INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DE "EU" PRESENTADAS AO PLENO E COMISIÓN, CORRESPONDENTE O MES DE MARZO
ROGOS:
1.- O Goberno municipal, está realizando unha campaña de repintado e reubicación de pasos de peóns en distintos lugares do concello.
Dende EU, temos solicitado reiteradamente a adopción de medidas para reparar estas carencias, que supoñen unha responsabilidade por parte do Goberno o non ter solucionado da forma efectiva que merece o problema, dado o perigro que xenera.
Dende EU, temos solicitado reiteradamente a adopción de medidas para reparar estas carencias, que supoñen unha responsabilidade por parte do Goberno o non ter solucionado da forma efectiva que merece o problema, dado o perigro que xenera.
-PREGAMOS, se realice unha campaña de información e se proceda a sinalizar os pasos mencionados, con medidas consistentes en aumentar a precaución e disminuir o risco de accidentes
2.- Unha petición reclamada por EU, e por veciños da parroquia de Bribes, trata sobre a dotación de alumeado público do tramo do encoro de Cecebre, pertenecente o concello de Cambre.
-PREGAMOS o Goberno, realice as xestións necesarias ante as administracións con competencia na mencionada infraestructura, co fin de dotar de alumeado o tramo da ponte correspondente o noso concello.
3.- O noso Grupo municipal, ten presentado unha Moción sobre as pretensións do Goberno central de privatizar o Rexistro Civil.
PREGAMOS nos informen que medidas teñen previstas, para iniciar a necesaria campaña informativa para que os veciños coñezan que o servizo do rexistro civil será privatizado a partir do 15 de Xullo
PREGUNTAS:
1.- O PXOM e un documento imprescindible para o futuro desenrolo do noso concello, a súa tramitación esta sometido a un calendario axustado a Lexislación Urbanística, a súa elaboración, ten ocasionado diversos problemas, e preocupación nos veciñ@s de Cambre, motivo polo que se teñen presentado distintas iniciativas plenarias por parte da oposición. Ante a “incertidume” na súa determinación, que ten como consecuencia un retraso inxustificable dende a firma do contrato, na actualidade, e nas portas de rematar a lexislatura non temos coñecemento do documento para a súa aprobación inicial.
Por esto o Grupo Municipal de Esquerda Unida, PREGUNTA:
-Que mecanismos de participación ten pensado o Goberno municipal, para facer participes os veciñ@s e cidadáns interesados, sobre o documento do PXOM?
2.-Que medidas ten tomado o Goberno en relación a exención do canon da auga, imposto pola Xunta de Galicia, as familias con rendas baixas e as persoas que teñan un grave deficit de recurso?
3.- O peche por reformas da piscina municipal da Barcala, ten como unha das consecuencias, que as actividades programadas dende os colexios queden suspendidas aproximadamente dous meses.
Este feito está provocando o malestar entre as familias que tiñan planificado a súa conciliación laboral e familiar en base a uns horarios e a conseguinte actividade, que sen previa aviso nin información quedaran eliminadas.
Este feito está provocando o malestar entre as familias que tiñan planificado a súa conciliación laboral e familiar en base a uns horarios e a conseguinte actividade, que sen previa aviso nin información quedaran eliminadas.
Por esto PREGUNTAMOS:
-Que solución ten o Goberno para evitar que os nen@s queden sen actividades nas horas establecidas?
COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS SERVIZOS E URBANÍSMO
ROGO:
1.- Na entrada da urbanización da Barcala, na beirarrúa próxima a parada do autobús, existe unha base metálica onde sobresalen tres tornillos sin ningún tipo de protección.
-PREGAMOS se proceda a tomar as medidas axeitadas para correxir a situación de perigro existente.
-PREGAMOS se proceda a tomar as medidas axeitadas para correxir a situación de perigro existente.
Asdo: O Voceiro do Grupo
No hay comentarios:
Publicar un comentario