sábado, 31 de enero de 2015


INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL AO PLENO DO MES DE XANEIRO


MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE EU SOBRE A ELABORACIÓN  DUN PROXECTO PARA O  CERRAMENTO DO PAVILLÓN  POLIDEPORTIVO DO COLEXIO PORTOFARO.

Xustificación:

Un sistema educativo de calidade implica entre outros factores, que as infraestruturas escolares dispoñan das mellores condicións de uso para a súa utilización.

Entre os problemas que é necesario atender respecto do anterior, atópanse os relacionados coas  instalacións deportivas, para facilitar  a práctica do deporte en distintos niveis e modalidades, para os escolares do centro de ensino.

No colexio Portofaro, existen instalacións   deportivas cubertas, que limitan  de unha maneira importante a práctica deportiva e de outros eventos relacionados co ocio. A xuízo do noso grupo, o concello  debería aproveitar as inversións realizadas con anterioridade,  para poder rentabilizar o seu uso coa maior efectividade.

Fronte a esta realidade o noso Grupo Municipal, amósase decidido partidario dun compromiso firme por parte do Concello, para intervir no problema, mediante unha iniciativa política clara, e dar unha resposta a unha necesidade longamente demandada.

POLO EXPOSTO, O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PROPÓN O PLENO, A ADOPCIÓN DO SEGUINTE ACORDO:

UNICO.- O Pleno da Corporación, encomenda o Goberno Municipal a tarefa de elaborar un proxecto para dotar o pavillón polideportivo do colexio Portofaro dun cerramento perimetral, co fin de  permitir o desenrolo das actividades propias da instalación, con independencia das condicións climatoloxicas.

                          En  CAMBRE, a 23 de xaneiro de 2015



ROGOS:

1.- Unha das  cuestións básicas que deben ter os espacios para a circulación peonil, é unha correcta iluminación. O noso Grupo Municipal xa ten plantexado o problema que supón a falta de visibilidade na ponte vella da ría do Burgo.

-PREGAMOS nos informen sobre as medidas previstas para solucionar o problema.

2.- Con anterioridade, o noso Grupo xa ten denunciado a necesidade dun plan preventivo para a revisión e limpeza de sumidoiros e pluviaias, co fin de evitar os problemas derivados  como consecuencia das deficiencias no mantemento preventivo   nas redes de saneamento do concello, feitos como o ocurrido recentemente en Socampo, veñen producindose con demasiada frecuencia en distintos lugares  polo abandono do equipo de goberno no cumprimento das súas funcións en estes problemas.

Considera o noso Grupo, que cumpre  con urxencia realizar un plan de inspección na rede de sumidoiros, para evitar que sigan producindose estas situacións, e garantir o servizo nas mellores condicións de hixiene e danos  no medio natural.

-Por todo o exposto, o noso Grupo PREGA ao goberno, que coa máxima urxencia, se poña en marcha un plan de revisións na rede de sumidoiros e pluviais do sistemas  públicos  do concello, procedendo a limpeza da suciedade acumulada, e a súa reparación en caso necesario,  garantindo o bon estado de limpeza e hixiene nas instalacións.

3.- O vial que transcurre dende a estrada CP.- 1706 e  AC.- 214,  soporta unha importante circulación. Nas inmediacións da Casilla en Cela, as biondas de protección instaladas no limite coa liña do ferrocarril, presentan un importante estado de deterioro.   
 

-PREGAMOS   se adopten as medidas correctoras  necesarias para a mellora da seguridade no lugar.  
                       


                        En CAMBRE, a 23 de xaneiro de 2015




                                 Asdo: O Voceiro do Grupo






COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANISMO


PREGUNTA:
1.- No pleno do mes de outono, EU denunciaba  a proliferación de  vertedoiros de lixo ilegais e incontrolados. Estes feitos foron posto en coñecemento  dos responsables do Goberno en reiteradas ocasións.
-Transcurridos tres meses, o noso Grupo PREGUNTA polas medidas que se teñen tomado respecto do problema, e si os servizos do Concello ten elaborado algún informe sobre a localización e eliminación de depositos de verquidos  incontrolados.



                               En CAMBRE, a 23 de xaneiro de 2015

                                Asdo:Grupo Municipal


No hay comentarios: