COMUNICADO DE PRENSA
Compostela, 26 de xaneiro de 2015.
ESQUERDA
UNIDA MANIFESTA QUE A VITORIA DE SYRIZA AMOSA COMO AS ALIANZAS AMPLAS DA
ESQUERDA PODEN GAÑAR
A executiva nacional de EU
considera a vitoria de Syriza como a vitoria da esquerda en Grecia, porque
supón un episodio histórico de suma e encontro de múltiples organizacións da
esquerda a partir dos anos 90 e porque implica un golpe decisivo ás políticas
da troika.
Esquerda Unida felicita ao pobo grego, a Syriza e
ao resto de partidos integrantes do PARTIDO DA ESQUERDA EUROPEA, motor
importante do programa alternativo da esquerda rupturista dende fai anos e que
forma parte do sustrato propositivo de Syriza.
Para Esquerda Unida, sen
extrapolar escenarios ao resto de Europa, Grecia amosa como a prioridade no
actual contexto é conseguir a unidade que hoxe reclama unha ampla maioría
social, desde unha “clase media proletarizada e precarizada” ata os sectores
máis golpeados polos efectos da crise e as políticas de recortes.
Para EU, o exemplo de Grecia, con máis de 30 folgas
xerais dende 2009, amosa que esta unidade se fragua en torno á necesaria
mobilización e loita social. Unidade nos valores, nos principios, na convicción
de profundizar nunha sociedade radicalmente democrática. Pero Unidade tamén nas
institucións, sempre cun programa cidadán como sustento ideolóxico alternativo,
como nexo de unión, como compromiso de cumprimento e como mecanismo de control
do goberno.
Esquerda Unida trasladou formalmente hoxe unha
felicitación á secretaría de relacións internacionais de Syriza.
Gabinete
de prensa.
Executiva Nacional de Esquerda Unida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario