MANIFESTO PRO ASAMBLEA CIDADÁ DE CAMBRE
MANIFESTO PRO ASAMBLEA CIDADÁ DE CAMBRE
Estamos fartos e fartas de que se malgasten os cartos públicos para parar nas mans de corruptos e privilexiados. Decimos basta ao enriquecemento ilícito, ás agresións ambientais, a política social baseada na caridade, ao empobrecemento, á discriminación, á precarización do emprego e en definitiva, da vida. A maioría da cidadanía queremos gobernos que sirvan aos concellos e non que se sirvan dos concellos.
A experiencia diaria amósanos que, independentemente da nosa adscripción ideolóxica, sindical, política ou profesional, somos maioría a cidadanía que coincidimos en sinalar un severo déficit democrático, xunto cun brutal axuste económico que agrede, sobre todo, aos máis débiles. Creemos que é posible cambiar esto coa participación, compromiso e conciencia cidadá da veciñanza, comezando polo máis próximo: o noso concello.
Por todo isto, queremos impulsar un espazo de confluencia, encontro, debate e elaboración dunha alternativa de goberno. Un espazo onde xente do común, organizada ou non, poida aportar propostas de cambio para Cambre.
Este manifesto chama e convida á constitución dunha asamblea soberana que teña como eixo fundamental a elaboración colectiva dunha alternativa política para Cambre. Esto é un novo xeito de participar na política a través de asambleas abertas e igualitarias, que contemplen ás parroquias e barrios, onde o protagonismo sexa o da xente mesma, nun proceso honesto e transparente, e baixo o control da cidadanía. Outra forma de goberno baseada en:
- - Un concello transparente que potencie a participación da cidadanía e amose exemplaridade.
- - Un concello que defenda os servizos públicos frente ás políticas neoliberais.
- - Un concello que aposte por un desenvolvemento sostible e frene o urbanismo especulativo.
- - Un concello que potencie a lingua galega, a cultura e coide o medioambiente e o patrimonio.
- - Un concello con políticas activas de emprego e protección dos máis débiles.
- - Un concello que impulse políticas de igualdade e non discriminación das mulleres.
- - Un concello que apoie a normalización da vida das persoas con diversidade funcional.
- - Un concello coa terceira ideade, a xuventude e a infacia. Un concello da xente e para a xente.
Esto é un proxecto que comeza, está aberto e incompleto agardando as aportacións das persoas que queiran colaborar, participando en pé de igualdade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario