NOTA
INFORMATIVA DE “EU”
DE CAMBRE
EU ACUSA A RIVAS DE
AVIVAR ÁS TENSIONS COS
GRUPOS DA OPOSICIÓN EN BENEFICIO PROPIO
Nunha mostra mais
da súa actitude
prepotente e carente de transparencia na súa xestión nin diálogo nin exercicio
democrático do seu cargo,
o Alcalde de Cambre, Manuel Rivas Caridad, ven de convocar o día 9 de febreiro
para o vindeiro 16 a aprobación dos Orzamentos de Cambre para 2015.
Dende EU consideramos
unha provocación por parte de Rivas esta convocatoria así como unha
estratexia moi ben deseñada para provocar unha resposta dos grupos municipais para
que él así poida acusarnos de
non apoiar os orzamentos ou poñerlle reparos.
Estas afirmacións as basamos nas
seguintes argumentacións:
1.- Nunca presentou os orzamentos en plazo,
polo que o plazo estipulado para a súa presentación o vindeiro 18 de
febreiro non é un argumento de peso para un Alcalde
que nin un só ano da súa lexislatura tivo
nin o mais mínimo respecto por ditos plazos.
2.- Convoca con unha semana de antelación, para un luns víspera de festivo a
aprobación do documento mais
importante do Concello, os orzamentos, sabendo que nesa data algúns concelleiros
poden atoparse fora por ser festivo o martes 17.
3.- Por si esto fora pouco fai a convocatoria para
horario matutino cando os plenos e as comisións informativas se veñen celebrando polas
tardes ás 20:00 horas,
horario convido por todos posto que a maioría dos concelleiros dos grupos da oposición teñen os seus traballos
fora do Concello e o horario elexido polo alcalde pode chegar a impedir a algún concelleiro non
poder acudir a dito pleno.
4.- A esto debemos sumar que os plenos
celebrados polas mañan teñen menor afluencia de público que os que se
fan polas tardes e tamén menor repercusión mediática.
CON TODA ESTA BURDA
ESTRATAXEMA O ALCALDE DE CAMBRE PRETENDE
1.- Limitar ós concelleiros da oposición a asistencia á aprobación dos orzamentos
para 2015
2.- Crispar os ánimos de todos os concelleiros que
queremos exercer o noso dereito de debatir e asistir ó pleno de orzamentos
para despois él manifestar que os grupos da oposición “caldean o ambiente” como xa ten dito en
mais ocasións.
3.- Presentar un documento que non poida ser
estudiado nin debatido en profundidade, senón apresuradamente, o que nos fai
sospeitar que serán un ano mais uns orzamentos tan chapuceiros e antisociais
como os dos exercicios anteriores.
EU IREMOS Ó PLENO DE ORZAMENTOS,
E MANTEREMOS O NOSO DEREITO DE DEBATIR E ESTAR PRESENTES NA APROBACIÓN DO DOCUMENTO QUE
REGULA A VIDA DE TODOS OS CAMBRESES E CAMBRESAS DURANTE TODO UN ANO.
Grupo Municipal de
EU Cambre
CONTACTO: Olga Santos
669
796 995
olguisantos@hotmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario