miércoles, 24 de diciembre de 2014

INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DE "ESQUERDA UNIDA AO PLENO ORDINARIO DO MES DE DECEMBRO





MOCIÓN SOBRE O ACCESO INMEDIATO AO MEDICAMENTO SOLDAVI DENTRO DA REDE SANITARIA PÚBLICA PARA O TRATAMENTO E CURACIÓN DOS ENFERMOS DE HEPATITIS C.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A hepatite viral é unha das enfermidades máis graves do mundo; Segundo a Organización Mundial dá Saúde (OMS) calcula que esta patoloxía mata preto de 1,4 millóns de persoas cada ano. No noso país hai 900.000 doentes de hepatite C, trinta mil atópanse en estado grave e cada día morren once persoas que en moitos casos poderían terse evitado por non ter acceso a un medicamento que lle axude a mellorar a enfermidade. Un dous acontecementos máis importantes de saúde pública nos últimos anos foron os grandes avances no tratamento da hepatite crónica C.

A principios de setembro o Ministerio de Sanidade anunciou que se estaba a negociar co laboratorio GILEAD para rebaixar o prezo do medicamento un 40% inferior ao inicial; O custo do tratamento é de aproximadamente uns 60.000 euros e coa rebáixa quedaría en 25.000 euros aproximadamente.

A exministra Ana Mato anuncio que ou Ministerio de Sanidade alcanzou un acordo co laboratorio fabricante do medicamento contra a hepatite C para incluílo na rede pública sanitaria e estaría incorporado o día 1 de outubro. É fundamental o acceso inmediato ao novo medicamento SOVALDI por ser un medicamento de última xeración cunhas taxas de eficacia moi altas ao presentar unha porcentaxe de cura do 95%.

POLO EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PROPÓN AO PLENO DA CORPORACIÓN A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS

1º.- Instar ao Goberno do Estado para que, a través do Ministerio de Sanidade, negocie as condicións de financiamento dos tratamentos dos doentes con hepatite C coa industria farmacéutica.

2º.- Instar ao Goberno da Xunta de Galicia a seguir avanzando nun Plan Nacional contra a Hepatite C onde veñan reflectidos protocolos de actuación que recomendan expertos e científicos: Vixilancia epidemiolóxica, Prevención, Detección e Diagnóstico, Atención e tratamento, Investigación, así como axudas sociais.

3º.- Instar ao Goberno dá Xunta de Galicia á creación de protocolos clínicos que establezan o acceso aos doentes con fibrose moderada (F2) aos tratamentos aprobados de triplo terapia e ó acceso a tratamentos en uso compasivo ós pacientes con HC que poidan ser subsidiarios do devandito tratamento.
                                       
                                                Asdo: O Voceiro do Grupo


                                       
 Miembros de la Plataforma de Afectados por la Hepatitis C, durante la ...
                                

ROGOS:

1.- Na sesión ordinaria do Pleno do 28 de Febreiro aprobouse unha moción do GM de EU pola que se deberían dar, por parte do Goberno Municipal, as ordes oportunas para publicar na Web as declaracións de bens e actividades dos membros da Corporación Municipal. A aprobación da Moción por unanimidade nos termos nos que foi presentada, supuña que dita publicación tería que facerse sin mais dilación dacordo co disposto ó respecto no ROM.

Baseándonos no anteriormente exposto

PREGAMOS se nos informe das xestións realizadas para a publicación das declaracións de bens e actividades dos membros da corporación, posto que xa pasaron 9 meses e ditas declaracións son documentos que están en poder da Secretaria do Concello e temos unha recén estreada páxina web na que ten cabida dita información.

                                               


2.- O noso Grupo Municipal ten recibido múltiples demandas por parte de veciños do Temple solicitando unha reorganización do sentido da circulación da rúa Estanque de Abaixo.  As dimensións de dita rúa, con prazas de aparcamento a ambos marxes fai imposible a ordenación do tráfico en dobre sentido, posto que si dous vehículos se cruzan, un deles ten que retroceder para que o outro circule. Esta situación, fai que os atascos nesta rúa sexan constantes e en algúns casos con perigro de accidentes.

Este problema de seguridade viaria foi denunciado en dúas ocasións polo noso Grupo. Transcurridos mais de dous anos o Goberno de Cambre non ten feito actuación ningunha   para dar solución o problema, ignorando as demandas dos veciñ@s e as iniciativas presentadas polo Grupo de EU, ante un problema tan grave como a mobilidade é a seguridade das persoas.  

-En base o anterior, PREGAMOS que con urxencia se tomen as medidas axeitadas para correxir a situación denunciada .

 3.- Vimos de presenciar recentemente a mala nova da reducción da axuda, xa de pos sí minorada polos recortes en Dependencia, doutros 55 euros, a un neno dependente de Cambre. 

-PREGAMOS se nos informe das xestións realizadas polo Goberno Municipal de cara a paliar dita inxustiza.

PREGUNTAS:

1.- Na Comisión informativa do mes de novembro de 2012, o noso Grupo  presentou unha iniciativa sobre a instalación de biondas ou outras medidas  de seguridade no camiño que transcurre entre Cela e Canal, dado o risco de  perigro que supón para a circulación. Transcurridos mais de dous anos e a pesar do compromiso do concelleiro responsable para resolver  a situación, non se ten feito absolutamente nada en dito camiño.

-Poden informarnos dos motivos que impediron dita actuación?






                                    


2.- No mes de xullo de 2014,  EU presentamos ante o pleno unha moción relativa á necesidade de eliminar definitivamente o método de cita previa sanitaria en atención primaria a través dun contestador, para voltar á necesaria atención presencial e telefónica prestada por persoas físicas e non gravacións de voz.  Aínda que a acta relativa a dito pleno, non está transcrita, no momento de redactar a presente pregunta, todos os presentes sabemos que foi un texto moi polémico pola queimazón que produciu a súa redacción entre os membros do equipo de goberno. Polémicas aparte, a moción foi aprobada, grazas á sensibilidade dos grupos que a apoiaron, e actualmente existen, por tanto, dous acordos de obrigado cumprimento para o Goberno: Instar á consellería de Sanidade a que retire o servizo de contestador, xunto coa remisión das sinaturas recollidas nos diferentes centros de atención primaria, e dar traslado da moción ós responsables dos centros.

A nova reiteración que facemos deste tema, ven dada porque EU segue a recibir queixas constantes, sobre as dificultades que sobre todo persoas maiores teñen á hora de ter que pedir cita no seu centro de saúde. En moitas ocasións, ditas persoas teñen que seguir acodindo a familiares ou veciños que o fagan por eles ou desplazarse físicamente ó centro.

En base ó anteriormente exposto o GM de EU pregunta.

-¿Poden informarnos de todas e cada unha das xestións realizadas para dar cumprimento á devandita moción así como das datas en que se levaron a cabo os acordos así como as respostas recibidas das distintas instancias implicadas?


3.- Con data do 3 de novembro  o noso Grupo presentou un escrito no rexistro do concello con número de entrada 1629, en relación o acondicionamento dun aparcadoiro no centro da Vila, transcurridos mais de  un mes, non recibimos comunicación nin información respecto o tema.

Do mesmo xeito, temos presentado outro escrito de solicitude de documentación o dia  30 de setembro, reiterado posteriormente  no mes de novembro.

Ante a desidia do Goberno no cumprimento da súa labor, o noso Grupo 

PREGUNTA:

-Qué motivo existe para non trasladar a información solicitada, e non cumprir o establecido nas normativas vixentes, sobre o dereito a información dos concelleiros para o desenvelmento das súas funcións?

 

                        En CAMBRE, a 18 de decembro de 2014




                                 Asdo: O Voceiro do Grupo



No hay comentarios: