PROBLEMAS NO
ALUMEADO PÚBLICO
Esquerda Unida de Cambre, quere facer pública a súa
denuncia polas deficiencias existentes nos últimos dias, na rede de alumeado
público nas inmediacións do campo dá feira de Cambre.
Esquerda Unida ten posto este feito en coñecemento do
departamento de Obras e Servizos, sen que a dia de hoxe se teña arranxado o
problema, nin informado do motivo desta
importante carencia.
EU reclama con urxencia, se proceda a tomar as medidas
necesarias para dar solución a esta necesidade que afecta a parques públicos,
rúas, e zonas densamente poboadas, e de
importante tráfico e circulación do concello, e así rematar con esta situación marxinal, que incumple as
normas básicas de seguridade establecidas.
Asdo: Grupo Municipal
No hay comentarios:
Publicar un comentario