viernes, 5 de diciembre de 2014

A Xunta de Galicia convoca o procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou procesos formativos.

Un total de 2.110 prazas nas unidades de competencia das cualificacións profesionais de:
DOG Núm 233 do 4 de decembro de 2014

-          Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 598 prazas.
-          Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 562 prazas.
-          Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 50 prazas.
-          Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3): 50 prazas.
-          Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 200 prazas.
-          Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 300 prazas.
-          Información xuvenil (SSC567_3) : 50 prazas
-          Extinción de Incendios e Salvamento (SEA129_2): 100 prazas.
-          Transporte Sanitario (SANO025_2): 200 prazas.

O prazo de inscrición para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de atención sociosanitaria a persoas no domicilio; atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais; servizos para o control de pragas; xestión de servizos para o control de organismos nocivos; socorrismo en espazos acuáticos naturais; socorrismo en instalacións acuáticas e información xuvenil será ata o 3 de xaneiro.

O prazo de inscrición para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de extinción de Incendios e salvamento e transporte sanitario
abranguerá desde o 15 de febreiro ao 15 de marzo de 2015, ambos inclusive.

MÁIS INFORMACIÓN:

No hay comentarios: