COMUNICADO DE PRENSA
ESQUERDA UNIDA DENUNCIA O PECHE DE 7 ESCOLAS NA CORUÑA E MEDIO CENTENAR DE PROFESORES E PROFESORAS MENOS
Compostela, 28 de xullo de 2015. Dende Esquerda Unida denunciamos que para o curso 2015-2016 o alumnado galego e os pais e nais atoparanse cunha nova redución de medios na educación pública. Tan só na provincia da Coruña pechan sete escolas, en Cambre, Fene, Lousame, Ordes, Oleiros, Ortigueira e Paderne. Haberá 19 aulas de educación infantil menos, 14 menos de primaria e 50 profesores e profesoras menos.
“As escolas que desaparecen son posibilidades pechadas para o futuro deste país, polo que estes datos son tremendamente graves”, denuncia o deputado de Alternativa Galega de Esquerda e membro da dirección de Esquerda Unida Ramón Vázquez, quen lembra o “balanzo aterrador” dos seis anos de Goberno de Núñez Feijóo no que respecta ao ensino no rural: 532 aulas e 103 escolas eliminadas.
Agora, trece escolas, 82 aulas e 122 prazas de profesorado desaparecerán do rural no vindeiro curso en Galicia. Eses son os datos que onte publicaba o Diario Oficial de Galicia na orde de catálogos de educación infantil e primaria.
Non é a primeira vez que Esquerda Unida denuncia a desfeita do ensino público no rural da man do PP de Feijóo. “A flutuación de matrícula non pode xustificar o peche de centros”, informa Vázquez, “a previsión de pais e nais desta flutuación fai que matriculen os nenos/as noutros centros. A matrícula descende e a Consellaría aproveita para pechar escolas. Iso si, se logo a matrícula volve medrar, ou excede a capacidade das escolas, non se abren máis”, remata.
Gabinete de prensa.
Executiva Nacional de Esquerda Unida.
Executiva Nacional de Esquerda Unida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario