viernes, 28 de noviembre de 2014





INICIATIVAS PRESENTADAS POLO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA  AO PLENO E COMISIÓNS INFORMATIVAS DO MES DE NOVEMBRO

                                       
MOCIÓN PARA A POSTA EN MARCHA EN CAMBRE DUN PROGRAMA  DE RUTAS ESCOLARES SEGURAS


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Un dos maiores retos ao que se enfrenta calqueira Concello, é dar resposta aos problemas de movilidade, en especial para os nen@s, maiores e persoas con mobilidade reducida.

En Cambre, un dos principias problemas son os atascos é a conxestión do tráfico creada nas inmediacións dos centros escolares de ensino, sobre todo en horarios de entrada e saída, como  é o caso da área mais urbanizada do Temple, onde os nen@s teñen que facer verdadeiros malabarismos no desprazamento para chegar os colexios,  motivado os múltiples obstáculos ao longo do camiño.

O reto por tanto, é facer  itinerarios peatonais seguros. Neste contexto enmárcanse os proxectos de “ruta escolar segura”, que pretenden dotar os percorridos de maior  comodidade e autonomía posibles.

Estes proxectos  pretenden fomentar  a mobilidad sostible entre os máis pequenos, mellorar a seguridade cidadá na contorna dos centros escolares e a seguridade viaria no desplazamento. Por tanto, estas rutas escolares seguras serven para proporcionar aos nen@s aprendizaxes útiles para interactuar coa súa contorna diaria, adquirindo coñecementos sobre seguridade vial e fomentar hábitos que reduzan a  dependencia do automóbil.

Convocar á comunidade educativa, aos veciños, é unha tarefa ineludible para o éxito do proxecto, unha adecuada participación cidadán debe ser o exemplo básico na promoción da mobilidade sostible, onde  a coordinación e colaboración entre todos os actores implicados, incluidos os do propio concello,  son fundamentais en todo este proceso.

Entre as medidas que inclúen estes proxectos de “ruta escolar segura” figuran a mellora das beirarrúas,  a sinalización, vixilancia preventiva das rutas ou programas de inspeccións e transporte, como o acondicionamiento das paradas a adecuación do mobiliario urbano ou a limpeza dos percorridos establecidos.


POLO EXPOSTO O GRUPO  MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

PRIMEIRO.- O concello de Cambre, planificará un proxecto para a implantación dun programa municipal de intinerarios seguros para os centros escolares educativos, como instrumento para impulsar “ruta escolar segura”, garantindo unha adecuada participación cidadán, implicando a toda a comunidad educativa, Asociacións , Protección Civil, Policía local, etc.
SEGUNDO.- O concello de Cambre, estipulará en dita planificación, unha primeira experiencia no  CEIP Portofaro, para comprobar o seu funcionamento, co fin de  aportar novas suxerencias  e correxir posibles aspectos antes da súa implantación en outros centros do concello.

TERCEIRO.- Da presente Moción, darase conta a todos os centros de ensino público do concello, os Consellos escolares e AMPAS.


ROGOS:

1.- PREGAMOS o Sr. Alcalde nos informe si ten coñecemento das actuacións previstas pola Xunta de Galicia, para executar a memoria valorada presentada polo concello, para mellorar a seguridade vial na estrada AC-214 entre a Castellana e Pravio.

2.- O noso grupo municipal presentou unha iniciativa no pleno de setembro pasado, sobre a realización dun estudo para o acondicionamento de espazos, co fin de   instalar  parques de recreo e actividades para persoas maiores.

-PREGAMOS nos informen do motivo de non ter informado sobre a instalación dos mencionados servizos e a súa ubicación?

3.- PREGAMOS nos informen da situación actual de acceso e uso público do parque infantil situado no patio interior da UE-23 na rúa Tapia.



PREGUNTAS:

1.- Que información ten o Goberno sobre o inicio de negociacións coa Fundación Tenreiro,  para  adquirir terreos na parroquia de Cela,  según  a Moción presentada polo noso Grupo no pleno de setembro é aprobada por unanimidade? 

2.- En relación coas noticias publicadas nos medios de comunicación sobre a gratuidade do peaxe na autoestrada AP-9.  

 -Pode informarnos o Sr. Alcalde, sobre o acordo acadado no Consorcio das Mariñas sobre a iniciativa de solicitar o goberno do Estado e Xunta de Galicia, para negociar coa concesionaria, a eliminación do peaxe en Bergondo, Guisamo e Macenda ?


3.- O pasado venres, con motivo das obras nas inmediacións do Paraguas, producironse largas colas e retencións do tráfico o longo do dia, especialmente no Temple,  chama a atención a falta de previsión e información a cidadanía, que tivo que soportar o enorme caos que dificultou o desprazamento e movilidades na zona.

-Poden informarnos da situación producida e dos motivos que impediron unha maior información e coordinación entre o Concello e a empresa que realiza as obras?


COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANISMO

ROGOS:
1.- Veciñ@s do lugar denunciaron ante o noso Grupo, que no lugar de Mercurín  no talud do camiño  próximo a capela de San Benito, un tubo  verte ocasionalmente abundante auga, que dificulta a circulación rodada e peonil.
-PREGAMOS, se tomen as medidas oportunas para correxir dita situación.
2.- No camiño público que transcurre dende a estrada DP-1704, denominado na ficha do inventario de bens do Concello como Graduil-Graduil,  co número 182, existe un muro de mampostería na súa marxe dereita, que presenta deficiencias no seu estado de conservación, provocando en moitos caso o desprendementos de pedras, co conseguinte perigro para a circulación.
-O Grupo de Esquerda Unida PREGA o Goberno, proceda a levar  a cabo as medidas necesarias  para o seu acondicionamento.

3.- Distintas rúas do Concello carecen de placas   identificativas de sinalización. Veciños da rúa Castellana manifestaron o noso Grupo esta carencia que está a 
producir diversos problemas derivados deste feito.

PREGAMOS ao Goberno  proceda a sinalización de dita rúa.

                            



                                      





























No hay comentarios: