domingo, 5 de julio de 2015





CONSELLO LOCAL DE CAMBRE    
            eucambre@gmail.com




NOTA INFORMATIVA DE “ESQUERDA UNIDA DE CAMBRE” SOBRE OS SALARIOS APROBADOS NO PLENO DO DIA 2 DE XULLO.

No pleno municipal do pasado xoves, o Goberno de Cambre ven de aprobar uns salarios que están  moi por enriba do salario medio de calqueira veciño de Cambre,  8 concelleiros liberados (7 en réximen de dedicación exclusiva e  1   dedicación parcial do propio Alcalde, dan como resultado  un custo  que ascende a 235.000 €), un 12% mais que o Goberno anterior.  (sin contar coa Seguridad Social, o que faría que o gasto que lle supón ao pobo en este concepto ascenda a máis de 330.00 €).

Para  EU de Cambre,  esta aprobación  é unha triquiñuela para  blindar as privilexiadas retribucións dos concelleiros do Goberno UxC-PSOE, impropias de persoas representantes dos veciñ@s  e  que, como tales, deberían   dar exemplo e poñer en valor a súa vocación de servizo aos cidadáns, demostrando que á política vaise para favorecer aos cidadáns, e non para lucrarse da condición de representante público.

Así de lamentable foi o acordó tomado polo actual Goberno apoiado pola concelleira de Ciudadanos, facilitando o reparto do “pastel municipal” a conta dos veciñ@s de Cambre, olvidándose da austeridade e da  conxuntura socioeconómica de crises que estamos padecendo, que aconsellan una maior contención salarial. Este feito, non fai mais que acentuar a desafección existente hacia a política e os políticos, posta de manifestó no pasado pleno, que semellaba un mercadeo cando se falaba do diñeiro, onde o PP  “foi a por lana e saiu trasquilado”  tentando incrementar as dietas por asistencia aos plenos.

Dende a nosa formación política, pensamos que non é lóxico pedirlle austeridade ao pobo cando se está a dar exemplo de todo o contrario, aprobando unhas retribucións  equiparables a profesionais de alto nivel, co que se pon en evidencia que os Grupos do goberno que apoiaron esta medida, convirten os cargos de representación pública en postos de traballo excelentemente retribuidos para os seus membros, asegurando fidelidades personais por enriva dous intereses xenerais dos veciñ@s.

EU de Cambre, valora positivamente a actitude mostrada polos concelleir@s da “ACDC” que actuaron en coherencia co seu programa electoral en defensa do interés xeral da cidadanía.


                                        Asdo: Consello Local de "EU" de Cambre

                              Resultado de imagen de lo que cobran los alcaldes y concejales


No hay comentarios: