sthash.eJCSmx6N.dpuf



No hay comentarios: