ESQUERDA UNIDA DE CAMBRE ACUDIRÁ A ESTAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS BAIXO A COALICIÓN ASEMBLEA CIDADÁ DE CAMBRE-"SON"
Participaremos nesta coalición
electoral xunto con Anova, e veciñas e
veciños independentes, baixo a denominación "ASEMBLEA CIDADÁ DE CAMBRE-"SON".
O conxunto da militancia de
Esquerda Unida de Cambre consideramos que, a actual emerxencia social que estamos a vivir, precisa de tempos novos nos que
as siglas pasen a xogar un papel secundario, poñendo por enriba de todo, a
unidade de todas aquelas persoas dispostas a loitar contra as políticas de
recortes. O conxunto da cidadanía debe unir as suas forzas para parar as
políticas criminais do Partido Popular.
Por iso, dende esta organización,
participamos dende o principio na
configuración dun espazo político aberto, onde todo o mundo poidese
participar en pé de igualde, para construir entre todas e todos unha
alternativa de cambio ó actual goberno de Cambre.
Son varios os militantes e simpatizantes de Esquerda
Unida que con moito orgullo forman parte da candidatura
da Asemblea, transmitindo tanto o a vontade de mellorar as cousas ou a súa
experiencia municipal como é o caso da concelleira Olga Santos.
Consideramos ademáis, que dende este espazo se impulsou o proceso
máis democrático e transparente que tivo lugar en Cambre, pois por primeira
vez no municipio, foi elexida unha candidatura por primarias abertas e
elaborado un código ético sobre o comportamento dos cargos públicos que
representen a este espazo cidadá que é a Asemblea.
Por todo o anterior, non podemos
máis que transmitir a nosa ilusión e alegría combativa, de que neste concello
soplen ventos de cambio para o pobo.
Asdo: Os militantes e simpatizantes de
Esquerda Unida de Cambre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario