jueves, 9 de octubre de 2014

EU denuncia a existencia de vertedoiros ilegais de lixo e escombros.

A nosa organización  alerta da existencia de puntos de verquido e depósito de lixo.

EU denuncia que, alertado polas continuas queixas dos veciñ@s,  comprobamos cómo "proliferan no concello  vertedoiros ilegais e incontrolados de lixo e  escombros”. Unha situación, que xa temos posto en coñecemento  dos responsables do Goberno en reiteradas ocasións.

Trátase de lugares onde se depositan dende neumáticos usados, escombros e outro tipo de materiais de procedencia  descoñecida, algúns deles contaminantes, como o amianto. Chama a tención como se invaden   camiños e espacios públicos, incluso impedindo a circulación de vehiculos, coma é o caso do camiño que transcurre entre a área recreativa das Gamelas e o camiño de San Benito.

Dende Esquerda Unida, unha vez mais presentaremos unha iniciativa plenaria  requerindo o Goberno local  a que tome as medidas,  para eliminalos e adoptar as decisións oportunas para evitar a súa  proliferación, tales como a vixilancia e o cumprimento das vixentes Ordenanzas municipales para tal efecto.

                                           Asdo: Grupo Municipal

                                



                                     
 

No hay comentarios: